martes, 30 de abril de 2013

Novo Regulamento xeral de circulación I


Como todos sabedes estase a preparar a futura reforma do Regulamento Xeral de Circulación para o cal a DXT ven de presentar un primeiro borrador ou anteproxecto. Na ASCIGA nos fixemos con unha copia do mesmo e lle votamos un vistazo ós apectos máis salientables no que á circulación en bicicleta se refire. O noso cometido é doble: por unha banda estar atentos ós traballos que se levan a cabo na preparación do futuro Regulamento e por outro poñervos sobre aviso de antemán das modificacións ás que nos imos ter que ater a partires da súa aprobación, publicación e entrada en vigor.
Son varios os aspectos e modificacións que nos afectan e de distinta consideración polo que os trataremos separadamente para facelo coa mellor claridade posible.

Comezamos polo Preámbulo do anteproxecto. Nesta parte do texto se adoita expoñe-los motivos da norma a aprobar, os obxectivos que persegue e os medios que propón para acadalos. Logo, non estaría de máis que esta exposición de motivos “casara” co que o texto proposto establece, non credes? É de sentido común, que é o menos común dos sentidos, e este texto é unha clara proba desto último. De tal xeito que a exposición de motivos fala de fomenta-la bicicleta "como medio de transporte preferente y cada vez más integrado en el flujo circulatorio de los vehículos”, ademáis de afirmar que “La pérdida de protagonismo de los vehículos a motor y, por el contrario, el auge de otros medios para desplazarse, es un cambio cultural importante que es necesario trasladar a la norma con el objeto de dotar a los usuarios de las vías de la necesaria seguridad jurídica*”. CON UN PAR!. Grandilocuentes frases, sospeitosamente próximas ás recomendacións do informe publicado pola Comisión Europea relativo á seguridade viaria, e que non teñen nin o máis mínimo reflexo na regulación que se expón seguidamente (“de cotío”, que diría Feijóo). Semella que o noso lexislador cre que os observadores europeos só lén a exposición de motivos das normas que aproba e que basta con escribir fermosas falacias para contentalos.

Moi polo contrario o que atopamos realmente no texto articulado dista moito do que parece ofrece-lo preámbulo, quedando patente a estafa lexislativa que se pretende perpetrar. Estafa que perpetuará a vulnerabilidade dos máis febles na estrada, así como as vergonzantes cifras de falecidos vítimas da violencia viaria.

Sen embargo, e a pesares do que lemos neste Preámbulo a “promoción da bicicleta” se fai a condición de non dificulta-lo tráfico motorizado e centrando a seguridade do ciclista na seguridade pasiva (obriga do uso do casco, etc), obviando as situacións de violencia viaria que este sofre a diario, naturalizando os homicidios producidos nas estradas, propoñendo como solución o uso do casco e culpabilizando claramente ás vítimas. Na nosa modesta opinión, tal solución sería equiparable a propoñer á muller maltratada que poña casco, ou leve armadura na casa para evitar aqueles malos tratos que, por outra banda, condeamos coa mesma rotundidade e dende o máximo respeto e afecto cara as súas vítimas.

Deixando para próximas publicacións que propoñe-la obrigatoriedade do uso do casco en zona urbán demostra a tremenda ignorancia da DXT, autora do anteproxecto, posto que sería un precepto completamente ilegal, imos tratar de abordar outra chata que observamos no texto, que pode dar lugar a dúbidas, e que claramente provén dese afán rococó de levár ó extremo o uso de termos que dean á exposición unha imaxe de grandilocuencia ignorando completamente o que tales termos significan. Este erro non é outro que o de confundir “seguridade viaria” con “seguridade xurídica*” xa que, aínda que o texto non aporta (como se verá en futuras publicacións) nin unha nin a outra, non debe ser a segunda o obxeto deste Regulamento senón a primeira, e principalmente dirixida a aqueles que perden a vida pola deficiente regulación existente.

Votamos en falta, nun texto que pretende “priorizar” o uso da bicicleta, algún dato sobre a sinestralidade deste colectivo que sirva para valorar mínimamente as medidas propostas. Se na DXT os precisan, témolos nós!

Nos parece, cando menos, atrevido “inaugura-la regulación xurídica da bicicleta” no noso estado, con un capítulo exclusivo dentro do Regulamento, sen ter atendido ás regulacións de países europeos que nos levan décadas de vantaxe.

Para facer da bicicleta, tal como afirma falazmente este preámbulo, “un medio de transporte preferente” non só é preciso tomar medidas que favorezan o seu uso, senon tamén medidas que desincentiven o uso dos vehículos a motor. Neste foro xa temos exposto a posibilidade de reformar o Imposto de vehículos de tracción mecánica para aplicalo en virtude dos quilómetros percorridos.

Nada máis polo de agora, pero lembrade que isto é só o Preámbulo!

domingo, 28 de abril de 2013

Specialized Stumpjumper 29´. Unha amante esixente.


Onte tivémo-la honra de poder probar unha Specialized Stumpjumper 29´ gracias, como non podía ser doutro xeito ós amigos de Oliveira Bike.

A máquina: 
-  Stumpjumper HT Comp 29 de aluminio.
-  Bielas custom SRAM 2x10.
-  Horquilla RockShox Reba RL 29, 90mm percorrido.
-  Cubertas S-Works Fast Trak 29 2.0".

O "circuito":
-  Monte Pedroso e arredores, Santiago de Compostela.

Preparámonos para saír. A unidade que nos cederon ten a roda dianteira pinchada, a consecuencia de algunha saída anterior, e procedemos a montar un neumático para poder usala. O primeiro que sorprende, antes sequera de montala (e dado que é a miña “primeira vez” cunha 29´) é a cantidade de aire que colle neste neumático. Veña arriba e abaixo coa bomba. Por fin, acadados os 4 PSI de presión (menor á dunha 26´) arrancamos.
Montado sobre unha 29´ por primeira vez a sensación que invade a tua cabeza é a de que levas unha bici duas tallas máis grande ca túa. Por unha banda as impoñentes rodas e por outra, e para axudar a guiala ante o grande avance destas, o gran manillar, 69 cm, nada menos. Ademáis sintes unha inquietante dificultade para facer manobras sinxelas como levanta-la roda dianteira, isto vai ser complicado meu!
Á medida que comezan a caer os primeiros metros te sintes pequeno, pero forte ó mesmo tempo, estás movendo un bicharraco.
Xa metidos en vereda comprobas como as pedras que habitualmente dificultan o teu avance minguan de xeito asombroso ata case desaparecer, nada detén o avance da Stumpjumper, que te leva a gran velocidade polos primeiros camiños.
Subindo o tema é sempre máis complexo, sen embargo unha transmisión cunha correcta selección 2x10 permite unha gran comodidade en tódolos terreos. É sorprendente o xeito de enfrontarse á primeira subida, se ben temos medo de baixar demasiado o ritmo, punto que, se cadra, é o máis feble da 29´ xa que custa volver a movela; non atopamos problema algún ó respecto xa que a enorme circunferencia de 29 pulgadas supera pedras, penedos, raíces, arrós e demáis familia cunha asombrosa facilidade. O pulso se acelera, o que pretendía ser unha saída tranquila comeza a transmitir pronto sensacións máis propias dunha competición.

Seguinte obstáculo que atopamos: un camino enlamado onde a roda se enterra ata unha cuarta na lama. A Stumpjumper semella flotar sobre a lama, acostumado a que esta chegue case que ós eixos, o camiño continúa sen maior problema. Iso si, tanto subindo como en zonas especialmente complexas e duras como esta se fai necesariamente importante prever os obstáculos e adaptar a eles o desarrollo e a cadencia xa que, como temos dito, se te travas, custa máis volver a movela. Se non perde-lo ritmo, non hai fallo, ela avanza, e avanza, e avanza…
Seguidamente un tramo de subida complicado e técnico aparece ante nós, a nosa “mákina” nos empuxa a buscar as zoas máis complicadas procurando intencionadamente os obstáculos e, de novo, os superamos con ampla solvencia.
Nos encamiñamos seguidamente a un terreo bastante incómodo xa que, ainda que é plano, un feixe de raíces cruzan a pista impedindo rodar con comodidade… ata o día de hoxe, coa Stumpjumper semella que as árbores acusan a inexistente seca e afunden as súas raíces para buscar terra máis húmida… ou humillándose ante o paso impoñente e firme da nosa compañeira de hoxe.
Coidado!, cambiamos de camiño e topamos un repeito duro, esixente e moi, moi roto. Ese que se nos soe atravesar nos nosos entrenos. Tiramos do prato pequeno e nos gardamos a última coroa polo que poida pasar… de novo as rodas de 29´ se impoñen ás pedras, incluso ás que a choiva do inverno deixou viuvas da súa longa unión coa terra que as cubría, esas que, doidas pola súa soidade, disfrutan obrigándonos a bota-lo pé ó chan facéndonos perder tracción no pior momento. Nada poden contra esta “mákina”.
Afrontamos un tramo de descenso, na primeira parte temos unha baixada moi rápida pero bacheada, sen embargo a Stumpjumper nos pide seguir dando pedais uns 10 ou 15 Km/h máís alá de onde abandoamos ese ímpetu habitualmente. A “mákina” se come os baches, é de salientar que isto é máis por efecto do diámetro das rodas que pola “limitada” horquilla Rock Shox que por varias veces sentimos chegar ós topes. Unha forte freada na que a Stumpjumper se rí da nosa inxustificada “cara de velocidade” e afrontamos un tramo moito máis técnico no que ahora sí, atopamos unha pequena desventaxa respecto á 26´. Baixando penedos e grandes pedras e raíces os movementos e reaccións sobre esta máquina se fan moito máis bruscos, feito que, unido á separación entre ás máns debido ó ancho do manillar, nos comezan a facer doer tremendamente os tríceps. Nada que non se cure con dúas semaniñas sobre a túa nova 29´.

Para rematar, e posto que tiñamos escoitado falar das limitacións das bicicletas de 29 pulgadas baixando trialeras… adiviñades? Por suposto, probámolo. Dende logo en zonas reviradas se fai un pouco máis torpe baixar sobre a Stumpjumper, sen embargo ós poucos metros comprobamos cómo a sensación pode levar a engano xa que anticipándonos ós obstáculos e afrontándoos con decisión non ofrecen unha gran dificultade e a “mákina” segue voando sobre eles.
E todo isto a tope, sen parar nin para as fotos, a emoción non o permite, e a sensación de velocidade tampouco anima a facelo. A Stumpjumper é unha bici esixente, che pide máis a cada momento, a cada pedalada, non se pode baixa-lo ritmo, pero a cambio che ofrece unhas sensacións impresionantes e a satisfacción é inmensa. Quizáis por iso ó chegar á casa, xa na ducha lembraba aquelas mulleres bravas que tivera atopado en noites de paixón. Porque a Stumpjumper é unha amante esixente!
PD.: Non queremos ser extremadamente benevolentes coa Stumpjumper, de modo que nos gustaría deixar claro que, limpar a lama dunha roda de 29 pulgadas dá máis choio. 

Nada máis, esperamos que esta crónica vos teña gustado a milésima parte do que nós disfrutamos probandoa e, sobre todo, que vos sirva como guía a aqueles que estedes pensando en mercar unha bici nova.

miércoles, 24 de abril de 2013

Que non teñan que mirar por nós!

Voltamos esta semana á seguridade viaria, porque nos vai a vida nela.
Xa temos tratado varios temas moi preocupantes e non nos fartamos de reiterar a nosa crítica máis behemente á actitude de pasotismo e de total falta de respeito das autoridades cara as persoas que sobre a súa bici son "asasinadas" cada semana nas nosas estradas.

Pero semella que, coma noutros ámbitos da nosa sociedade, non nos tomamos as cousas suficientemente en serio e un regueiro de vidas perdidas segue a tinguir de negro as nosas estradas e a conciencia da ASCIGA. Tanto é así que dende o Reino Unido mostran a súa preocupación con máis contundencia do que o facemos a maioría de nós, que de feito somos os que máis probabilidades temos de ser "mandados ó outro barrio" impunemente. Clara mostra do que estamos a dicir é o correo electrónico que lle ben de remitir o Road Danger Reduction Forum (Foro británico para a Reducción dos Riscos na Estrada) á nosa directora xeral de tráfico, a doutora María Seguí.
Nel evidencian unha preocupación persoal, non só por formaren parte do colectivo que pretenden defender, que non é outro que o dos usuarios das vías públicas, senón que fan mención expresa á circunstancia de que moitos afeccionados á bici doutros estados deixarán de viaxar ó noso país preocupados por non perde-la vida, entre outras cousas.

O mencionado mail dí tal que así:

Estimada Sra María Seguí Gómez
En nombre del Road Danger Reduction Forum (Inglaterra) debemos expresar nuestra preocupación por las nuevas medidas propuestas para la reforma del reglamento de circulación, que prepara la Dirección General de Tráfico, en lo que se refiere a los ciclistas.

Las iniciativas bici de ciudades como Bilbao, Sevilla y Barcelona son ejemplos de planificación urbana para otras ciudades europeas. Pero las prepuestas nuevas de la Dirección General de Trafico parecen estar influenciadas por prejuicios contra el ciclismo un medio de transporte que no contamina y es recomendable para la salud.

Particularmente nos preocupa la introducción del uso obligatorio del casco, la penalización del uso de la bicicleta por parte de niños y las medidas relativas a circular lo más cerca posible de la acera, como si la bicicleta fuera un obstáculo.

En vez de ilegalizar el uso de la bici por parte de los menores de edad, deberían de introducirse medidas para incrementar la seguridad de este medio, que tendría como resultado una mejora en la salud de los ciudadanos y una reducción a los problemas de tráfico urbano que registran muchas ciudades españolas.

Existe evidencia clara de países como Australia, Nueva Zelanda u Estados Unidos, que las medidas para hacer el uso del casco obligatorio tienen como resultado un descenso en el uso de la bicicleta.

Países con un uso elevado de la bicicleta como Holanda, Alemania y Dinamarca no introducen este tipo de medidas, sino otras para facilitar y proteger el ciclismo, como por ejemplo el descenso de la velocidad para reducir el peligro de colisiones.

Además de actuar de obstáculo en el uso de la bici para los españoles, estas medidas tendrán un efecto negativo sobre el turismo procedente de Alemania, Inglaterra, Holanda y países escandinavos. Muchas organizaciones de ciclistas se están haciendo eco de las propuestas y empiezan a advertir de estas medidas.

Por todo ello le urgimos a reconsiderar estas medidas, que no encuentran paralelo en legislación reciente de ningún país de la Union Europea.

Atentamente,
Dr Robert Davis
Presidente, Road Danger Reduction Forum"
.

Dende a ASCIGA suscribimos cada liña, deixando clara sempre a nosa postura favorable ó uso do casco en todo momento, e facemos un chamamento ó estimado lector para que suscriba este mesmo mail, ou calquera outro de colleita propia e llo faga chegar a directora xeral de tráfico (prensa@dgt.es), porque é tremendamente preocupante que importen máis as normas de tráfico, encargadas de coidar das nosas vidas, no Reino Unido que entre nós. Por iso vos dicimos: que non teñan que mirar por nós!

miércoles, 17 de abril de 2013

O Home do Mazo!!!


Imos deixar de lado esta semana a aburrida e triste seguridade viaria e imos adicar esta entrada a un amigo moi especial:
A todos ós que aquí nos damos cita nos gusta a bici, nos aporta experiencias fantásticas e a oportunidade de evadirnos do mundo que nos rodea. Non obstante con ela os días de desfrute pleno son poucos, sobre o sillín se sufre a meirande parte do tempo, tempo no que pola túa mente pasan centos de pensamentos, historias e sentimentos.
Moitas veces escoitamos falar da épica do ciclismo, un apelativo que me nego a conceder tan só ás xestas de aqueles que se baten en grandiosas loitas nas grandes competicións, un apelativo que gusto de compartir con todo aquel que se teña proposto un reto, por sinxelo que poida parecer, ó lombo da súa bici e o teña afrontado con convicción. Sufrir e non desfalecer é unha cualidade innata nun amante de darlle ós pedais, rondar a perda da conciencia polo esforzo extremo e seguir mirando adiante é unha sensación familiar para calquera que ame a súa bici e que poucos outros poden recoñecer. Sufrir dese xeito é a maneira máis fermosa de sentirse vivo!
Voltando ahora á épica, podemos comprobar que calquera relato épico ó que lle votemos unha ollada está plagado de personaxes mitolóxicas: representacións con forma humana ou animal ás cales o autor lles outorga unha personalidade e unhas cualidades especiais para dar forma metafóricamente a unha crenza ou unha realidade. Deste xeito as sereas atraían ós mariñeiros cos seus cantos evidenciando a debilidade humana, ó igual que a tentación de votar o pé ó chan ronda a cabeza de quen ascende un grande porto a cada pedalada.
Do mesmo xeito que Ulises se enfrontaba a Polifemo ou Calipso nun sinfín de retos no seu longo retorno ós brazos de Penélope, calquera ciclista subido á súa propia “nave” se convirte no seu propio heroe e afronta con tal valentía os seus propios retos. Ben esteamos a falar de gañar a Paris-Roubex ou subir ó monte que ten a carón da súa casa e que ve cada mañán ó abri-la persiana.
Se ben o ciclista non soe atopar sereas no camiño, sí ó mellor algunha taberneira agradable e fermosa (ou taberneiro) que lle sirva un reconfortante café; nada o afastará da procura da súa propia Penélope. Calquera que leve certo tempo montando na bici e se teña aventurado a facer quilómetros ou subir ós innumerables montes que poblan a nosa terra poderá presumir de se ter enfrontado a ese ser mitolóxico que todos os amantes da bici temos sentido de preto algunha vez.
Aínda que non teñas bici seguramente tes escoitado falar dél. Existen centos de historias, ese ser está vivo nos libros e nas hemerotecas. Tamén existen estudos que falan de glucosa, ácido láctico, fatiga, capacidade metabólica… pura literatura. Nós sabemos quén é o culpable deses desfalecementos repentinos, só aquel que sentiu algunha vez a súa chegada sabe que non hai modo humán de loitar contra él, é omnipotente, todopoderoso, imprevisible e caprichoso. Búscate, encontrate e acaba contigo cun só golpe, un toque máxico ó que todos estivemos expostos algunha vez. O noso “amigo” é o Home do Mazo e, ó igual ca Espada de Damocles, ese Mazo pendura sobre a túa cabeza cada vez que te aventuras máis aló do que ven sendo a túa rutina habitual. Pero todos temos escoitado, por estrano que pareza, a Perico Delgado falar del nas retransmisións de RTVE como “El tío del Mazo” o “Monsieur Mazó”, e facelo con cariño, así como se fala dun compadre.

É por iso que non se lle ten medo, máis ben “respetiño”, non deixa de ser un compañeiro que, nalgunha ocasión, ata se torna amigo. Vai con nós, en cada pelotón, se apunta a calquera ruta ou excursión e acompaña cada grupeta; fai compañía, “ven de serie”. Ós amantes da bici nos gusta xogar con él, como dixemos, buscar retos e tratar de superalos. Haberá quen diga que é masoquismo. Non, trátase de busca-los límites e ir máis aló. É nese momento, cando estás a dalo todo, cando te enfrontas ó reto máis duro, cando o noso amigo aparece e te afunde por completo. Se apodera de ti unha sensación de tremenda impotencia, cada pedalada se torna en “Odisea”, ese “puntiño” que “gardabas” desaparece, e con él media ducia máis. Pódeste deixar ir, pero avanzar xa é un problema se a pendente non axuda. Non existe dor nin padecemento, unha paz inmensa ocupa a mente pero nin un só pensamento que empuxe a tirar adiante. Asumes a derrota. Ata o máis grande o ten feito, que lle pregunten a Induráin.
Pero chegas á ducha, e coas forzas vas recuperando as gañas de volver a intentalo porque hai algo co que nunca poderá o noso “colega”: coa vontade férrea de seguir dando pedais, unha auténtica droga que, unha vez no sangue, é imposible de eliminar.
 Por iso dende aquí lle quero mostrar o meu respeto e cariño ó Home do Mazo: GRACIAS POR FACER MÁIS GRANDE A NOSA PAIXÓN!!!

viernes, 12 de abril de 2013

I RUTA BTT CONCELLO DE RIANXO. 7 de abril de 2013.



O pasado día 7 de abril estreouse esta ruta que, dese xeito, veu a incorporarse ó calendario de rutas BTT. E a pesares de que o tempo chuvioso fixo acto de presenza, algo ó que xa estamos acostumados nas rutas celebradas estes últimos meses, non afectou ás gañas dos participantes de dar pedais polo monte e de disfrutar dun percorrido e, por suposto, non minguou un ápice sequera a boa labor e disposición dos membros da Peña Ciclistoturista Castro Barbudo e as institucións que colaboraron.

As adversas circunstancias climatolóxicas agudizáronse en certos momentos e puntos do trazado. Emporiso non podemos comezar doutro xeito esta entrada que non sexa trasladar a noraboa ós membros da organización, xa que ata no recanto máis perdido, distante e angosto de cada un dos trazados había un membro daquela fancendo indicacións, unha cinta que indicaba o camiño correcto ou unha frecha pintada. Foi unha constante, o cal contribuíu a que os participantes nos sentísemos tranquilos á hora de poder desviarnos e tamén seguros ante a reiterada visión de membros da organización que, dito sexa de paso, fixeron un esforzo titánico ante a adversidade do tempo. Os avituallamentos, completos e cun reparto coherente no trazado, tamén foron moi salientables e cualitativamente notables (os donuts leváronse a fama, pero o resto non tiña desprezo). As duchas en auga quente, as breves esperas para lavar as bicicletas e o banquete final constituiron un magnífico colofón a unha dura pero satisfactoria xornada de mountain bike.

Xa no que atinxe ó trazado, debemos mencionar que a particularidade desta ruta, a diferenza do dobre trazado das habituais (ruta curta – ruta longa), derivaba da posibilidade de optar por tres trazados: un de 20 km (iniciación), un de 40 km (ruta) e un de 60 km (maratón), distancias aproximadas. Por suposto, existía a posibilidade de mudar de un a outro en función das circunstancias que se fosen presentando, se ben non en excesivas ocasións, o cal é de agradecer para evitar embarallamentos de participantes e embotellamentos en moitos puntos do trazado e facela circulación máis fluída en cada un deles.

Os tres percorridos.

A ruta, algo que se vía vir, presentábase dura polo tempo chuvia e o frío que, coma os 500 e pico beteteiros, acudiron puntualmente á cita. Nós optamos pola ruta longa que, de acordo cos nosos contaquilómetros, extendeuse por un trazado de 55,40 km polos concellos de Rianxo e Dodro. Un trazado complicado e esixente.


Comezaba o percorrido cun paseo polo mercado, a medio montar ainda, e pola beira do mar de Rianxo. Pasados os primeiros quilómetros e o atasco causado nunha estreita ponte de madeira, dirixímonos terra adentro co grupo máis estirado xa. As dificultades non tardaron en aparecer posto que en certos puntos, e na escasa marxe de dous ou tres quilómetros, a auga “traballara” abondo e orixináronse zonas moi embarradas e outras con grandes pedras entre as que descorría a auga, zonas que rompían o pedalear de calquera que non estivese un pouco hábil. Naturalmente, nun punto ou noutro, o que máis e o que menos puxo pé a terra para superar bicicleta en man eses puntos. Superadas estas trabas iniciais o percorrido, sempre acompañado por unha lixeira choiva tornouse “normal”. Sen tempo para sacudirse a lama acumulada xa tan cedo, as subidas empezaron a esixir o mellor dos participantes con tramos de pendentes constantes, cortalumes e un percorrido paralelo á autopista moi divertido, que favorecía á rodaxe e que, sen dúbida, axudou a subila media de velocidade; xiro á dereita e a subir de novo unha pequena rampla que logo se tornou nunha subida infernal na que houbo que “tirar de peito” e amarrarse ó manillar, xa que ademáis parecía non ter fin. O premio estaba ó final da mesma.

Pasada esa primeira embestida, chegamos ó habituallamento, abundante e consistente, para facermos a primeira parada en boxes e a respostaxe. Os donuts de chocolate foron o mellor dos reconstituíntes: así o constataron tódolos participantes. Seguro que os que non pararon se arrepentiron. Retomamos a marcha, cruzámola C-550 (alto de Bexo) e, tras uns metros de “pisteo”, unha nova subida dura pero tamén bastante técnica polo estado lamoso do terreo, nuns lugares, e polas pedras e raíces, noutros. Unha baixada por un cortalumes conduciunos a unha pista de asfalto en baixada, moi agradecida, que remataba na Cruz do Abelán. Xiro á esquerda e paso por Teaio onde a xente do lugar, igual que ó longo da ruta, non cesou de apupar ós que pasabamos dando pedais.


A partir de ahí, todo arreciou. A chuvia comezou a caer con especial intensidade para porlle o toque épico (como se non o tivera xa) ó tramo que comezabamos: a subida ó alto da Muralla. Comezamos cunhas ramplas suaves pero que, co paso dos quilómetros, foron desgastando unhas pernas que para entón xa levaban 35 quilómetros e non respondían como a primera hora. Pero a subida non cesaba, non sendo algún “descansiño”, e a porcentaxe da pendente incrementábase. Irrompeu a néboa de súpeto, a referencia dos que ata entón tiñas detrás perdeuse e só advertías ós que tiñas uns metros diante cando os escoitabas conversar. Unha sensación de esforzo solitario indescritible. Despois de “enganchar” cun compañeiro de ruta, sen mediar unhas palabras que o cansazo nos impedía pronunciar sequera, a complicidade de ambos fixo que marcásemos un ritmo que nos permitise seguir adiante ós dous. É a esencia do compañeirismo solidario deste deporte. E chegados a unha lixeira baixada alcanzamos un novo avituallamento, novamente tan substancioso como agradecido.

E, por fin, a definitiva acometida á Muralla. Comezada en solitario e coas enerxías recargadas, as duras ramplas e especialmente unha durísima e empinada subida por un estreito camiño de a pé entre pinos polos que se desviuou a ruta, devolveronnos á crúa realidade da fatiga. Retomada a pista de grava que leva á cima, as dificultades multiplicáronse posto que apareceu unha choiva intensa e fría, a néboa volveuse mesta ata o indecible e, o peor de todo, comezou a soprar un aire ciclónico e brutal. Esas circunstancias converteron os dous últimos quilómetros da subida nun inferno, nunha auténtica tortura. O vento, frío e forte, parecía tirar con un ó chan, desviaba as trazadas, sacudía o chuvasqueiro ata parecer querer arrebatalo. Cada pedalada era un esforzo descomunal. E, por fin, a cima. O rapaz que coronou uns metros por diante miña,quizais sen ser consciente de que eu viña por detrás, alzou os brazos e pegou un berro de xúbilo e excitado por ter alcanzado o cumio.

Solidaridade dos bikers e boa organización.

Ainda co son dos eólicos azoutados polo vento, comezamos a baixada, cun dos membros da organización facendo indicacións ós participantes no medio daquel vendaval. Comezaba entón una longuísima baixada con moitas pozas de auga acumulada nos buratos que se iban presentando e con tramos de baixada realmente perigosos por cortalumes repletos de perigosas pedras que obrigaban a exprimila técnica baixando e a seleccionar ben “onde pisar” para non ir ó chan; outros tramos desa baixada descorreron por trialeras con enormes rotos e escalóns considerables ós que, por se iso fora pouco, se lle sumaran os enormes furados e regos creados pola auga. Todo para rematar por un tramo estreito tramo llano, picando cara abaixo, por un tunel de mimosas que veu a desembocar entre as casas das aforas de Rianxo. Un novo tramo de pisteo levounos ata un xenial e moi evocador tramo de dous ou tres quilómetros polo paseo marítimo rianxeiro. E con máis ou menos dificultades técnicas, alcanzamos a meta. Logo viñeron os tan tradicionais como simbólicos choques de mans e comentarios con quenes nos acompañamos nos últimos tramos ou entre quenes nos axudamos nalgún tramo e tivemos a oportunidade de vernos ó final, así coma o lavado de bicis e unha excepcional “comilona”, que a bo seguro saciou o estómago daqueles que desfondaron, e unha entrega de premios. Non recibimos ningún nin no sorteo, pero o noso premio xa fora ter desfrutado da Ruta.

Facer amigos é un dos múltiples alicientes das rutas BTT.

En resumo, unha ruta que, ainda que primeiriza, deixou o listón bastante alto tanto a nivel de organización como de trazado, algo no que os amigos da Peña Cicloturista Castro Barbudo tiveron moito que ver e ós que dende este espacio felicitamos e animamos a repetir na segunda edición. E, por suposto se non vos decides a sacala bicicleta do garaxe ou ou os teus amigos e máis tí queredes cambiar as rutas cotidianas soamente hai que facer un oco no mes de abril para apuntarse e a desfrutala bicicleta de montaña por Rianxo.

Aquí vos deixamos un enlace con algún dos retazos da ruta.

miércoles, 10 de abril de 2013

150 freando, ollo ciclista, non ceñir! (Luis Penido)

Esta semana falamos con un dos pilotos máis representativos da nosa terra, picheleiro, leva a súa cidade no sangue e sobre a chapa do seu vólido. Curtido nas cunetas dende moi novo deu o paso ós rallies e xamáis o deixou. Caracter e paixón na súa pilotaxe que contrastan co seu trato amable e cercano no persoal.
A persoa que nos vai dar algunhas opinións sobre seguridade viaria nesta entrevista non é outro que Luis Penido:
 Subcampeón Desafío Peugeot Galicia ( 1997 y 1998)
Subcampeón Desafío Peugeot Nacional (1998)
Campeón Trofeo Driver Center ( 2000)
Subcampeón gallego de ralis grupo N ( 2000)
Campeón gallego de Ralis grupo N 2005
Campeón Gallego de Montaña Grupo A 2008
Campeón Gallego de Montaña Grupo A 2009
Campeón Gallego de Ralis Grupo X 2011
No ano 2012 participou no Campionato Nacional formando equipo co noso gañador do Tour de Francia, Oscar Pereiro.

Obviamente, toda unha institución no mundo do motor na nosa terra.

Pregunta: Levas 16 anos competindo pero,  adícaste a algunha outra cousa?
Resposta: Levo 16 anos competindo, empecei pensando en disfrutar excepcionalmente das sensacions de pilotar despois de ver moitos ralis dende a cuneta. Corrín un rali, e xa me enganchei, e ata agora; e a verdade e que non me arrepinto o mais mínimo, xa que ainda que sempre me supuxo grandes sacrificios tamén me reporta grandes satisfaccions.
Pola miña forma de ser, todo o que fago quero facelo o mellor posible dentro das miñas posibilidades, por iso creo que cheguei a un punto cuasi-profesional pero sin deixar de ser un hobby, pareceme o compromiso ideal. Terminar facendo equipo co gran ex-ciclista Oscar Pereiro e integrado no ACSM Rally Team me enorgullece tremendamente.
Profesionalmente, traballo levando a xerencia de Trameve, un
Centro Especial de Emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Trátase dunha planta de despezamento de vehiculos fora de uso co obxectivo de por en venda recambios de ocasión para vehiculos. Incluso se pode comprobar o stock de mais de 100.000 recambios a través de Internet (  www.trameve.es ).


P: E no teu día a día, conduces? Coche ou moto?
R: Sempre fun de utilizar un coche a diario, a verdade e que me inspira mais seguridade e polivalencia. A conducción que practico a diario, non ten nada que ver coa desenvolvida na competición, obviamente.

P: É a seguridade viaria un tema que che preocupe?
R: A seguridade sempre me preocupou, ainda antes de sacar o carnet de conducir. Sígueme sorprendendo tremendamente que nas autoescolas che enseñen “a sacar o carnet” non a formarte o suficiente como para desenvolverte con seguridade nas estradas: saber cómo pode reaccionar o teu vehiculo en situacions complicadas, cómo pode afectar a outros que circulan pola mesma estrada…ciclistas, peons, etc.

P: Cómo ves a situación de convivencia forzosa dos distintos usuarios das vías, ciclistas e vehículos a motor, esencialmente?
R:  Non me cabe dúbida de que ós ciclistas non se lles respeta o suficiente nas estradas, e ademais estas non estan deseñadas para facilitar a circulación en bicicleta con seguridade. Ter que compartir espazo con coches e camións e circular a menos velocidade, sempre será unha fonte de problemas que pode derivar en accidentes. Si a esto sumamos que non se respete a distancia de seguridade á hora de realizar adiantamentos, despistes, escasa visibilidade…terminan nun rosario de accidentes e nunhas estadísticas demoledoras.

P: Crés que os galegos circulamos ben en bicicleta? E cando o facemos en coche? E, por outra banda, crés que é unha esaxeración o termo "violencia viaria" que temos empregado dende a ASCIGA nalgunha ocasión?
R: Ata onde eu teño coñecemento, a maior parte das vítimas de accidentes de tráfico que circulan en bicicleta soen ser perxudicados por erros alleos. É decir, que non provocan os accidentes senón que sufren as consecuencias ó ser a parte máis “débil”.
Teño utilizado a bicicleta, ainda que non últimamente, e todo o comentado non me anima a facelo. O concepto “violencia viaria” non me parece esaxerado, se non se poñen os medios para respetar ós ciclistas, seguiránse producindo accidentes e seguirase exercendo un “abuso” sobre eles, do mesmo xeito que se realiza sobre os peóns.

"A concienciación cidadá é vital de cara a que todos convivamos (e particularmente circulemos) en harmonía", Luis Penido.

Antes de despedirmonos queremos aprobeitar para agradecer a Luis Penido a súa colaboración e a súa amabilidade, así como para desexarlle un probeitoso ano no Campionato Nacional de rallies da man do ACSM Rally Team!