sábado, 25 de mayo de 2013

RUTAS BTT: Os preliminares.



Retomamos neste espazo o tema das rutas BTT coa intención de seguirvos aportando consellos prácticos e cuestións de seguridade para podermos disfrutar máis e mellor deste tipo de eventos, por sorte, cada vez máis frecuentes. Despois de darlle un repasiño á normativa de circulación que nos é de aplicación, vamos a facilitarvos unha serie de consellos para sacarvos desas dúbidas que moitas veces, sobre todo para os primeirizos na materia, se veñen á cabeza cando un ten en mente a ruta. O temor ás imprevisións é algo co que, ata o máis curtido, se pode atopar. Pero a adopción dunhas pautas de conducta e unhas previsións moi sinxelas permitirannos estar a cuberto do acaecemento dos imprevistos máis comúns. 

Convidámosvos, a quenes xa ides máis rodados nesto do BTT, a aportar máis ideas e a vosa experiencia persoal para así compartirmos coñecementos e, por suposto, a corrixirnos e discrepar xa que nesto das rutas, xa se sabe, que cadaquén ten o seu criterio.

  • ¿Qué teño que levar fundamentalmente?

Pois á marxe da bicicleta e ti mesmo, non esquézalo casco; elemento do que podes atopar unha completa información pinchando aquí. Ainda que teñas por costume moverte sen el na túa cidade ou vila, ou para ir á casa da aldea dos teus amigos, non esquezas que nas rutas BTT o emprego do casco é OBRIGATORIO ata o punto de que terás prohibida a participación ou expulsarante se o fas ou, no seu caso, se o levas incorrectamente colocado (por exemplo, sen abrochar). Lembra que estás baixo o imperio da Ley de Tráfico, e que ésta establece a súa obrigatoriedade para este tipo de rutas. Importante, tampouco esquezas cambiar os elementos desgastados da bici (neumáticos, zapatas, pastillas, etc.).


  • ¿Qué teño que levar a maiores para a bicicleta?

Con bicicleta e casco, xa tes o fundamental do esencial do básico para poder facer a ruta. Agora ben, aínda así case podemos garantirche que non será suficiente. Unha ruta BTT é un percorrido que normalmente castiga a bicicleta e, a menos que leves uns instrumentos esenciais, veraste obrigado a parar durante o percorrido ou a non poder saír en condicións por eses problemas de última hora previos á saída. Seguro que os membros da organización ou outros compañeiros de ruta se prestan a axudarche e solventar a incidencia. Pero por unha cuestión de solidaridade, case educación, recomendámosche levar un mínimo de repostos e ferramentas. ¿Qué é o esencial?

-          Bomba de aire ou bombín. O vademecum da bicicleta. Levarano tódolos bikers pero a experiencia dinos que se pinchas e non o levas parará a axudarche xusto o compañeiro que teña as válvulas diferentes á túa (Presta ou válvula fina, Schrader ou válvula ancha, ás que no seu día adicaremos unha entrada). Sempre é mellor levar o teu propio porque, ademáis de coñecelo mellor e saber a cantidade de aire que dá, permitirache que unha simple parada non se convirta nunha eternidade (sobre todo se perdes pouco aire e estás a rematala ruta). Ademáis, ten en conta que se tes unha suspensión de aire, poderás facer un previo axuste fino sen que o que che emprestou o bombín te mire con cara rara porque te considere un maniático (que de todo hai).


-          Material para reparalos pinchazos ou trillazos. Neste punto, básicamente, podes optar polos clásicos parches, a cámara de reposto ou o antipinchazos. ¿Por cal optar? Todos son unha solución, pero todos teñen algunha pega. Os parches son os máis resultadistas pero conlevan a maior perda de tempo e un maior engorro: desmontar, atopalo pinchazo ou pinchazos, reparar, volver a montar e dar aire; e, ainda que é infrecuente, toca rezar para que o parche quedase ben posto (sobre todo se parchas en circunstancias de choiva ou lama) ou que non che quedase un pinchazo que non viches. A cámara de reposto é tan efectiva coma os parches e ofrece unha reparación máis rápida xa que reduce os pasos a desmontar, colocala cámara nova, volver a montar e dar aire: se estás un pouco áxil non che levará máis de 5 minutos; o problema é se, por desgracia (e acostuma pasar) volves a pinchar ou trillar posto que ahí prácticamente remataría a ruta para ti. O antipinchazos  é sinónimo de rapidez: un spray que insufla un líquido na cámara e que che permite seguir coma se nada; agora ben, se sofres un trillazo estás vendido. No seu día adicaremos unha entrada a analizar tódalas opcións a fondo, pero polo de pronto, como vedes, o mellor é optar por máis dunha solución para non quedar “á sorte de Deus” no medio do monte.

-          Un multiferramentas. O salvavidas das pequenas avarías que, sen el, serían irreparables e impediríannos seguir coa marcha. Na súa maioría levan sobre unha ducia de instrumentos que van desde desparafusadores (destornilladores), chaves de Allen de varias medidas e incluso un sinxelo pero ás veces vital tronchacadeas. Sempre podes optar por levar as ferramentas por unidades pero recomendámosche o multiferramentas por cuestións de espazo que sempre é de agradecer atendendo ás limitacións da bicicleta.

  • ¿E eu? ¿Qué levo de vestimenta?

Obviamente roupa de ciclismo. Non é unha cuestión caprichosa nin meramente estética. Trátase dunha roupa pensada especificamente para a práctica da bicicleta e que che permitirá ir cómodo, sen que che cause molestias e centrarte en dar pedais. Olvida a camiseta de algodón, camiseta do teu equipo de fútbol ou as bermudas coas que saes a correr, que non transpiran correctamente e faranche ir asfixiado, afogando coa suor ou che provocarán rozaduras en partes delicadas (por se o estás a pensar, sí, ahí tamén), convertido a ruta nun camiño polo purgatorio . Frouxa, apretada, con tirantes, sen tirantes, manga longa, manguitos, guantes longos, curtos ou sen guantes, etc. ahí entran os gustos, comodidade e preferencias de cada un e co que un se sinta máis cómodo, polo que o preferible é sempre ir probando e formando un criterio propio. Sempre é unha inversión rentable.


É importante botarlle unha ollada o día anterior á ruta á climatoloxía prevista para a xornada na que aquela se celebre. Páxinas como meteogalicia e as múltiples aplicacións para o teu smartphone proporcionaranche os datos esenciais. Darache unha aproximación de qué roupa levar posta e da que podes levar en caso de variacións do tempo. Trátase de non ir preparados para unha única situación climatolóxica. Ós cambios radicais estamos sometidos todos pero, por norma, toma unha situación como a máis previsible, leva a roupa axeitada para esta e os complementos precisos para o caso de alteracións. Se se prevé un día de calor, por exemplo, leva manga curta e unha camiseta interior de reposto a modo de “segunda capa” ou incluso un maillot de manga longa por se arrefría o tempo ou non resulta ser tan caluroso. Sempre é mellor arrepentirte de levar roupa de máis que sufrir as consecuencias de tela deixado na casa.

Adicaremos a súa entrada, no seu día, á análise das características de cada tipo de prenda.


  • ¿Comida? ¿Para qué se a ruta é curta?

É certo que as rutas e marchas que se organizan en Galicia teñen un nivel excelente, entre o que se atopa a circunstancia de estar ben provistas en canto ós puntos de avituallamento. Tamén pode ser posible que nas túas rutas nunca leves nada porque che dá a impresión de que é cousa de profesionais. Pero tamén é certo que estes están situados en puntos intermedios que non teñen porque coincidir cos requerimentos fisiolóxicos do teu corpo. Antes ou xa pasados os mencionados puntos, podes sufrir un baixón por falta de nutrientes (a internacionalmente coñecida como “pájara”)  que te pode deixar KO, sobre todo se o percorrido resulta meridianamente esixente. Por iso é mellor levar sempre algo que levar á boca cando comecemos a ter esas sensacións ou, sen telas, pasado certo tempo sen inxerir ningún sólido. O recomendable son as barras enerxéticas que, nun par de bocados, aportan todo o que o teu corpo precisa neses intres de esforzo para chegar ben ó final. En defecto destas, sempre podes acudir a galletas ou pequenos biscoitos de chocolate que, gracias ó seu alto contido de azúcar, previrán ou erradicarán esa sensación de vacío.

  • ¿E de beber?

Faga frío ou calor, sexas de beber moito ou de beber pouco, nunca esquezas levar de beber. O teu corpo, con maior razón se non estás acostumado, non entende de climatoloxías para pedir unha inxesta de líquido senón de esforzo. E en base a este último pedirache aporte líquido. A auga apagarache a sede, pero o seu papel limitarase a iso, polo que, a pouco que se alongue a ruta acabarás suplicando por algo máis. Leva algunha bebida isotónica específica (tipo Isostar ou Herbalife) ou, se non a tes a man, algunha bebida azucarada (tipo Aquarius). As pernas agradecerancho, ainda que os organizadores das rutas cada vez máis están provistos para cubrir este tipo de necesidades, e contan coa colaboración de distribuidores de bebidas deportivas específicas ademáis das comúns. E, por certo, non esquezas beber sen agardar a ter sede.


Son consellos moi básicos e asequibles, pero adoptándoos como pauta adicaraste máis a desfrutar dos trazados das rutas e da túa bicicleta e menos a lamentarte da deixadez e de pensar qué puideches ter levado e non levaches. E agora, coa meirande parte dos imprevistos cubertos, ¡a desfrutar!.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Lembranza ós caídos. Abril.

Si ben este mes chegamos con algo de retraso polo traballo acumulado ocupámonos hoxe dunha sección que nin
podemos nin queremos deixar no esquecemento ó igual que ós seus protagonistas. Como ben vistes os que nos seguides habitualmente nada se está a tomar realmente en serio na tramitación do novo Regulamento xeral de circulación nin en calqueira outra medida que nos chegue dende a DXT para frear este rego de vidas que se nos van cada mes.
Non é un tema valadí, por iso no blog da ASCIGA cada mes lles reservaremos un oco os compañeiros que nos deixaron para que a nosa feble voz siga a bater como un mazo na conciencia duns dirixentes cómplices destes noxentos "asasinatos":

Fallece un ciclista de 62 años tras sufrir una caída en un bidegorri de Urnieta.
Un ciclista de 62 años ha fallecido esta tarde tras sufrir una caída cuando circulaba en bicicleta por un bidegorri de la localidad guipuzcoana de Urnieta, según ha informado la Ertzaintza a Europa Press.
http://www.20minutos.es/noticia/1775242/0/

Fallece un ciclista en Basauri atropellado por un camión.

 El suceso ha sucedido en la carretera BI-625, cerca de la empresa Sidenor

Los servicios médicos no han podido hacer nada para salvarle
El conductor del camión ha sufrido un ataque de ansiedad
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/03/paisvasco/1364985453.html

TRÁFICO. El camionero que atropelló ayer a un ciclista en Bizkaia había tomado drogas.

http://www.diariovasco.com/agencias/20130404/deportes/ciclismo/trafico-camionero-atropello-ayer-ciclista_201304041213.html

 

Un tren arrolla a un ciclista en Ripoll.

El accidente se ha producido en un paso a nivel con las barreras bajadas.

http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/tren-arrolla-ciclista-ripoll-2366999


Muere un ciclista arrollado por un conductor que iba drogado.
El accidente se ha producido en la N-340 en Mont-roig del Camp (Tarragona).
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/21/barcelona/1366558579.html


Fallece el ciclista que impactó contra un vehículo en Valliniello.

Aquilino Menéndez del Valle, expresidente del Club Triatlón de Castrillón, no pudo superar las graves lesiones en la cabeza y el rostro

http://www.elcomercio.es/v/20130415/aviles/fallece-ciclista-impacto-contra-20130415.html

El detenido por el atropello mortal al ciclista en Mont-roig pasa ante el juez.

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1399956


Resulta estrano e preocupante, durante o mes nos imos enterando destas traxedias, pero é cando votámo-la vista atrás cando realmente nos damos contra do perigo que corremos a diario ante o cal a DXT fai oídos xordos.
Pedaleade agora en paz compañeiros!