martes, 14 de mayo de 2013

I BTT Compostela


Club BTT Ultreia ven de organiza-la primeira BTT Compostela e a ASCIGA tiña que estar alí:
12 de maio de 2013. 8 am. Carballeira de San Lourenzo, Santiago de Compostela.
Aberto o control de firmas chegamos ó lugar do “delito” e observamos que xa hai ambiente, os máis madrugadores, os de sempre. Unha organización exquisita e completa que contaba coa ben valorada polos participantes cronometraxe por chip. Recollida de dorsais e a formar. Cerimonia de saída correcta, se ben votamos en falta un pouco máis de “saleiro” por parte do “speaker”, que cumpriu a súa labor con solvencia.

Alá imos, a ver qué nos teñen preparado os amigos de BTT Ultreia para hoxe…
Nos parece salientable, e un exemplo a imitar (aló onde sexa posible) o inicio do percorrido que nos levou por unha estrada asfaltada en leve subida ós primeiros repeitos de terra, feito que axudou a que o groso do grupo se fose espallando, que cada quen fose buscando o seu lugar i evitou en grande medida as coñecidas aglomeracións nas primeiras ramplas.

A primeira subida ó monte Pedroso, sen excesiva dureza, fixo unha criba xa importante nos primeiros quilómetros, deixando ve-lo impoñente ritmo que ían impoñer “os de diante”. Se ven o terreo, como bo picheleiro, era coñecido o acertado do percorrido e a correcta sinalización traían á mente bos presaxios.

Rematada esta primeira ascensión nunha esixente trialera continuamos por unha zoa máis cómoda cara o norte. O tempo seco dos últimos días axudou a que o terreo fose máis practicable aínda que a presenza da auga era abundante en determinados puntos onde, co paso dos bikers, a cousa si ía poñendo cada vez peor.

Treito de descenso rápido e técnico mesturado con zoas de rodaxe onde me sorprendeu gratamente dar con dous compañeiros de viaxe cos que a sensación de comodidade e de alto ritmo  me deu un bo golpe moral nestes primeiros compases ata que, cousas que pasan, aló polo quilómetro 22 nos desviamos da ruta perdendo unha grande cantidade de tempo que nos fixo perder toda opción de facer un “respectable” tempo final así como gran parte das forzas que gardabamos recuperando posicións de alí en diante. 


Xa “desenchufado” moralmente acometemos unha nova subida que nos levou á unha zoa fermosa á pé da Presa do Tambre. Un terreo sen grandes subidas pero tremendamente “rompe-pernas” e lonxe do “perfil rodador”, que foi como a organización anunciou o percorrido.

Qué fermosa é a nosa terra e que grande este deporte que nos fai gozar dela como ningún outro. Qué vistas, que paisaxes, cánto verde mesturado coa fermosa cor amarela das xestas florecidas e os alecríns "que nacen no monte sin ser sementados" e que fan do monte galego un sitio inconfundible nesta parte do ano… particularmente bucólica era a imaxe dos bikers pasando sobre unha pequena e fermosa ponte de madeira cuberta pola fresca sombra dos salgueiros… veña oh, tira para adiante e déixate de “mariconadas”!


O final se fixo bastante duro cunha última subida ó Pedroso por unha pista ancha na que os quilómetros acumulados, unha avaría no cambio e a falta de auga transformaron eses metros nun particular paseo polo Monte Calvario. Dende alí unha fermosa e rápida baixada, na que a coincidencia con un treito do Camiño a Fisterra facía estrema-la precaución, que nos deixaba case a pé de meta; pero antes, e de propina, un último repeito de 200 metros que se lle atravesou a máis de un facendo que as facianas na liña de meta non estivesen para moita foto.

Lavado de bicis moi ben montado, duchas con auga a ferver e unha opípara comida culminaron de feito redondo o traballo levado a cabo pola organización. É de salientar aquí que a nosa perda e os quilómetros de máis foron exclusivamente responsabilidade nosa xa que, o feito de que fosemos os únicos en pasarnos aquel cruce evidencia que a culpa foi máis do noso ímpetu por tirar que por algún fallo na marcaxe.

Os participantes se amosaron gratamente sorprendidos cando, nada máis ducharse, ían recibindo unha mensaxe no móbil, un tras outro, co seu tempo e posición final. Todo un éxito na cronometraxe de Magma Sports.

É por isto último que non nos queda máis que felicitar ó club BTT Ultreia por un magnífico traballo e pedirlles que manteñan o nivel para a II BTT Compostela porque ALÍ ESTAREMOS!!!

8 comentarios:

  1. A primeira subida ó monte Pedroso, sen excesiva dureza, fixo unha criba xa importante nos primeiros quilómetros, deixando ve-lo impoñente ritmo que ían impoñer “os de diante”. Se ven o terreo, como bo picheleiro, era coñecido o acertado do percorrido e a correcta sinalización traían á mente bos presaxios. cushion covers for sale , best summer blanket 2021 ,

    ResponderEliminar