miércoles, 8 de mayo de 2013

Novo Regulamento xeral de circulación IV.


Continuamos coa análise pormenorizada do anteproxecto de reforma do Regulamento xeral de circulación presentado pola DXT. Hoxe ocuparémonos de outros dous aspectos, en concreto dous artigos deste texto que consideramos un “grave ataque” ós principios que falazmente se expoñen no seu Preámbulo, como xa temos comentado. Se trata, concretamente dos artigos 55 e 175, imos a por eles:


Este primeiro artigo 55 semella agochar escuras intencións a parte de lle dar unha patada na boca a un dos Dereitos fundamentais que promulga a nosa Carta magna. Tal artigo pretende establece-lo seguinte:

Usos excepcionales de la vía. Se entiende por uso excepcional toda utilización de las vías objeto de legislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial que implique, según la naturaleza del evento o de la actividad, ya sea deportivo, de ocio, cultural, tradicional, religioso o de otra índole, el uso exclusivo o parcial de la vía por sus participantes y organizadores que impida el uso ordinario de ésta.
Tendrán en todo caso esta consideración las pruebas deportivas y las marchas ciclo-turistas”.

Nun segundo punto, o citado artigo pretende establecer, para a súa realización, a obtención obrigatoria dunha licenza administrativa.
Este precepto deixa claro que o intelecto lexislativo da DXT non acada moito máis aló da pura e simple recadación por calquera vía. Afirmamos isto por varios motivos:
-          É de esperar que a citada licenza vaia acompañada dunha taxa que grave ese “uso exclusivo”. Isto é afán de recadación.
-          Si ben as marchas ciclo-deportivas xa se ven obrigadas a obter dita licenza a día de hoxe, a inclusión de tal elenco de actividades (léase deportivas, ociosas, culturais…) incluíndo unha cláusula de peche aberta como “de otra índole”, estende este afán de recadación a todo tipo de eventos que requiran da utilización dunha vía pública.
-          Agora o máis grave. A inclusión da citada cláusula de peche, “de otra índole”, revela a flagrante ignorancia por parte do lexislador do artigo 21 da Constitución, pretendendo roubar ós cidadás o libre exercicio do seu lexítimo dereito de manifestación. É por iso que, ó marxe de outras consideracións lexislativas, o apartado primeiro deste artigo 55 é INCONSTITUCIONAL, o que é o mesmo que dicir que á DXT todo lle vale para coarta-los dereitos dos cidadáns, vaian ou non en bicicleta.

Qué significa este artigo na práctica? Moitos de nos acudimos o pasado Xaneiro á marcha na honra de Cristobal Hermida, “presuntamente asasinado” en Ponteareas o 3/01/2013 por un camioneiro. Dita marcha congregou preto dun milleiro de ciclistas de toda índole no lugar do accidente para amosa-la súa dor pola perda dun amigo, así como un clamor contra unha normativa permisiva que desatende claramente o elevadísimo numero de ciclistas falecidos nas nosas estradas.

Con este precepto en vigor, ó marxe da súa flagrante inconstitucionalidade, dita marcha non se podería ter levado a cabo e os compañeiros do Clube Ciclista Bueu terían dependido da “caprichosa” e preceptiva decisión administrativa para poder honrar a lembranza do seu Presidente.
INTOLERABLE!.


Pasemos agora ó segundo punto que nos ocupa hoxe, que pasa por ser unha mostra máis de que o ciclista na estrada estorba e xenera desconfianza a un lexislador que pretende facerse pasar polo seu adalid e defensor. Imos por partes:

O artigo 9 da Lei de tráfico establece para todos os condutores: Los usuarios de las vías están obligados a comportarse de forma que no entorpezcan indebidamente la circulación, ni causen peligro, perjuicios o molestias innecesarias a las personas y daños a los bienes. Como a Lei non exclúe ó ciclista do termo “conductor”, nin para o bo nin para o malo, nin na saúde nin na enfermidade e ata que a morte… O dito, como a Lei non exclúe ó ciclista do termo “conductor” neste artigo 9 se establecen estas obrigas tamén para este colectivo. Logo, por qué o proposto artigo 175 ven a recalcar que:

 “Los usuarios de la bicicleta (perdón señores da DXT: CONDUTORES DE BICICLETAS, se non lles importa) deberán cumplir las normas generales de circulación, y adoptar las medidas necesarias para garantizar la convivencia y la seguridad en la vía con el resto de vehículos y, especialmente, con los peatones”.

Este artigo é unha ofensa gratuíta, un toque de atención a aqueles que “estorban” ós que teñen “máis dereitos” na vía, unha falta de respecto (a quen obviamente non leu a Lei) e un ataque á dignidade de quen trata de “criminalizar” a todo un colectivo.
Dende a ASCIGA e en nome, se nolo permitides, de todos os CONDUTORES de bicicletas da nosa terra, queremos esixi-la retirada inmediata deste precepto, non só do articulado, senón de toda discusión parlamentaria, e isto polos seguintes motivos:

-          Primeiramente, e como se dixo, as obrigas que establece están recollidas no artigo 9 da Lei, unha norma superior, polo que a súa reiteración, a parte de innecesaria, é nula e inclusive ilegal en todo o que poida engadir de novo.
-          Por outra banda, e non menos importante, supón un claro ataque á dignidade de todo un colectivo que pasa por ser o máis feble na estrada. Qué significa para un ciclista “asegurala convivencia”? que ó ser atropelado procure deixar a menor cantidade posible de sangue no paragolpes do vehículo para que non haxa que limpalo?


Como vemos estas son dúas mostras máis do que o Preámbulo do anteproxecto da DXT chama “priorización” no uso da bicicleta.
Unha aperta a todos e coidádevos aí fora, que a DXT non o vai facer por vós e como ben ten dito nalgunha campaña: “non poden conducir por eles”!

No hay comentarios:

Publicar un comentario