O pasado día 7 de abril estreouse esta ruta que, dese xeito, veu a
incorporarse ó calendario de rutas BTT. E a pesares de que o tempo chuvioso
fixo acto de presenza, algo ó que xa estamos acostumados nas rutas celebradas
estes últimos meses, non afectou ás gañas dos participantes de dar pedais polo
monte e de disfrutar dun percorrido e, por suposto, non minguou un ápice
sequera a boa labor e disposición dos membros da Peña Ciclistoturista Castro Barbudo e
as institucións que colaboraron.
As adversas circunstancias climatolóxicas agudizáronse en certos momentos e
puntos do trazado. Emporiso non podemos comezar doutro xeito esta entrada que
non sexa trasladar a noraboa ós membros da organización, xa que ata no recanto
máis perdido, distante e angosto de cada un dos trazados había un membro
daquela fancendo indicacións, unha cinta que indicaba o camiño correcto ou unha
frecha pintada. Foi unha constante, o cal contribuíu a que os participantes nos
sentísemos tranquilos á hora de poder desviarnos e tamén seguros ante a
reiterada visión de membros da organización que, dito sexa de paso, fixeron un
esforzo titánico ante a adversidade do tempo. Os avituallamentos, completos e
cun reparto coherente no trazado, tamén foron moi salientables e
cualitativamente notables (os donuts leváronse a fama, pero o resto non tiña
desprezo). As duchas en auga quente, as breves esperas para lavar as bicicletas
e o banquete final constituiron un magnífico colofón a unha dura pero
satisfactoria xornada de mountain bike.
Xa no que atinxe ó trazado, debemos mencionar que a particularidade desta
ruta, a diferenza do dobre trazado das habituais (ruta curta – ruta longa),
derivaba da posibilidade de optar por tres trazados: un de 20 km (iniciación), un de 40 km (ruta) e un de 60 km (maratón), distancias
aproximadas. Por suposto, existía a posibilidade de mudar de un a outro en
función das circunstancias que se fosen presentando, se ben non en excesivas
ocasións, o cal é de agradecer para evitar embarallamentos de participantes e
embotellamentos en moitos puntos do trazado e facela circulación máis fluída en
cada un deles.
Os tres percorridos. |
A ruta, algo que se vía vir, presentábase dura polo tempo chuvia e o frío
que, coma os 500 e pico beteteiros, acudiron puntualmente á cita. Nós optamos
pola ruta longa que, de acordo cos nosos contaquilómetros, extendeuse por un
trazado de 55,40 km
polos concellos de Rianxo e Dodro. Un trazado complicado e esixente.
Comezaba o percorrido cun paseo polo mercado, a medio montar ainda, e pola
beira do mar de Rianxo. Pasados os primeiros quilómetros e o atasco causado
nunha estreita ponte de madeira, dirixímonos terra adentro co grupo máis
estirado xa. As dificultades non tardaron en aparecer posto que en certos
puntos, e na escasa marxe de dous ou tres quilómetros, a auga “traballara”
abondo e orixináronse zonas moi embarradas e outras con grandes pedras entre as
que descorría a auga, zonas que rompían o pedalear de calquera que non estivese
un pouco hábil. Naturalmente, nun punto ou noutro, o que máis e o que menos
puxo pé a terra para superar bicicleta en man eses puntos. Superadas estas
trabas iniciais o percorrido, sempre acompañado por unha lixeira choiva
tornouse “normal”. Sen tempo para sacudirse a lama acumulada xa tan cedo, as
subidas empezaron a esixir o mellor dos participantes con tramos de pendentes
constantes, cortalumes e un percorrido paralelo á autopista moi divertido, que
favorecía á rodaxe e que, sen dúbida, axudou a subila media de velocidade; xiro
á dereita e a subir de novo unha pequena rampla que logo se tornou nunha subida
infernal na que houbo que “tirar de peito” e amarrarse ó manillar, xa que
ademáis parecía non ter fin. O premio estaba ó final da mesma.
Pasada esa primeira embestida, chegamos ó habituallamento, abundante e
consistente, para facermos a primeira parada en boxes e a respostaxe. Os donuts
de chocolate foron o mellor dos reconstituíntes: así o constataron tódolos
participantes. Seguro que os que non pararon se arrepentiron. Retomamos a
marcha, cruzámola C-550 (alto de Bexo) e, tras uns metros de “pisteo”, unha
nova subida dura pero tamén bastante técnica polo estado lamoso do terreo, nuns
lugares, e polas pedras e raíces, noutros. Unha baixada por un cortalumes
conduciunos a unha pista de asfalto en baixada, moi agradecida, que remataba na
Cruz do Abelán. Xiro á esquerda e paso por Teaio onde a xente do lugar, igual
que ó longo da ruta, non cesou de apupar ós que pasabamos dando pedais.
A partir de ahí, todo arreciou. A chuvia comezou a caer con especial
intensidade para porlle o toque épico (como se non o tivera xa) ó tramo que
comezabamos: a subida ó alto da Muralla. Comezamos cunhas ramplas suaves pero
que, co paso dos quilómetros, foron desgastando unhas pernas que para entón xa
levaban 35 quilómetros e non respondían como a primera hora. Pero a subida non
cesaba, non sendo algún “descansiño”, e a porcentaxe da pendente
incrementábase. Irrompeu a néboa de súpeto, a referencia dos que ata entón
tiñas detrás perdeuse e só advertías ós que tiñas uns metros diante cando os
escoitabas conversar. Unha sensación de esforzo solitario indescritible.
Despois de “enganchar” cun compañeiro de ruta, sen mediar unhas palabras que o cansazo
nos impedía pronunciar sequera, a complicidade de ambos fixo que marcásemos un
ritmo que nos permitise seguir adiante ós dous. É a esencia do compañeirismo
solidario deste deporte. E chegados a unha lixeira baixada alcanzamos un novo
avituallamento, novamente tan substancioso como agradecido.
E, por fin, a definitiva acometida á Muralla. Comezada en solitario e coas
enerxías recargadas, as duras ramplas e especialmente unha durísima e empinada
subida por un estreito camiño de a pé entre pinos polos que se desviuou a ruta,
devolveronnos á crúa realidade da fatiga. Retomada a pista de grava que leva á cima, as
dificultades multiplicáronse posto que apareceu unha choiva intensa e fría, a néboa
volveuse mesta ata o indecible e, o peor de todo, comezou a soprar un aire ciclónico
e brutal. Esas circunstancias converteron os dous últimos quilómetros da subida
nun inferno, nunha auténtica tortura. O vento, frío e forte, parecía tirar con
un ó chan, desviaba as trazadas, sacudía o chuvasqueiro ata parecer querer
arrebatalo. Cada pedalada era un esforzo descomunal. E, por fin, a cima. O
rapaz que coronou uns metros por diante miña,quizais sen ser consciente de que
eu viña por detrás, alzou os brazos e pegou un berro de xúbilo e excitado por
ter alcanzado o cumio.
Solidaridade dos bikers e boa organización. |
Ainda co son dos eólicos azoutados polo vento, comezamos a baixada, cun dos
membros da organización facendo indicacións ós participantes no medio daquel vendaval.
Comezaba entón una longuísima baixada con moitas pozas de auga acumulada nos
buratos que se iban presentando e con tramos de baixada realmente perigosos por
cortalumes repletos de perigosas pedras que obrigaban a exprimila técnica
baixando e a seleccionar ben “onde pisar” para non ir ó chan; outros tramos
desa baixada descorreron por trialeras con enormes rotos e escalóns
considerables ós que, por se iso fora pouco, se lle sumaran os enormes furados
e regos creados pola auga. Todo para rematar por un tramo estreito tramo llano,
picando cara abaixo, por un tunel de mimosas que veu a desembocar entre as
casas das aforas de Rianxo. Un novo tramo de pisteo levounos ata un xenial e
moi evocador tramo de dous ou tres quilómetros polo paseo marítimo rianxeiro. E
con máis ou menos dificultades técnicas, alcanzamos a meta. Logo viñeron os tan
tradicionais como simbólicos choques de mans e comentarios con quenes nos
acompañamos nos últimos tramos ou entre quenes nos axudamos nalgún tramo e
tivemos a oportunidade de vernos ó final, así coma o lavado de bicis e unha
excepcional “comilona”, que a bo seguro saciou o estómago daqueles que
desfondaron, e unha entrega de premios. Non recibimos ningún nin no sorteo,
pero o noso premio xa fora ter desfrutado da Ruta.
Facer amigos é un dos múltiples alicientes das rutas BTT. |
En resumo, unha ruta que, ainda que primeiriza, deixou o listón bastante alto
tanto a nivel de organización como de trazado, algo no que os amigos da Peña Cicloturista Castro Barbudo tiveron moito que ver e ós que dende este espacio
felicitamos e animamos a repetir na segunda edición. E, por suposto se non vos
decides a sacala bicicleta do garaxe ou ou os teus amigos e máis tí queredes
cambiar as rutas cotidianas soamente hai que facer un oco no mes de abril para apuntarse
e a desfrutala bicicleta de montaña por Rianxo.
Aquí vos deixamos un enlace con algún dos retazos da ruta.
chenlili20160701
ResponderEliminartoms wedges
oakley canada
coach factory outlet online
michael kors outlet clearance
instyler max
celine bags
coach factory outlet
true religion outlet
vans shoes
coach factory outlet
longchamp le pliage
oakley outlet
celine bags
adidas nmd
kd 8 shoes
rolex watches
tiffany jewelry
polo ralph lauren
louis vuitton outlet
oakley sunglasses outlet
hollister clothing
kate spade handbags
coach outlet
coach outlet
coach factory outlet
louis vuitton
nike uk
adidas running shoes
nike roshe run women
burberry bags
louis vuitton handbags
nike trainers women
coach factory outlet
nike running shoes for women
louis vuitton outlet
nike air max uk
cheap jordans
oakley sunglasses outlet
ResponderEliminarGood write-up
http://www.kuwait.prokr.net/
adidas yeezy
ResponderEliminarsupreme
birkin bag
russell westbrook shoes
coach outlet online
curry shoes
nike lebron 15
yeezy
supreme
ferragamo belt
xiaofang20191216
HomepageMore Bonuses find more infoFull Report navigate herevisit the site
ResponderEliminard0k87n2y74 t9g29v3i19 e7t25c5d20 r3a78x3e61 z5i37h3a97 k7z31f9n78
ResponderEliminar