martes, 15 de enero de 2013

MAXXIS Larssen TT


Comezamos hoxe en “Asfalto e arrós” un novo espazo dedicado a un dos elementos máis importantes da bicicleta, particularmente no mundo do mountain bike: as cubertas (cubiertas, indistintamente) ou neumáticos. Prescindindo de distincións máis propias doutras análises (aro ríxido, plegables, compostos, tubeless, etc.), dedicaremos estas liñas a deixar unha sucinta análise de cada neumático ó que lle elaboremos a súa entrada coa intención de que á hora de presentarte na túa tenda habitual teñas xa unha lixeira idea do que queres para a túa “burra” ou para que, cando vaias a esa macrotenda chea de neumáticos de todo tipo e cores, non te sintas asoballado nin te perdas á hora de atopar o que realmente queres. Ó mesmo tempo deixarémosvos as nosas impresións de cada un deles e, coma sempre e como é idiosincrasia neste blog, quedamos abertos ás vosas opinións. Intentaremos dar unha estructura homoxénea a estas entradas, para facilitar as comparativas.

Comezamos, entón, cun neumático mítico dunha marca mítica: Maxxis Larssen TT. Abandeirado dos neumáticos rodadores, con defensores e detractores, o feito é que estamos ante un dos neumáticos de uso máis extendido, ata o punto de que o chamado a ser herdeiro do seu éxito, o MAXXIS Crossmark, ainda non conseguíu superar nin as súas expectativas nin as súas ventas e, moito menos, sustituilo.


QUÉ NOS VENDEN. MAXXIS descríbeo deste xeito “El TT es óptimo para un gran número de terrenos y condiciones, por lo cual es la banda de rodamiento favorita de varios de nuestros corredores profesionales duales. El TT se agarra muy bien debido a que cada pequeño taco cuadrado en el dibujo de la banda de rodamiento se encuentra inclinado para rodar fácilmente aunque posee separaciones pequeñas de modo que mayor cantidad de manijas haga contacto con el piso. Por lo tanto, el parche de contacto es eficaz en una amplia variedad de superficies. La tecnología de manija inclinada en el borde de ataque, junto con la poca separación, permite que las pequeñas manijas cuadradas rueden rápido. Los bordes de fuga permiten tener una capacidad de escalado y frenado en terrenos difíciles a medios. Baja resistencia a la rodadura”.

VENTAXAS. A nota esencial que define esta cubierta é precisamente a que lle dá a fama: a súa capacidade de rodadura. A súa aglomeración no taqueado así coma o deseño inclinado dos tacos centrais fan que a sensación de lastre sexa ínfima. Cunha notable adherencia lateral, a sensación de velocidade é realmente notable, feito que, unido á boa factura dos productos de Maxxis, fai que sexa especialmente apto para modalidades coma o cross country (XC) e similares. Excepcional en terreo seco e como neumático traseiro, sobre todo se atendemos á súa durabilidade, algo que pode facer que te decantes por él. Non é excesivamente pesado en ningunha das súas versións e, ademáis, ten uns flancos resistentes, detalle que resulta de agrado se temos presente a posibilidade dos inoportunos trillazos.

INCONVENIENTES. Moi deficitario como neumático dianteiro. Ainda que MAXXIS non o recoñeza, e ainda que nada impida facer xusto o contrario, é evidente que estamos ante unha cubierta destinada á parte de atrás da nosa bicicleta se o que queremos é exprimir as súas características. Obviamente as taras deste neumático son deudoras das súas ventaxas. A súa gran capacidade rodadora, polo denso número de tacos central e a morfoloxía de cada un, fan que o agarre en frenada sexa moito menor, polo que hai que ter especial ollo á hora de controlar as distancias. Ademáis, a aglomeración dos tacos fai que a nada de húmedo que estea a superficie a terra e a area se adhiran a el facilmente nos espazos entre os tacos, tardando bastante en evacuar, limitando en maior medida o seu agarre. Igualmente en subidas pronunciadas, nas que pedras e raíces húmidas,  que calzando este neumático poñerán a proba a túa técnica xa que te obligarán a afinar os puntos de pasada e a acometelas polo punto máis axeitado dada a nula capacidade para “morder” do Larssen.

RIVAIS DIRECTOS. MAXXIS Crossmark, KENDA Small Block Eight, HUTCHINSON Cobra, SCHWALBE Furious Fred.

CONSELLO. A sensación é semellante á que proporciona rodar cunha cubierta desgastada polo que ¡precaución co Larssen, amigo biker! Por certo, se mercades este neumático sen velo físicamente (vía internet ou por medio doutra persoa), ou incluso adquiríndoo directamente, tede presente que MAXXIS “talla” moito menos no ancho das súas cubiertas para a mountain bike, polo que se tiñades unha medida en mente para “traducilo” a esta marca e, en consecuencia, ter unha roda que presente a mesma anchura será aconsellable que incrementedes en dous ou tres puntos o ancho que tiñades premeditado. Técnicamente, tedes que fixarvos código ETRTO (ó que lle dedicaremos a súa entrada no seu día) ese numeriño de dúas cifras que aparece ó carón da medida da roda (por exemplo, 52-559) xa que ese número fai referencia ó globo da roda ou diámetro tubular, polo que é o máis axeitado para saber canto de ancho pode ter e así poder comparalo co sustituido.

2 comentarios: