domingo, 28 de abril de 2013

Specialized Stumpjumper 29´. Unha amante esixente.


Onte tivémo-la honra de poder probar unha Specialized Stumpjumper 29´ gracias, como non podía ser doutro xeito ós amigos de Oliveira Bike.

A máquina: 
-  Stumpjumper HT Comp 29 de aluminio.
-  Bielas custom SRAM 2x10.
-  Horquilla RockShox Reba RL 29, 90mm percorrido.
-  Cubertas S-Works Fast Trak 29 2.0".

O "circuito":
-  Monte Pedroso e arredores, Santiago de Compostela.

Preparámonos para saír. A unidade que nos cederon ten a roda dianteira pinchada, a consecuencia de algunha saída anterior, e procedemos a montar un neumático para poder usala. O primeiro que sorprende, antes sequera de montala (e dado que é a miña “primeira vez” cunha 29´) é a cantidade de aire que colle neste neumático. Veña arriba e abaixo coa bomba. Por fin, acadados os 4 PSI de presión (menor á dunha 26´) arrancamos.
Montado sobre unha 29´ por primeira vez a sensación que invade a tua cabeza é a de que levas unha bici duas tallas máis grande ca túa. Por unha banda as impoñentes rodas e por outra, e para axudar a guiala ante o grande avance destas, o gran manillar, 69 cm, nada menos. Ademáis sintes unha inquietante dificultade para facer manobras sinxelas como levanta-la roda dianteira, isto vai ser complicado meu!
Á medida que comezan a caer os primeiros metros te sintes pequeno, pero forte ó mesmo tempo, estás movendo un bicharraco.
Xa metidos en vereda comprobas como as pedras que habitualmente dificultan o teu avance minguan de xeito asombroso ata case desaparecer, nada detén o avance da Stumpjumper, que te leva a gran velocidade polos primeiros camiños.
Subindo o tema é sempre máis complexo, sen embargo unha transmisión cunha correcta selección 2x10 permite unha gran comodidade en tódolos terreos. É sorprendente o xeito de enfrontarse á primeira subida, se ben temos medo de baixar demasiado o ritmo, punto que, se cadra, é o máis feble da 29´ xa que custa volver a movela; non atopamos problema algún ó respecto xa que a enorme circunferencia de 29 pulgadas supera pedras, penedos, raíces, arrós e demáis familia cunha asombrosa facilidade. O pulso se acelera, o que pretendía ser unha saída tranquila comeza a transmitir pronto sensacións máis propias dunha competición.

Seguinte obstáculo que atopamos: un camino enlamado onde a roda se enterra ata unha cuarta na lama. A Stumpjumper semella flotar sobre a lama, acostumado a que esta chegue case que ós eixos, o camiño continúa sen maior problema. Iso si, tanto subindo como en zonas especialmente complexas e duras como esta se fai necesariamente importante prever os obstáculos e adaptar a eles o desarrollo e a cadencia xa que, como temos dito, se te travas, custa máis volver a movela. Se non perde-lo ritmo, non hai fallo, ela avanza, e avanza, e avanza…
Seguidamente un tramo de subida complicado e técnico aparece ante nós, a nosa “mákina” nos empuxa a buscar as zoas máis complicadas procurando intencionadamente os obstáculos e, de novo, os superamos con ampla solvencia.
Nos encamiñamos seguidamente a un terreo bastante incómodo xa que, ainda que é plano, un feixe de raíces cruzan a pista impedindo rodar con comodidade… ata o día de hoxe, coa Stumpjumper semella que as árbores acusan a inexistente seca e afunden as súas raíces para buscar terra máis húmida… ou humillándose ante o paso impoñente e firme da nosa compañeira de hoxe.
Coidado!, cambiamos de camiño e topamos un repeito duro, esixente e moi, moi roto. Ese que se nos soe atravesar nos nosos entrenos. Tiramos do prato pequeno e nos gardamos a última coroa polo que poida pasar… de novo as rodas de 29´ se impoñen ás pedras, incluso ás que a choiva do inverno deixou viuvas da súa longa unión coa terra que as cubría, esas que, doidas pola súa soidade, disfrutan obrigándonos a bota-lo pé ó chan facéndonos perder tracción no pior momento. Nada poden contra esta “mákina”.
Afrontamos un tramo de descenso, na primeira parte temos unha baixada moi rápida pero bacheada, sen embargo a Stumpjumper nos pide seguir dando pedais uns 10 ou 15 Km/h máís alá de onde abandoamos ese ímpetu habitualmente. A “mákina” se come os baches, é de salientar que isto é máis por efecto do diámetro das rodas que pola “limitada” horquilla Rock Shox que por varias veces sentimos chegar ós topes. Unha forte freada na que a Stumpjumper se rí da nosa inxustificada “cara de velocidade” e afrontamos un tramo moito máis técnico no que ahora sí, atopamos unha pequena desventaxa respecto á 26´. Baixando penedos e grandes pedras e raíces os movementos e reaccións sobre esta máquina se fan moito máis bruscos, feito que, unido á separación entre ás máns debido ó ancho do manillar, nos comezan a facer doer tremendamente os tríceps. Nada que non se cure con dúas semaniñas sobre a túa nova 29´.

Para rematar, e posto que tiñamos escoitado falar das limitacións das bicicletas de 29 pulgadas baixando trialeras… adiviñades? Por suposto, probámolo. Dende logo en zonas reviradas se fai un pouco máis torpe baixar sobre a Stumpjumper, sen embargo ós poucos metros comprobamos cómo a sensación pode levar a engano xa que anticipándonos ós obstáculos e afrontándoos con decisión non ofrecen unha gran dificultade e a “mákina” segue voando sobre eles.
E todo isto a tope, sen parar nin para as fotos, a emoción non o permite, e a sensación de velocidade tampouco anima a facelo. A Stumpjumper é unha bici esixente, che pide máis a cada momento, a cada pedalada, non se pode baixa-lo ritmo, pero a cambio che ofrece unhas sensacións impresionantes e a satisfacción é inmensa. Quizáis por iso ó chegar á casa, xa na ducha lembraba aquelas mulleres bravas que tivera atopado en noites de paixón. Porque a Stumpjumper é unha amante esixente!
PD.: Non queremos ser extremadamente benevolentes coa Stumpjumper, de modo que nos gustaría deixar claro que, limpar a lama dunha roda de 29 pulgadas dá máis choio. 

Nada máis, esperamos que esta crónica vos teña gustado a milésima parte do que nós disfrutamos probandoa e, sobre todo, que vos sirva como guía a aqueles que estedes pensando en mercar unha bici nova.

1 comentario: