Para vos manter ó tanto copiamos a continuación a nota de prensa que enviamos esta tarde ós medios con obxecto de dita xuntanza:
A Asociación Ciclistas Galegos (ASCIGA) asistíu o pasado sábado á xuntanza celebrada nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte no Edificio das Federacións en Vigo á cal fomos convocados pola Asociación Galega de BTT xunto con representantes de Comunidades de Montes, Federación de Caza, Asociación da Liga de Moto de Campo, Federación Galega de Orientación e o Axente Forestal da zona de Vigo, coa moderación e mediación de Daniel Benavides, Xefe de Servizo da Propia Secretaría en Pontevedra.
Asistiamos a dita xuntanza coa esperanza de poder comezar a buscar solucións a un problema que está a ter consecuencias gravísimas posto que xa causou unha lesión medular gravísima a un afeccionado ó BTT. O resultado, por contra, foi totalmente desesperanzador i esta Asociación ven de comunicar que se "levanta da mesa" e abandoa o proxecto polos motivos seguintes:
En primeiro lugar cremos que pola orientación que se lle está a dar á iniciativa o único ente con capacidade para representar ó colectivo ciclista é a Federación Galega de Ciclismo. A mediación da Secretaría Xeral para o Deporte e a participación de presidentes doutras federacións así nolo fai ver a todas luces.
Por outra banda as conclusións que sacamos da reunión mantida este sábado son tremendamente decepcionantes:
- Fumos O ÚNICO COLECTIVO CAPAZ DE FACER AUTOCRÍTICA con exemplos concretos e asumindo responsabilidades. Feito de especial relevancia cando somos o único COLECTIVO QUE ESTÁ A SUFRIR VIOLÉNCIA (xunto cos afeccionados ó motociclismo).
- Non percibimos nin a máis MINIMA VONTADE DE DIÁLOGO. A proposta desta Asociación de poñer en coñecemento dos representantes dos outros colectivos as demandas do colectivo propio para tratar de correxir conductas e traballar en positivo entre todos foi rexeitada de plano polos representantes das Comunidades así como polo mesmo mediador, o señor Benavides.
- Resulta tremendamente indignante a intención da Presidenta da Comunidade de Montes de Valladares de se presentaren como vítimas dun suposto "linchamento mediático" e pedindo diálogo. Diálogo que primeiro rexeitan opoñéndose á nosa proposta e remitíndonos a que acudamos ás súas asambleas, e despois reclaman para sí sen contido. Non se trata dun "enfermo que se lles colou" (expresión da propia Presidenta), o problema ten unha magnitude moito maior, se se tratase dun único individuo perigoso os nosos montes non estarían hoxe sementados de trampas mortais como se estivesemos en Saigón en plena Guerra do Vietnam.
Agrava
esta postura da Presidenta o feito de que nin o comuneiro nin os tres
operarios imputados por un delito de lesións graves fosen sancionados
nin apartados de ningún xeio e continúen a exercer as súas funcións e a
traballar no monte en man común con total normalidade.
- O cumio do despropósito foi ter que escoitar ó Axente Forestal de Vigo, Ezequiel Fernandez, POÑENDO EN DÚBIDA O INFORME POLICIAL sobre o atentado contra Diego no Monte Alba. "Eso está por ver" foron as súas palabras concretas cando citamos a parte de dito documento onde se afirma que a pedra foi colocada "de xeito malintencionado".
A
conclusión da xuntanza foi a de organizar unha "mesa de traballo" co
fin de elaborar un "código de boa praxe" no uso recreativo dos montes en
man común, que pretende limitar dito uso (que nunca tivo limitación) e no que nin o colectivo
motociclista nin o ciclista, principais afectados, estarán representados.
Queremos
salientar que se está a "vender" ós comuneiros nas asambleas o TEMOR
FALAZ E TENDENCIOSO de que se a algún ciclista lle pasa algo no monte ós
comuneiros "lles cae un paquete", intención que se trasluciu xa no
debate e que puidemos confirmar máis tarde con algún comuneiro. Neste
punto a nosa Asociación quere remarcar que a responsabilidade dos
comuneiros segundo o noso dereito é unha responsabilidade por culpa,
o que se traduce de xeito sinxelo no exemplo de Diego: a comunidade de
montes poderá ser condeada porque un comuneiro colocou unha pedra "de
xeito malintencionado" para lesionar ó ciclista, e nunca porque o
ciclista sufra unha caída de xeito fortuíto.
Todo isto non quere dicir que nos deamos por vencidos. Seguiremos loitando porque montar en bici en Galicia non sexa un deporte de risco!
chenlili20160701
ResponderEliminarlouis vuitton outlet online
jordan 11
kevin durant shoes 7
michael kors outlet
michael kors outlet
louis vuitton outlet stores
michael kors outlet
michael kors handbags
michael kors purses
coach outlet canada
michael kors handbags
adidas superstar trainers
fitflops shoes
kate spade outlet
nike sb dunks
michael kors outlet online sale
juicy couture
abercrombie and fitch
louis vuitton
louis vuitton outlet
ray ban sunglasses outlet
tory burch outlet online
oakley outlet
coach outlet store online clearances
coach outlet clearance
nike outlet
true religion jeans
nfl jerseys wholesale
louis vuitton outlet
adidas originals shoes
coach factory outlet online
louis vuitton outlet stores
coach outlet
adidas shoes
air jordan shoes
christian louboutin shoes
voir ceci site Web dolabuy.su visitez le site Fendi Dolabuy site officiel dolabuy.ru
ResponderEliminar