viernes, 27 de septiembre de 2013

María Seguí, explicación ou dimisión!



Asqueado, indignado, enfurecido, vilipendiado… pero non sorprendido.


Como algún de vos saberá, esta mañá atendín telefónicamente unha chamada de “Aquí Galicia”, programa da Radio Galega, que nos pedía a opinión da ASCIGA ó abeiro dos datos que ven de presentar a DXT por voz da súa Directora Xeral.


Da conversa non se emitiu nin a metade baixo o pretexto de que o sinal do meu móbil non era bo. Casualmente non se escoitou a parte na que “metía caña” á DXT, pero iso contámolo outro día.


 A chamada me pillou lonxe da casa e me sorprenderon as cifras que me comentaba a xornalista, de modo que ó chegar o meu domicilio procurei contrastalas cos nosos arquivos. Non me sorprendeu o que me atopei, pero si a falta total de habilidade coa que estes fariseos tratan de enganarnos. Velaí vai o INFORME ASCIGA:




Esta imaxe está sacada do PDF que a DXT publicou o pasado mes de xaneiro. Na presentación ampulosa destes datos aparentemente positivos (xa temos comentado no blog a interpretación tendenciosa dos mesmos realizada pola DXT) o Ministro de Interior comezaba a “rompernos a cabeza” coa TEIMA DO CASCO, preparando o terreo para o ataque que estamos a sufrir día tras día nos medios e, previsiblemente, no novo Regulamento Xeral de Circulación.


As palabras do Señor Fernández Díaz resultaron para nós tremendamente dolorosas, máxime tendo en conta que aínda estaba quente o cadáver de Cristóbal Hermida, falecido en Ponteareas o 4 de xaneiro, e que perdera a vida debaixo dun camión CO SEU CASCO BEN POSTO.




Máis tarde coñecemos que se estaba a preparar un proxecto de Regulamento Xeral de Circulación. Outro despropósito destes “sepulcros brancuxados”. Fixemos unha ampla análise no noso blog (I, II, IIIIVV), pero como paradigma queda o comentario ó preámbulo (I) que establece falazmente como fin do proxecto a: “priorización del uso de la bicicleta”, quedando estas fermosas palabras reducidas a cinzas en canto nos metemos en materia reguladora.



Levamos demasiado tempo agardando unha soa medida destinada a lograr o respecto da vida do ciclista por parte dos restantes condutores, xa temos manifestado que NON QUEREMOS MÁIS XENTE NA CADEA POR HOMICIDIO IMPRUDENTE, queremos algo máis doado: RESPECTO. I este respecto ten que comezar pola propia DXT e os seus axentes. É sobre eles sobre quen cae o peso de cada vida perdida; a eles lles corresponde comezar dunha vez e para sempre a erradicar a VIOLENCIA VIARIA que sofre o ciclista a diario.



Imos agora á chicha: MARÍA SEGUÍ MINTE DESCARADAMENTE

Unha Directora Xeral facendo publicidade a unha marca? Neste país non sorprende, non sí?

Vos acabamos de amosar a imaxe dos datos que a DXT presentaba o pasado xaneiro: fixádevos na liña que pon BICICLETA 33 / 47, son os falecidos en 2011 e 2012. Trinta e tres e corenta e sete. XXXIII e XLVII, 33 e 47, cómo máis os escribo?


Onte a Dra. María Seguí deu unha rolda de prensa na que, obviando a estúpida e pouco afortunada comparación co accidente de Angrois, expoñía os que, supostamente, son os datos de falecidos dos últimos anos. Máis abaixo deixo o enlace pero permitídeme agora que o expoña así: lembrades aquel 33/47? Pois agora, en outubro, se transforma misteriosamente en 49/72. Sorprendente? Meditade un anaco. 













  
Qué burrada! Digoo así porque só un burro pode tratar de enganar así a unha persoa medianamente intelixente.


Obviamente a Dra. Seguí, Directora Xeral de Tráfico (esperemos que por pouco tempo), trata de amosar unha tendencia á baixa de vítimas a principios do ano próximo e, en lugar de traballar arreo para conseguilo, manipula os datos publicados anteriormente. Afortunadamente non estamos nunha novela de Orwell e existen as hemerotecas e o arquivo da ASCIGA.



Non vale como explicación que a Dra. Seguí descoñecese estes datos xa que pertencen a un informe que a Dirección Xeral que ela dirixe publicou o pasado xaneiro.


Non nos sirve que se trate dunha actualización de datos, por dous motivos:


 1.- Non se coñecen novos sinistros de 2011 durante o 2013, dous anos despois.


 2.-Por outra banda, e como xa temos criticado, SÓ SE COMPUTAN OS FALECIDOS NAS 24 HORAS SEGUINTES Ó SINISTRO.




A Directora Xeral de Tráfico MINTE DESCARADAMENTE. Trata de enganarnos e de camuflar a súa ineptitude e a do organismo que dirixe, e quén sabe qué escuras e mercantís intencións. Pero aquí, ó revés do que ocorre co resto da “calaña” política deste país, non se trata de cifras de paro, nin do cálculo do déficit… son vidas, MOITAS VIDAS SOBRE A MEMORIA DAS QUE MARÍA SEGUÍ ACABA DE CUSPIR.



Escribimos isto aquí porque, despois da desagradable EXPERIENCIA DE CENSURA sufrida esta mañá na Radio Galega, non confiamos en que ningún medio de comunicación se atreva a petar á porta de quen corresponde. Nós si o faremos, queda prometido, PORQUE ESTAMOS FARTOS!



Nada máis por hoxe, desfrutade da fin de semana e, como sempre, lembrade: coidádevos aí fora que a DXT non pode conducir por eles!


7 comentarios:

  1. ¿Qué vos parecería comezar unha petición de firmas?

    ResponderEliminar
  2. Estamos tratando de difundir a información ó máximo nivel e trataremos de que María Seguí nos dé as explicacións pertinentes, antes de pedir a súa dimisión. Podería ser una iniciativa interesante, valorarémola.
    Gracias pola idea e pola atención. Quedamos, coma sempre á vosa disposición. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Eu pensaba mais nunha recollida de firmas pra que se protexa e se respete máis a figura do ciclista no próximo Regulamento Xeral de Circulación.

    Un saudo e grazas polo tempo invertido na defensa dos ciclistas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Comezamos a traballar en xaneiro, a ASCIGA é moi recente. Cando nos enteramos de que se estaba a preparar o proxecto de Regulamento era tarde. Xa no trámite parlamentario procuramos facer chegar ó Congreso algunha idea importante mediante UPyD, que foron os únicos que nos atenderon.
      Temos a ilusa esperanza de que o escándalo que ASCIGA acaba de destapar dea ó traste, ou polo menos retrase para o seu estudo, un Regulamento que pretende marxinar aínda máis ó ciclista nas estradas e rúas.
      As gracias a vós, nos gusta o que facemos, e que estedes ahí nos da forza para seguir loitando polo beneficio de todos!

      Eliminar