sábado, 12 de enero de 2013

Bicicletas de cine.



   Un bo amigo me acaba de recomenda-la película “Sin frenos”. Despois de vela, aparte de entrarme unhas ganas tolas de mercar unha cadea “tocha” co seu señor candado (jeje), tiven a idea de tentar comprobar en cántas das películas que tiña visto cobraba protagonismo algunha bicicleta e tomarlle así a medida ó papel que a nosa amiga xogou na historia. Non son poucos os directores que se teñen deixado seducir pola paixón que nos une, e de xeitos moi variopintos:
-          
        Dos hombres y un destino: xa en 1969 Paul Newman nos presentaba “o futuro”, a bicicleta; nunha escea inesquecible na que seducía a Katharine Ross alardeando sobre a súa bici. Qué cantidade de posibilidades ofrecía aquél artiluxio técnico. Sen dúbida un paseo idílico difícil de borrar da retina de calquera amante do cine.




     Cinema paraíso: 1988, dirixida por Giuseppe Tornatore, un drama romántico reflexo sentimental da Italia da posguerra e unha declaración de amor ó séptimo arte, á par de unha das mellores BSO que recordo. O filme evoca unha bicicleta erixida como o medio de locomoción popular á vez de soño infantil, o preciado obxecto do desexo da infancia.


    La vida es bella: película de 1997, escrita, dirixida e protagonizada por Roberto Benigni, un crack. “Esta es una historia sencilla, pero no es fácil contarla”, nin esquecela. Sobran palabras que califiquen unha obra deste calibre. A bucólica escea central representa á nosa compañeira compartindo un protagonismo ideal co amor de xeito totalmente alleo ó drama que se cerne sobre as personaxes principais. Na historia, unha imaxe bucólica e inesquecible: unha familia, tres persoas e a felicidade enriba dunha bicicleta atravesando a praza do pobo. 





-      El resplandor. Tremendo thriller. Soberbia adaptación da obra de Stephen King na que un incomensurable Jack Nicholson nos mantén en pé enriba do sofá durante 115 minutos escalofriantes, pero ó final esquece purga-la caldeira, jeje. A escea na que Danny percorre os pasillos do hotel Overlook no seu triciclo é unha imaxe recurrente nos nosos pesadelos dende a infancia. Obra mestra do suspense sobre uns pedais.


  
Muerte de un ciclista. Aínda que semella o titular dun xornal dun domingo calquera, se trata dunha xoia do cine do noso país. Nela, Juan A. Bardem, nos narra con unha técnica impecable a historia de dous amantes que, viaxando xuntos nun coche atropelan a un ciclista, para que non se descubra a súa relación deciden saír fuxindo. Foi calificada como gravemente perigosa pola censura franquista.



-    Lucía y el sexo: Moito máis actual e agradable, sen dúbida. Quén non se deixou seducir por Paz Vega sobre a súa bicicleta. A cinta nos conta a historia de Lucía, unha camareira que decide viaxar en busca de tranquilidade á illa de Formentera. Alí coñece a Lorenzo, un escritor de novelas que supostamente está a escribir unha historia semellante á vida da nosa diva.


-           
     Transporter 3: Unha de acción. Jason Statam facendo auténticas virguerías sobre dúas rodas. Ó marxe das “fantasmadas” que vemos nesta cinta non está de máis valorar positivamente o guiño ó noso medio de transporte favorito nun filme no que pouco menos que se idolatra ós vehículos de tracción mecánica. Unha escea semellante é a que protagoniza  no primeiro acto de Taxi 3, Silvester Stallone antes de subirse ó taxi de Daniel.


      E.T.: Por suposto, cómo iamos esquecela. A maior ofrenda do cine ó mundo dos pedais. Quén é capaz de negar que algo comezou a arder no seu peito cando veu a bici de Elliot votar a voar, quén non quixo que a súa bici voara temén e se imaxinou cruzando os ceos “a todo pedal” mentres o sinalaban co dedo dende o chan. Na nosa infancia todos temos marcada esta historia de amistade interplanetaria, esta fantástica aventura que tanto nos marcou de nenos, maxistralmente dirixida polo xenio Spielberg.


 

  Abofé que deixamos algún filme de lado, esta non pretendía ser unha enumeración exhaustiva, só un breve vistazo atrás na memoria.
      Xa para poñer punto final, podemos chegar á conclusión de que sí, a bici leva ahí toda a vida, levándonos de aquí para alá, emocionándonos, namorándonos…  e seguirá ahí, sempre presta a vivir con nós calquera aventura ou reto que a vida nos depare e queiramos afrontar canda ela.



-         


No hay comentarios:

Publicar un comentario