miércoles, 30 de enero de 2013

Compañeiros caídos en Xaneiro. D.E.P.:



Neste espazo e no eido da ASCIGA (Asociación de Ciclistas Galegos) nos propuxemos adicar un esforzo persoal á protección do ciclista, onde queira que se atope. Co gaio de cumprir este propósito estreamos o que pretende ser unha sección permanente, a de recordo ós nosos caídos. Entre todas as nosas preocupacións está, como non pode ser doutro xeito, a vida dos nosos compañeiros.
É triste, pero o certo é que segue a suceder, e resulta tremendamente inxusto que prácticamente sempre suceda pola imprudencia ou temeridade doutra persoa. Inxustiza que se agrava co feito indiscutible de que o ciclista das nosas estradas se atopa sometido ó que denominamos “violencia viaria”, circunstancia causada pola indiscutible diferencia de “forza física” sumada ó abuso que o chófer fai dela e que xenera un complexo de inferioridade no ciclista provocando que viva nunha permanente sensación de angustia e de medo, adoitando incluso evitar as estradas máis axeitadas á súa ruta con tal de evitar que o chófer motorizado se moleste. Unha situación que se ve agravada polo feito de que o ciclista rara vez denuncia e, se o fai, moi raramente é escoitado (o primeiro sancionado en España por non respeta-lo 1,5m de separación lateral foi un ciclista, segundo explicou Pedro Delgado trala súa dimisión do Consello Superior de Tráfico).
Estas (e outras que iremos comentando) son algunhas das circunstancias que fan do ciclismo un “deporte de risco” nas nosas estradas e que dan lugar, para a nosa desgracia a que cada mes teñamos que recordar ós nosos caídos. E de paso “auditar” ó cabo do ano as contas da DXT para comprobar que "as contas da praza cadran coas da casa".

XANEIRO:

Cristóbal Hermida Freire, 04/01/2013. Comenzámo-lo ano cedo e preto. Compañeiro e veciño, presidente do Clube Ciclista Bueu e grande afeccionado ós pedais.

  La Voz de Galicia: “Falece un ciclista atropelado en Pontevedra. O suceso ocorreu nunha das saídas da autovía de Marín nos Praceres”.

R. B. LL. moza de 20 anos, 14/01/2013. Circulaba en bici por Valencia cando foi brutalmente atropelada.

 Diarioinformación.com: “Joven ciclista muere atropellada por conductor ebrio. El conductor quintuplicaba la tasa de alcohol y había consumido cocaína”.

Jorge Aguilera, 58 anos. 27/01/2013. Falecido en San Rafael ó bater nun cruce con un VW Golf conducido por un mozo de 19 anos.

  El Sol Online: “La persona fallecida es Jorge Aguilera de 58 años que fue atropellado por un VW Gol que manejaba Damián Sepúlveda”.

 

Anónimo. 31/01/2013. Atropelado na A-2 á altura de Alcalá de Henares.

  Qué.es: "Un ciclista ha muerto este jueves en torno a las 7.00 horas tras ser atropellado por un turismo en el kilómetro 33 de la A-2, sentido entrada, a la altura de la localidad madrileña de Alcalá de Henares".

 

 

Dende aquí queremos deixar patente o noso máis sinceiro abatemento polos seus falecementos e amosar o máis intenso reproche a todas as conductas que poñen en perigo a vida de quen circula en bicicleta. Así mesmo, e antes de despedirnos, rogarvos que nos fagades chegar calqueira suceso do que teñades coñecemento, con vítimas ou non, que consideiredes digno de denuncia a: ciclistasasociadosgalegos@gmail.com, para colaborarmos todos xuntos en que esta sección tenda progresivamente a ir desaparecendo. Unha forte aperta e sorte a todos!


4 comentarios: