domingo, 30 de noviembre de 2014

COMUNIDADES DE MONTES: NON HAI CON QUEN FALAR.

Tal como anunciamos na MARCHA REIVINDICATIVA: NON MÁIS BÁGOAS o pasado domingo en Compostela, esta Asociación ven de participar nunha xuntanza na que pretendiamos atopar solucións ós gravísimos problemas que nos estamos a atopar nos nosos montes. 

Para vos manter ó tanto copiamos a continuación a nota de prensa que enviamos esta tarde ós medios con obxecto de dita xuntanza:

A Asociación Ciclistas Galegos (ASCIGA) asistíu o pasado sábado á xuntanza celebrada nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte no Edificio das Federacións en Vigo á cal fomos convocados pola Asociación Galega de BTT xunto con representantes de Comunidades de Montes, Federación de Caza, Asociación da Liga de Moto de Campo, Federación Galega de Orientación e o Axente Forestal da zona de Vigo, coa moderación e mediación de Daniel Benavides, Xefe de Servizo da Propia Secretaría en Pontevedra.

Asistiamos a dita xuntanza coa esperanza de poder comezar a buscar solucións a un problema que está a ter consecuencias gravísimas posto que xa causou unha lesión medular gravísima a un afeccionado ó BTT. O resultado, por contra, foi totalmente desesperanzador i esta Asociación ven de comunicar que se "levanta da mesa" e abandoa o proxecto polos motivos seguintes:


En primeiro lugar cremos que pola orientación que se lle está a dar á iniciativa o único ente con capacidade para representar ó colectivo ciclista é a Federación Galega de Ciclismo. A mediación da Secretaría Xeral para o Deporte e a participación de presidentes doutras federacións así nolo fai ver a todas luces.

Por outra banda as conclusións que sacamos da reunión mantida este sábado son tremendamente decepcionantes:

  - Fumos O ÚNICO COLECTIVO CAPAZ DE FACER AUTOCRÍTICA con exemplos concretos e asumindo responsabilidades. Feito de especial relevancia cando somos o único COLECTIVO QUE ESTÁ A SUFRIR VIOLÉNCIA (xunto cos afeccionados ó motociclismo).

  - Non percibimos nin a máis MINIMA VONTADE DE DIÁLOGO. A proposta desta Asociación de poñer en coñecemento dos representantes dos outros colectivos as demandas do colectivo propio para tratar de correxir conductas e traballar en positivo entre todos foi rexeitada de plano polos representantes das Comunidades así como polo mesmo mediador, o señor Benavides.

  - Resulta tremendamente indignante a intención da Presidenta da Comunidade de Montes de Valladares de se presentaren como vítimas dun suposto "linchamento mediático" e pedindo diálogo. Diálogo que primeiro rexeitan opoñéndose á nosa proposta e remitíndonos a que acudamos ás súas asambleas, e despois reclaman para sí sen contido. Non se trata dun "enfermo que se lles colou" (expresión da propia Presidenta), o problema ten unha magnitude moito maior, se se tratase dun único individuo perigoso os nosos montes non estarían hoxe sementados de trampas mortais como se estivesemos en Saigón en plena Guerra do Vietnam.
Agrava esta postura da Presidenta o feito de que nin o comuneiro nin os tres operarios imputados por un delito de lesións graves fosen sancionados nin apartados de ningún xeio e continúen a exercer as súas funcións e a traballar no monte en man común con total normalidade.

  - O cumio do despropósito foi ter que escoitar ó Axente Forestal de Vigo, Ezequiel Fernandez, POÑENDO EN DÚBIDA O INFORME POLICIAL sobre o atentado contra Diego no Monte Alba. "Eso está por ver" foron as súas palabras concretas cando citamos a parte de dito documento onde se afirma que a pedra foi colocada "de xeito malintencionado".
 
 



A conclusión da xuntanza foi a de organizar unha "mesa de traballo" co fin de elaborar un "código de boa praxe" no uso recreativo dos montes en man común, que pretende limitar dito uso (que nunca tivo limitación) e no que nin o colectivo motociclista nin o ciclista, principais afectados, estarán representados.
Queremos salientar que se está a "vender" ós comuneiros nas asambleas o TEMOR FALAZ E TENDENCIOSO de que se a algún ciclista lle pasa algo no monte ós comuneiros "lles cae un paquete", intención que se trasluciu xa no debate e que puidemos confirmar máis tarde con algún comuneiro. Neste punto a nosa Asociación quere remarcar que a responsabilidade dos comuneiros segundo o noso dereito é unha responsabilidade por culpa, o que se traduce de xeito sinxelo no exemplo de Diego: a comunidade de montes poderá ser condeada porque un comuneiro colocou unha pedra "de xeito malintencionado" para lesionar ó ciclista, e nunca porque o ciclista sufra unha caída de xeito fortuíto.

En definitiva, nos viñemos coa sensación de que se pretende "elaborar un falso consenso" para limitar o aceso recreativo ós montes en man común mediante a elaboración dun "código de boa praxe" no que non estará representado o colectivo ciclista nin o motociclista. O que nos leva á reflexión final: para qué queremos un "código de boa praxe" se non somos quen de respectar o Código Penal?


Todo isto non quere dicir que nos deamos por vencidos. Seguiremos loitando porque montar en bici en Galicia non sexa un deporte de risco!



domingo, 23 de noviembre de 2014

AGARRA O MANILLAR DA TÚA SEGURIDADE!


E, por fin, hoxe celebrouse a tan agardada marcha reivindicativa NON MAIS BÁGOAS!. E a pesares das  adversas circunstancias meteorolóxicas non podemos máis que cualificar o seu resultado como ÉXITO ROTUNDO. Éxito porque nin o adverso do tempo vos puido parar; éxito porque amosamos que se nos unimos non só somos máis fortes; éxito porque, todos xuntos e co apoio dos que non puideron estar, fixémonos ver e escoitar; éxito porque despois de moitos días de intenso traballo co acto de hoxe demos un pequeno gran paso en prol da nosa seguridade e, por extensión, do noso dereito á vida. NON MÁIS BÁGOAS foi o noso berro e hoxe. 

E grazas a vós, os ecos dese berro chegaron ós oídos de moita xente que, posiblemente, mañá se tomará uns segundos antes de adiantar de xeito imprudente a un ciclista. Xente que se fixo un pouco máis consciente de que as trampas no monte  non son unha broma. Se logramos simplemente iso, todo o de hoxe terá merecido a pena, abofé.

Como vos recalcamos no acto de hoxe, un dos obxectivos cos que naceu a ASCIGA é a seguridade dos ciclistas nas estradas.

Temos a triste honra de ter as peores cifras de ciclistas falecidos nas estradas de toda Europa, a pesares de non ser o estado no que máis uso se fai deste medio de transporte. Unha media de 70 vidas anuais (cifra que xa superamos este ano) non é un dato que poida deixar ó marxe unha Asociación como a nosa. De modo que pronto nos puxemos a traballar.

Dende un primeiro momento nos negamos a pensar que a administración, principalmente a DXT, fose impermeable a un problema tan grave como o que hoxe nos ocupa e fixese oídos xordos. A todas luces non é así. De modo que como vos adiantamos no acto final da Marcha NON MÁIS BÁGOAS, imos derivar o peso e a responsabilidade de mellorar estas cifras sobre os principais interesados: os ciclistas.

A ninguén lle importa máis ese 1,5m e ninguén coñece mellor ca vos o que acontece a diario nas estradas. Os propios axentes da Garda Civil de Tráfico recoñecen que pouco poden facer ante infraccións que nunca se cometen ante os seus ollos. Pero as consecuencias ben as coñecemos todos.

Por aí guiámo-la nosa iniciativa. Centos de quilómetros, traballo de campo, investigación xurídica, normativa e comparada, que deu os seus froitos nunha idea. Idea que gracias á inestimable colaboración da Federación Galega de Ciclismo demos en presentar á Dirección Xeral de Tráfico co fin de atar até o derradeiro cabo antes de facela pública. E para iso imos a empregar todos os medios que a Lei pon nas nosas máns.


A idea non é outra que a de que cada un de vos sexa gardián da seguridade de todos. Seremos os vixías do cumprimento das normas de circulación que nos afectan. Cada vez que o condutor dun vehículo a motor te increpa, te saca da vía, non che cede o paso ou non respecta ese 1,5m… en fin, cada vez que xoga coa túa vida e o asumes como normal te estás a converter no seu cómplice. Non dubides que mañá o volverá a facer, e pasado, ata que algún de nós dea cos osos no chan. Só así poderemos facer efectivas as normas sancionadoras e o seu fin de prevención xeral para que o temor a ser multado exerza o seu cometido. Trátase, recalcamos, de falarlle co único linguaxe que os conductores imprudentes entenden: “200 euros de multa e catro puntos do carnet”.

“E qué lle vou facer?” É ben sinxelo: MATRÍCULA, VÍA, DATA E HORA. Son os datos que a DXT precisa para abrir un procedemento contra ese condutor e notificarlle que ten sido denunciado por unha infracción grave do Regulamento Xeral de Circulación. Con todo o que iso conleva.

O Regulamento Sancionador en Materia de Tráfico contempla esta posibilidade da denuncia voluntaria que podedes efectuar perante unha patrulla, nun cuartel da Garda Civil de Tráfico, nunha Oficina da DXT ou mesmo de xeito telemático na súa web.


"REGLAMENTO DEL PROCEDIMIENTO SANCIONADOR EN MATERIA DE TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR Y SEGURIDAD VIAL. 


Artículo 7 Requisitos de las denuncias de carácter voluntario por hechos de circulación
a) La denuncia podrá formularse verbalmente ante los agentes de vigilancia del tráfico más próximos al lugar del hecho, o por escrito dirigido a la Jefatura de Tráfico o a la Alcaldía del lugar de la infracción, según ostente una u otra la competencia para instruir el expediente.
b) Se harán constar en la denuncia los datos y circunstancias que se consignan en el artículo 5 del presente Reglamento (“la identidad del denunciado, si fuere conocida, una relación circunstanciada del hecho, con expresión del lugar, fecha y hora y el nombre, profesión y domicilio del denunciante”).
c) Si la denuncia se presentase ante los agentes de vigilancia del tráfico, se formalizará por ellos el reglamentario boletín de denuncia, en el que se hará constar, además de los requisitos consignados en el apartado anterior, si personalmente comprobó o no la infracción denunciada, así como el nombre y domicilio del particular denunciante, remitiendo el boletín a la Jefatura de Tráfico o Alcaldía competente para su tramitación, sin perjuicio de entregar un duplicado al denunciado si fuere posible."

Son varios, e ambiciosos, os obxectivos desta iniciativa:
  •    Denunciar de xeito efectivo condutas temerarias que nos custan vidas cada semana.

  •   Concienciar ós restantes condutores nun ámbito no que, até o de agora, semellan sentirse impunes xogando con vidas alleas.

  •    Dar á DXT unha ferramenta útil para coñecer a fondo un problema grave e do que non están realmente ó tanto, en parte, pola nosa culpa.


A mensaxe é clara e sinxela: cada vez que xoguen coa túa vida DENUNCIA, PORQUE A TÚA SEGURIDADE ESTÁ NAS TÚAS MANS.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Presentación NON MÁIS BÁGOAS. Comunicado oficial.



LA MARCHA REIVINDICATIVA “NON MÁIS BÁGOAS”, RODARÁ ESTE DOMINGO POR LA SEGURIDAD DE LOS CICLISTAS

La MARCHA REIVINDICATIVA “NON MÁIS BÁGOAS”, con la que se pretende buscar una solución a las salvajadas que se están cometiendo en los montes contra los ciclistas, fue presentada esta mañana en el Hotel Congreso de Santiago de Compostela en un acto moderado por Terio Carrera y en el que participaron además de los representantes de ASCIGA, la concejal  de Deportes del Ayuntamiento de Santiago, María José Corral y personalidades del mundo del Deporte


La Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA) presentó esta mañana en el Hotel Congreso de Santiago de Compostela la MARCHA REIVINDICATIVA “NON MÁIS BÁGOAS”, que se celebrará este domingo día 23 a las 11:30 horas desde el Campus Sur hasta la Alameda compostelana, donde se dará lectura a un manifiesto.
 El presidente de la Asociación, Juan Torrado hizo referencia a las trampas que se están colocando en los montes gallegos contra los ciclistas y que provocan numerosos y graves accidentes y lesiones entre este colectivo. Manifestó que ASCIGA pretende anunciar el próximo domingo en Compostela los trabajos que ya se están desarrollando de cara a buscar soluciones a las "salvajadas que se están cometiendo en nuestros montes".
En su intervención, Juan Torrado se refirió a la campaña de Seguridad Vial, de la que, sin entrar en detalles, señaló que se trata de una iniciativa "novedosa,  y esperamos que efectiva" y que será presentada también este domingo al finalizar la MARCHA.


El acto fue moderado por el periodista Terio Carrera y en él  participaron, además de la concejala de Deportes del Ayuntamiento de Santiago, una nutrida representación del mundo del deporte, como Gustavo César Veloso, Ganador Volta a Portugal 2014; Óscar González, Campeón España CRI sub 23; Pablo Rodriguez, 6º en la Copa del Mundo MTB y Campeón de España sub 23; Lucía Vázquez, Campeona Open Cofidís 2013 y Fernando Vázquez, entrenador de fútbol.


Cada uno de los participantes mostró sus impresiones tanto sobre el comportamiento de los conductores en la carretera, como sobre las trampas en los montes. Así, Pablo Rodríguez señaló "Cando vía eses vídeos e fotos de cables e trampas pola rede non pensaba que mos ía poder atopar na miña terra... ata que os atopei”. Por su parte, el ganador de la  Volta a Portugal 2014, Cesar Veloso manifestó "O preocupante é o que me acontece a min, que xavexo determinados comportamentosó volante como normais". Los asistentes coincidieron en resaltar la importancia de la educación desde la infancia para evitar comportamientos inadecuados en la carretera.


Todos los participantes en el acto de esta mañana hicieron un llamamiento a la participación no solo de todos los aficionados al ciclismo, sino de la ciudadanía en general, en la MARCHA REIVINDICATIVA“NON MÁIS BÁGOAS”

jueves, 20 de noviembre de 2014

MARCHA REIVINDICATIVA 'NON MÁIS BÁGOAS!'

Esixir respecto. Así de sinxelo!


23 de novembro de 2014 ás 11:30 no Campus Sur.

As rúas da nosa capital teñen que ser un clamor contra a violencia e as barbaridades que estamos a sufrir a diario.
Precisamos da participación de todos, NON PODE FALTAR NINGUÉN, porque a causa ben o vale.

A saída está prevista para as 11:30 e se están a organizar grupos para acudir a Compostela en bici dende distintos puntos, a fin de non perder un día de bici e aprobeitar a visita ó Apóstolo para adestrar ou facer unha boa ruta; xa sexa por estrada ou por algunha das variantes do Camiño.

Xa na cidade, a marcha partirá dos xardíns do Campus sur, onde hai amplas zonas de aparcadoiro, e fará un percorrido aproximado de 7 Km até a Praza do Obradoiro onde leremos un comunicado presentando unha novidosa Campaña de Seguridade Viaria e anunciando os traballos que se están a levar a cabo para poñer punto final ás trampas nos nosos montes.

Alí vos agardamos. Nin que dicir ten que todo o traballo depende agora de vós. Temos unha grande esperanza en poder cambiar as cousas, pero dependemos de vós: NON PODE FALTAR NINGUÉN!

Unha aperta a todos!

#NONMAISBAGOASCOMPOSTELA
#DIEGOSOMOSTODOS