lunes, 7 de enero de 2013

A tí cómo che gusta?


Unha cousa que diferencia a nosa paixón de outros deportes é a variedade, explícome: existen centos de formas de saír coa túa “compañeira” neses días que lle podes buscar un oco.
Ben podes saír a rodar, sen máis, collela estrada que pasa pola porta da casa e comezar a facer quilómetros, tamén se che pode ocurrir ir visitar a un amigo, recordar aventuras de rapaces tomando un reconfortante cafeciño que che dea forzas para a volta. Se optas por saír algo máis en serio tamén hai opcións: podes ir na procura de terreo chan para facer unha boa rodaxe (tarefa árdua e difícil na nosa terra, o “plano” foi algo que se lle esqueceu a Deus cando deseñou o paraíso); ou a polas subidas máis duras, para elo terás votado man alguna vez da información que nos brindan os amigos de altimetrías.net, que levan un sitio web no que podes atopar os desafíos máis fermosos con toda a información necesaria (formas de acceso, desniveis, medios e por tramos; fontes de auga, etc.) todo un luxo ó alcance de calquera que se queira superar a sí mesmo enfrentándose ós auténticos “xigantes” que podemos atopar en Galicia e incluso compararse despois con eses “matadiños” que nos amenizan a hora da sesta ó longo do verán.


Como dín que a cabra tira ó monte non imos negar que a unha gran parte de nós tamén nos seduce a idea de enzoufarnos de lama de cando en vez. Para iso nada mellor que o monte galego. As opcións son infinitas: poderás optar por unha xornada tranquila collendo as “pistas da parcelaria” que permiten rodar tranquilo, facer un exercicio suave e disfrutar da paisaxe, ó mesmo tempo que relacionarse co entorno e coa xente do campo, galegos de “rasa”, nunca faltará quén che vote unha man se te perdes nin un vello apañando herba nun campío que che saúde ó pasar co mítico: “dalle que vas de primeiro!”. Se non tes un percorrido favorito sempre podes votar man dun amigo que te ensine unha ruta coñecida (se non para iso estamos nós) iso sí, coidadiño con quén te metes: “vente que imos ir suave…”, coitadiño, jeje. Se non te fías de ninguén ou non confías nas túas forzas non é mala opción votar un ollo polo Internete; sitios como wikiloc.com ofrecen alternativas interesantes. Esta aplicación en concreto facilita rutas que outros usuarios colgan na rede, xente como os amigos de Os Esfola Arrós que “papan monte” como animaliños e nos axudan a coñecelo e a disfrutar dél.

 
Persoalmente o meu xeito favorito de disfrutar de dar pedais é a I+D: “investigación y desarrollo”, saír á aventura. Explícome, precisaremos: google maps, un compás ou brújula, un teléfono móvil, unha mochila con comida e bebida, e tempo. O Google maps nos sirve para localizar preto da nosa casa ámplas areas deshabitadas, cara alí nos diriximos e sempre guiándonos co compás (se non queremos facermos kilómetros de máis) para dirixir as nosas pedaladas. É indescriptible a sensación de coñecer bosques e fragas por vez primeira, paraxes fermosísimas onde atoparás a bo seguro algunha ponte antiga, vellos muíños de pedra, pedazos da nosa historia e da nosa fauna (coidado cos animáis, o raposo e o porco bravo foxen rápido pero os coellos son máis “temerarios” e gustan de esperar pola roda, jeje). Ten por segura unha cousa, por moi lonxe que chegues atoparás rodeiras de algún outro BTT, eses tolos están por todas partes porque o poder é noso amigos.
E ti, cál é o teu xeito favorito dar pedais?

3 comentarios: