lunes, 6 de mayo de 2013

Novo Regulamento xeral de circulación II


Continuamos coa análise pormenorizada do anteproxecto de reforma do Regulamento xeral de circulación. Hoxe imos adica-la nosa análise a dous puntos interesantes e conflitivos da mesma: a circulación por autovías e a regulación dos semáforos.

Comezamos polo primeiro dos temas propostos. O artigo 38.1 prohibe a circulación en bicicleta polas autovías. Agora ben, o artigo 176.1 no seu párrafo terceiro establece que “No obstante lo dispuesto en el artículo 38.1, los conductores de bicicletas mayores de edad podrán circular por las autovías salvo que, por razones justificadas de seguridad vial, se prohíba mediante la señalización correspondiente. Dicha prohibición se complementará con un panel informativo sobre el itinerario alternativo. La circulación deberá tener lugar por el arcén, sin invadir la calzada en ningún caso.
En primeiro lugar, estamos ante unha medida que xa existe na regulación actual, a reforma comeza por eleva-la idade mínima para circular por unha autovía de 14 a 18 anos.
Seguidamente atendemos a un exemplo de que ó noso lexislador lle “salta a cadea”, isto acontece cando afirma que a circulación se levará a cabo polo arcén sen invadi-la calzada “en ningún caso”. Ben, isto é imposible. Hai centos de circunstancias que poden e deben facer abandoa-lo arcén. “Un, dos, tres, responda outra vez”. Un obstáculo: un obstáculo, un vehículo detido, un bache, unha obra, unha saída da vía, unha incorporación á vía, un vehículo que circula máis lento, unha arqueta, a entrada dunha estación de servizo, a saída dunha estación de servizo, a entrada a un área de descanso, a saída dun área de descanso, un axente mirando pola seguridade… tilín, tilín, tilín, tilín, tilín, tilín, tilín, tilín! “¡Campaaaaana y se acabó!,”!
 

Está ben que dixeras axente

Porque é moi conveniente

Pero recadación e seguridade

Non son unha unidade!!!


  
Bromas aparte, non cremos que sexa a vontade do lexislador obligar a deterse ó ciclista “sine díe” ante calquera destas circunstancias, nin que a súa pretensión sexa que todos “practiquemos trial” sobre os coches avariados no arcén. Logo cremos que sería máis razoable, ademáis de resultar posible no seu cumplimento, copiala redacción do primeiro párrafo deste artigo 171.6: “si fuera transitable y suficiente”.

Ademáis en moitos casos estes sinais de prohibición están situados xa dentro da vía, unha vez incorporados ó seu tránsito, circunstancia ante a cal o ciclista pode ter dúbidas de seguir ou non, xa que de non facelo se vería obrigado a circular en contradirección durante uns metros ate a última intersección. Circunstancia que resulta extremadamente grave.
Para rematar con esta parte, facer referencia a qué pasa se non hai disposto un panel informativo que complemente a prohibición cunha ruta alternativa, tal como establece o precepto que estamos a analizar. Sobre estas liñas a opinión é clara, o sinal non cumpre os requisitos de forma do Regulamento de modo que podería ser ignorada. Ahora ben, como o propio precepto establece que esta prohibición se establecerá unha vez valoradas as circunstancias e “por razones de seguridad vial”, non podemos máis que desanconsellar ó ciclista que circule por esa vía, iso sí, acompañando este consello dunha crítica a unha administración que fai oídos xordos ás obrigas que as normas de circulación lle imponen.

Dixemos ó principio que íbamos falar tamén da regulación dos semáforos. O anteproxecto propón muda-la redacción do artigo 56.3 para deixala do seguinte xeito:
Todo conductor de un vehículo que se aproxime a una intersección regulada por semáforos deberá actuar en la forma ordenada en el artículo 146. Los conductores de motocicletas, ciclomotores y bicicletas se podrán adelantar hasta situarse en la línea de detención…”

En primeiro lugar debemos facer fincapé no correcto uso do idioma. Non é axeitado o uso do “se” reflexivo nesta frase tal como está redactada xa que o que ven a dicir é que os conductores destes tres tipos de vehículos se poderán adiantar entre eles. Como ademáis estamos redactando unha norma debemos emprega-la linguaxe xurídica axeitada ó ámbito de regulación no que nos atopamos, dito esto, a redacción que parece máis axeitada sería a seguinte: “Los conductores de motocicletas, ciclomotores y bicicletas podrán rebasar a los demás vehículos hasta situarse en la línea de detención…”
Outra crítica que queremos facer a este precepto é que só fai referencia ás interseccións reguladas con semáforos facendo caso omiso ás ocasións nas que éstes regulan un paso de peóns. É importante traer a colación aquí a reforma deste Regulamento que deixou no tinteiro o anterior goberno na que se establecía para os ciclistas, neste tipo de semáforos a obriga inexcusable de cede-lo paso ós peóns, pero se lles eximía da de ter que deterse e esperar ó verde. Idea que, ademáis de facilita-la circulación en bicicleta, evitaba conflictos co automovilista violento á hora de volver arrancar. Idea que, a pesar de formar parte da dichosa herencia recibida, considerábamos moi positiva.
Nada máis polo de ahora. Esperámos que a breve análise vos teña sido útil e vos citamos xá para a próxima entrega, que este anteproxecto da para moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario