jueves, 17 de enero de 2013

Lance Armstrong: dopaxe programada ou caza de bruxas.


 
Esta é, ante todo unha opinión persoal, que me fun formando co paso do tempo. 
Hai xa uns cantos anos, cando Armstrong estaba a piques de bati-lo récord de 5 Tours do meu ídolo da infancia clamaba ó ceo por que aquel chulo e prepotente americano fose cazado nun control antidopaxe, xa que o supoñía un tramposo, aquel poderío non era normal.
Centos, non, miles de controis, e nada, todo negativo. Retirouse, “bueno, estarás contento” pensei, “deixáchesme a Induráin á altura do betún”. Pasaron os anos e pasaron os Tours e chegaron as envexas e a hora da vinganza, que dí un proverbio chinés que “é un prato que se serve frío”.
A sensación que teño cando se persegue desta forma a un gran deportista, sexa quen sexa, é a de unha tremenda inxustiza, como se se estivese levando a cabo unha “caza de bruxas”, de feito este mesmo verán podiamos ler en EuropaPress.es o seguinte titular: “Armstrong se confiesa cansado de la caza de brujas”. De modo que me plantexei tentar averiguar se era unha impresión miña e do propio americano ou se habería algo “negro” detrás desta historia (con isto non quero insinuar que o apoio público e notorio que Lance Armstrong mostrou ó anterior presidente Republicano dos EE.UU. poida ter molestado ó Premio Nobel da Paz de 2009, ou sí, como son galego non se sabe se vou ou se veño):



 O tema é sinxelo pero á vez paradigmático. O texto que tendes a continuación podédelo atopar na Wikipedia (popular instrumento de consulta do Século XXI) se introducides no buscador: “caza de brujas”. Nel só me limitei a engadir, da miña propia colleita, algún comentario que aparece subliñado. Dicía tal que así:

Os procesos en caso de bruxería se facían según o seguinte sistema:
1.-  Acusación. A miudo precedía á acusación unha fase de rumores que podía durar anos. A acusación podía ser debida a unha denuncia de unha bruxa ou bruxo que xa tiña sido detido posiblemente baixo tortura. Rara vez se permitía ás presuntas bruxas unha defensa.
2.- Detención. O cárcere, no sentido moderno, aínda non existía, polo que se mantiña ós presos nas denominadas “torres de bruxas” ou coloquialmente chamadas portadas do MARCA, que todavía se coñecen en moitos lugares.

Portadas da prensa deportiva do 23 de Outubro de 2012.

Non eran só para bruxos, senon para todo tipo de prisioneiros:
 (Por certo, Jesús España: “zas en toda la boca”, vivan as hemerotecas!).

3.- Interrogatorio. Normalmente se distinguían tres fases: o interrogatorio polas boas diante dun xuíz, con todas as garantías e no que a sentencia declarou xa ó deportista NON CULPABLE, o interrogatorio con explicación e mostra dos instrumentos de tortura, que podemos equiparar cas ameazas recibidas de parte da UCI, e o interrogatorio doloroso no que se infrinxe o castigo da retirada dos títulos conseguidos e prohibición de volver a competir, sen contar con ningunha proba e co único obxecto de presionar ó castigado para acadar a confesión, e no que se empregaba a tortura. Nos casos de procesos por bruxería, a limitación de unha hora non era respetada, nin os principios xurídicos básicos como a presunción de inocencia ou o dereito de defensa, xa que se trataba de un “crimen exceptum” (crimes excepcionáis) moi chamativo para a opinión pública pouco dada a ler máis alá do titular para se facer unha idea “ben formada”, ó que se esixía unha dureza especial. A miúdo se empregaban as empulgueras, a roda, o potro e a bota española. Tampouco se respetaba a regla habitual de que só se podía torturar a un preso tres veces, deste xeito o mesmo informe da fiscalía de EEUU no que UN XUÍZ DE VERDADE non atopou indicios de delito lle serve á UCI para sancionalo posteriormente con un simple “corta e pega”; e se ata ese momento non se producía a confesión, liberar ó preso. Anda mira!, un paso atrás dende a Idade Media.
4.- Probas ás bruxas. Nos procesos oficiais non se prevían as probas ás bruxas, de feito estaba prohibido o seu uso. Por contra o Código Mundial Antidopaxe dí que é o deportista (polo seu carácter de perito e experto científico – isto último é sarcasmo) o que debe proba-la procedencia das sustancias que se atopen no seu organismo, outro paso atrás?. Sen embargo, moitos tribunais usaron este elemento. A valoración das probas era tan diversa como o seu emprego, ás veces servían como proba forte e outras como proba débil. As seguintes son as máis coñecidas:
Proba da auga, con auga quente ou con auga fría.
Proba do lume, camiñar sobre él sen queimarse.
Proba da agulla, pinchar e que non saíse sangue.
Proba das bágoas, se cría que as bruxas non podían chorar.
Proba do peso, votala bruxa nun pozo e que se afundise para comproba-la súa inocencia.
Todas elas, totalmente faltas de rigor científico,  encamiñadas ó obxectivo de obte-la confesión ou a condea.
5.- Confesión. A comezos do Renacemento nadie podía ser xuzgado sen confesión, o que tamén era válido para os casos de bruxería. Pero debido a que se ignoraban as reglas que limitaban a tortura, a probabilidade de obter unha confesión se multiplicaba enormemente con respecto ós procesos normais, aqueles que se levan a cabo diante dun xuíz e coas debidas garantías.
6.- Interrogatorio para obter cómplices. Según a ciencia da bruxería, as bruxas debían atoparse en aquelarres “dopantes” e polo tanto unha bruxa debía coñecer a outras compañeiras de equipo. Nun segundo interrogatorio se preguntaba ás acusadas polos nomes de outras bruxas e bruxos, e ás veces baixo novas torturas ou baixo promesa de perdoa-las súas propias sancións, tal como safou Tyler Hamilton de pasar polo garrote vil. Así se alongaba a listaxe de sospeitosas xa que, baixo tortura, sempre se acusaba a máis persoas. O resultado eran procesos en cadea, xa “informa” algún xornal no noso país que o caso de Armstrong “destapará” outros entre os nosos deportistas.
7.- Axustizamento. Ó delito de bruxería lle correspondía a morte no lume, é dicir, a fogueira, na que eran queimadas vivas. Como acto piadoso se consideraba cortalle-la cabeza ou permitirlles que seguisen competindo no triatlón.


Espero que a lectura desta entrada vos resultase entretida e que vos sirva para entender o que non é máis que o meu humilde punto de vista. Todo o que engadín é certo, e resulta moi grave poder facer unha comparación deste tipo nos nosos días sen ter que recurrir a complexos artificios histórico-literarios. Eu só transcribín o que alguén escribiu un día na Wikipedia aplicándollo ó Caso Armstrong.
Na miña modesta opinión a solución para que o ciclismo recobre esa credibilidade perdida sería a completa eliminación da política e os intereses económicos das súas institucións. Din os xornais que pode ser o golpe definitivo ó ciclismo… iso nunca ocorrerá porque é un deporte demasiado fermoso e que nos supera transcendentalmente a todos como simples homo sapiens!




3 comentarios:

  1. Gran blog e bo artículo Botis. Analizas a situación desde o prima que creo que que é o axeitado.

    Apoiándome no teu material, decir que para min Lance seguirá sendo un campeón. Si, porque se todos se dopaban (eu creoo, porque o que máis ten que perder con esta confesión é el mesmo) estaban en igualdade de condicións, así que gañou sin axudas ó resto.

    Ou non pasa iso na NBA? Non pode haber tanta persecución nuns deportes e noutros tan pouca.

    Ó marxe... coido que debería caer algunha institución ou cabeza de turco en toda esta trama ademáis dos corredores non? Neste negocio todos se lucraron e ó final, parece que acaba pagando precisamente o único que sufre no ciclismo: o corredor.

    ResponderEliminar
  2. Como xa tiña escrito o artigo non tiven ocasión de comentar unha resposta do americano que me parece crucial no tema que comentas:
    - "Busquei tramposo no diccionario e dí que é o que saca vantaxe sobre os competidores"; do cal deduzo que, como todos competían baixo as mesmas normas e controis, tes razón en dicir que seguirá a ser o mesmo campión.
    Gracias pola túa opinión.

    ResponderEliminar