A finais do mes pasado, concretamente o día 30 de marzo, a ASCIGA tivo a ocasión de estar presente na inauguración dunha das novas rutas BTT das que, por fortuna, comezan a poboar o mapa da nosa terra. Tratábase da I
Ruta BTT Cidade de Pontevedra, a cal tiña a súa saída no mesmo centro da
capital do Lérez, en plena avenida Montero Ríos e o seu espectacular marco
arquitectónico. Ademáis, un euro da inscripción ía destinado a unha causa solidaria. Todo un acerto por parte do CC Farto, que viñera traballando
arreo en montar todo aquel circo.
Esta ruta BTT presentou dous aspectos organizativos
novedosos e que non queremos pasar por alto:
Por unha parte tratouse dunha Ruta BTT organizada case única e exclusivamente a través de redes sociais (Facebook). Á marxe das tradicionais pegadas de carteis alá onde chegase un membro da organización, o “boca a boca” e as reportaxes en prensa, radio e televisión, o núcleo do traballo organizativo e informativo para os participantes xestionouse a través da plataforma Facebook, cun perfil creado específicamente para o evento. Neste senso, e dende a nosa humilde opinión, sobre todo en atención a outros clubes que decidan facer o propio, débense por en alza varias cuestións sobre este modo de organización:
-
O aspecto plausible da idea reside, fronte ós tradicionais foros e páxinas,
no modo máis dinámico e cercano que outorga ós participantes entre sí e de
correlacionarse coa organización, sendo coñecedores case instantáneamente dos
traballos e novidades da Ruta así como de poder facer suxerencias en tempo real.
Algo no que porfiou ben a organización da Ruta BTT Cidade de Pontevedra, xa que
á marxe da información que periódicamente iba colgando no perfil foise
respondendo correcta e puntualmente ás dúbidas formuladas de xeito privado. Sen
dúbida, o que cabilou na posibilidade de empregar o Facebook como cartel da
ruta atinou posto que as ferramentas desta rede social multiplicaron a difusión
do evento.
-
Un posible aspecto negativo deste modus operandi estivo no feito de que,
quizáis por mor da magnitude do evento e o cuantioso traballo sobre o terreo, o
perfil de Facebook desta Ruta non sempre era constante nas publicacións e ás
veces daba imaxe de pouco coidado nas formas. E a nosa non era unha opinión
illada. Ainda que se trate dun evento de ocio, non deixa de ser a imaxe dunha
organización baixo cuia responsabilidade ían a quedar centos de persoas que
participan nese evento e que gustan de ver seriedade nos que “mandan”; e as
presas por colgar a información e ter actualizado o perfil non deben desmerecer
o traballo no monte, ainda que este sexa o importante de verdade e que, como
máis adiante reiteraremos, foi impecable. Ninguén é perfecto, e moito menos na
primeira ruta.
Outra das novidades que presentou a I Ruta BTT Cidade de
Pontevedra, foi precisamente o feito de implantar unha ruta oficial para a
cidade capitalina. Iniciativas que dende a ASCIGA sempre aplaudiremos. A
organización, dito claramente, botoulle un par do que lle había que botar e,
cos papeis en man e as desbrozadoras e eixadas ó lombo, puxéronse a ello cos
trámites administrativos e traballaron arreo para que a súa cidade tivese unha
ruta BTT como mandan os cánones. Ben é certo que o percorrido era en parte herdeiro
do da Ruta do Pichinela, celebrada en 2013 e á que pasa a suceder, pero o
traballo de organización, o poder de convocatoria e, sobre todo, o éxito final desta
de 2014 superou con creces o da súa precedente.
Así as cousas, recollidos os dorsais, este que escribe realizou un breve quencemento pola avenida Montero Ríos; un espazo que, naquela fría mañá, xa se atopaba repleto de bikers que lle daban ó palique animadamente, apuraban os últimos tragos dun agredecidamente quente café ou facían os derradeiros axustes na montura. Colocado na saída, os participantes fóronse agrupando tralo arco conformando unha masa multicolor que se extendeu por ducias de metros. Non era de extrañar pois a participación roldou o millar de bikers, vidos de tódolos recantos de Galicia e máis alá.
Unha vez en marcha, o enorme grupo de bikers fixemos un
percorrido de apenas un par de quilómetros polas rúas de Pontevedra, entre os
aplausos, os ánimos e os berros dos pontevedreses que saían á rúa e ós balcóns
a pesar do ceo gris, case negro, que ameazaba con choiva.
Non tardamos en adentrarnos nos montes que rodean a
cidade, como tampouco tardou o terreo en comezar a empinar cara arriba. Os
cambios comezaron a ruxir e as cadeas a escalar piñóns. A ruta estendíase agora
por unhas interminables subidas, maioritariamente por pistas anchas, doadas de
rodar pero que ían mallando as pernas, pero tamén por algún ‘single track’,
que nos obrigou a pornos ‘de a un’, e
puntuais zonas técnicas, nas que pernas, cambios e riñóns se vían necesitados
de coordinación para superalas. Na parte traseira, dada a cantidade de xente,
produciuse algún embotellamento, se ben foron anecdóticos e sen excesivas
demoras para os implicados. Pasaban os quilómetros e, a pesares da presencia
dalgunha zona de descanso máis levadeira (que aínda así picaba cara arriba), o
terreo continuaba a ser maioritariamente de ascenso sen tregua. Adiante, o
ritmo era forte xa que pronto dei en rodar en solitario e os bikers que me ía
atopando polo camiño cada vez eran menos. Foi nesas cando, de xeito coordinado
coas primeiras pingas de choiva, previo paso pola contorna do lago Castiñeiras
e á beira do quilómetro 18, alcancei o avituallamento.
Coas forzas renovadas, aínda coa auga caindo do ceo e sen chuvasqueiro (dadas as miñas optimistas e erróneas expectativas meteorolóxicas), arranquei de novo. Despois dun pequeno ascenso, o percorrido da ruta pasaba a converterse un terreo rompepernas con subidas e baixadas que lle ían dando ese ‘toque’ a unhas pernas que, polo de pronto, respondían ben. Pista ancha con algunha zona rota por mor das choivas invernais, que outorgaban un rodar moi agradecido con puntos de certa rapidez despois de tanta subida. A choiva xa cesara e, logo do segundo pase pola zona do lago Castiñeiras, pronto comezamos a recoller os froitos da subida e a atoparnos con baixadas, algunhas de auténtica vertixe. Trialeras con lama, cortalumes dos que non se ollaba o final por mor da néboa, baixadas por zonas empedradas... Todas sinaladas de xeito impecable, coas pertinentes advertencias, e sempre con membros da organización prestos a axudar, dando ánimos e facilitando a información precisa. Nalgún caso acompañados de veciños do lugar que non dubidaban en aplaudir ós valentes que le lanzaban por alí abaixo como alma que leva o diaño ou con berros: “¡Dálle, dálle!” “¡Que non vos vexa eu parar!”.
Despois da zona de baixada percorremos unha zona de pisteo
que nos conduciu ata a pista de asistencia á autovía. Uns quilómetros moi
rodadores e que as pernas, aínda estupefactas coas baixadas que viñan de deixar
atrás, agradeceron coma auga de maio e nos dirixiron cara unha zona asfaltada,
preludio da entrada en Pontevedra e do consecuente final de ruta. Alí, en plena
avenida Montero Ríos, apenas había uns cantos bikers certificando que a miña
posición fora realmente boa, entre os 10 primeiros bikers. A medida que os
demais participantes ían chegando o ambiente, entre caras enlamadas, lavados de
bicis e uns pinchos, era puramente festivo, corroborando que a I Ruta BTT
Cidade de Pontevedra fora un éxito.
No que atinxe ó trazado, a única pega que poderiamos
poñer é que un pico de dureza a maiores non estaría de máis (algo no que moitos
recordaron a antecesora Ruta do Pichinela), sen que elo debese supoñer un
obstáculo insalvable para os que van máis xustos de forzas. Tamén poderiamos
apuntar o feito de que toda a subida se acumulase ó principio da ruta e toda a
baixada cara o final; claro que nesta circunstancia xa entran non só os gustos
de cada un senón tamén a holografía do terreo.
En calquera caso podemos dicir con toda satisfacción que,
por fin, a capital ten unha ruta BTT digna do seu nome. Lograr o millar de
participantes na primeira edición é todo un hito. E todo gracias ó traballo
levado a cabo polo CC Farto. Agardamos que repitan o ano que vén (tamén o
pastel de chocolate) porque, se así é, os afeccionados ó BTT non dubidaremos en
estar alí de novo.
Crónica: Luís M. Martínez.
chenlili20160701
ResponderEliminartoms wedges
oakley canada
coach factory outlet online
michael kors outlet clearance
instyler max
celine bags
coach factory outlet
true religion outlet
vans shoes
coach factory outlet
longchamp le pliage
oakley outlet
celine bags
adidas nmd
kd 8 shoes
rolex watches
tiffany jewelry
polo ralph lauren
louis vuitton outlet
oakley sunglasses outlet
hollister clothing
kate spade handbags
coach outlet
coach outlet
coach factory outlet
louis vuitton
nike uk
adidas running shoes
nike roshe run women
burberry bags
louis vuitton handbags
nike trainers women
coach factory outlet
nike running shoes for women
louis vuitton outlet
nike air max uk
cheap jordans
oakley sunglasses outlet
o7o76j7n70 t9i70w7q55 s4z10g1m43 p0b07d5c90 y3v91c7o28 v6b95h8n03
ResponderEliminar