Son moitos os problemas que suscita a circulación con
bicicleta polas estradas, en concreto resulta moi preocupante o número de
ciclistas falecidos e que esta sexa a única cifra que continúa a medrar sen que,
aparentemente, a administración tome medidas co obxetivo de recurtala.
O que habitualmente sae coa súa compañeira á estrada é bo
sabedor de que un dos problemas máis conflictivos son os arcéns non practicables. É sabido que o ciclista debe circular polo
arcén “cando este sexa practicable”. Pero a falta de practicabilidade desta parte da calzada é unha circunstancia que
case sempre escapa á percepción dos conductores motorizados que ven: un arcén
pavimentado de metro e medio, e un ciclista “insolente” que ousa ocupar parte do seu carril, sen percatarse
das condicións reais daquela parte da calzada, condicións tales como:
gravilla, cristais, tornillos e pezas de vehículos, animais mortos, latas de refrescos, barras
de Aluminios Cortizo, etc… Todos estes obxetos están presentes en certos tramos
dos arcéns e impiden unha circulación segura para o ciclista.
Non obstante quero facer hoxe unha breve reflexión acerca
dos OLLOS DE GATO, inseparables amigos do ciclista na estrada ós que hoxe lles
toca recibi-la miña humilde crítica.
Ollo de gato é o nome coloquial que recibe esa peza
reflectante que se coloca pegada ó asfalto a carón da liña que delimita o
carril e que serve para tratar de evitar posibles saídas de vía durante as
horas con menos luz, e que o Regulamento Xeral de Circulación denomina sinais de
balizamento horizontais.
Estas balizas foron inventadas en 1933 polo británico Percy
Shaw, quen, viaxando no seu coche unha noite escura puido evitar unha saída de
vía gracias a que as luces do seu vehículo se reflectiron nos ollos dun gato á
veira da estrada.
A peza orixinal ten dous reflectantes redondos que semellan
os ollos dun gato. Trátase de dúas esferas de vidro adheridas a unha peza de
goma que se deforma ó paso do tráfico, todo rodeado dun borde de ferro que
facía, ademáis, unha función semellante á de unha banda sonora (non confundir
con BSO). Existe un caso documentado en 1999 no que se produciu a morte dunha
persoa polo desprendemento dunha destas pezas e o posterior impacto na súa
cara. Isto provocuo que paulatinamente se fosen substituíndo polo modelo de
plástico que podemos ver nas nosas rúas.
A súa colocación non é inútil, cumpren unha función
esencial e importante, e aínda que moitas veces non nos percatemos da súa presencia
cando conducimos motorizados, sí que son eficaces á hora de delimitar as
dimensións do carril durante a noite; e non se pode negar que claquera medida
que aporte seguridade debe ser valorada positivamente.
Problemas que
observamos:
Inobservancia. Como queira que sexa os nosos protagonistas de
hoxe acaban desaparecendo dos seus emprazamentos. A qué pode ser debido? Obviamente
ó paso do tráfico motorizado. Este sí é un tema preocupante, se os ollos de
gato saltan polos aires e desaparecen só se pode deber a un motivo: os conductores
motoriazados, eses que pasan pitando indignados e desafiando o 1,5m de
seguridade cando o ciclista invade o carril, ocupan “algo máis” que o espazo
que teñen reservado á súa circulación invadindo o arcén e producindo así o
desprendemento destas sinais de balizamento. Esto pode deberse a diferentes
motivos, como por exemplo a un despiste, a unha manobra evasiva ou a aqueles que
gustan de corta-las curvas (ojo se cierra ras!).
Ineficacia. De non saír voando, os ollos “superviventes”, non
sempre cumpren coa sua función xa que en non poucas ocasións perden as pezas
que reflicten a luz dos faros convertíndose nun obxeto inherte a efectos de
seguridade vial.
Duplicidade. En bastantes das nosas estradas a revisión destes
instrumentos de seguridade por parte da administración se limita a colocar unha
nova ringleira deles sen retira-los vellos (tal como se ve na imaxe seguinte), o que nos leva ó seguinte punto.
Perigo. Debido á zona onde están situados (a máis próxima á
liña que delimita carril e arcén) atópanse na zona de tránsito ideal do
ciclista xa que é a que menos suciedade acumula e por iso supón, non so un
importunio, senón tamén un perigo para éste.
Circulación en grupo. É unha circunstancia agravante. Cando varios ciclistas circulan en grupo (ben sexa en liña ou en paralelo) surxe un
problema engadido. Evidentemente o que “tira do grupo” (o primeiro) ve
perfectamente calquer obstáculo que se aproxima. Para aqueles que non adoitedes
saír en grupo, sabede que normalmente o que “goberna” o grupo avisa ó que o
segue con un sinxelo xesto e así sucesivamente cando se achega un obstáculo co fin de poder evitalo; isto non sucede así cos ollos de gato xa que (entre outras cousas) case non
poderiamos suxeitar o manillar pola proximidade á que se atopan entre sí. Como
consecuencia as posibilidades de que unha das unidades que circula no medio do
grupo se “coma” todos os ollos de gato é moi alta co conseguinte perigo para
él, para o grupo e para a circulación en xeral.
Polo dito ata o de agora os ollos de gato cumpren unha
función na seguridade das nosas vías. Pero ó mesmo tempo xeneran un perigo para
unha importante parte dos seus usuarios. Logo non estaría de máis votar un
vistazo e revisar os nosos arcéns.
Propostas:
O obxecto do balizamento horizontal é tratar de evitar as
saídas de vía nas zonas pouco iluminadas, logo a primeira idea sería revisar se
é precisa a súa colocación nas zonas suficientemente
iluminadas.
Un segundo paso podería ser valorar a necesidade da súa
colocación ao longo de toda a vía e ver se se podería limitar únicamente ás
curvas, cruces e todos aqueles lugares onde pode resultar complexo distinguir
por ónde discorre o noso carril cando circulamos motorizados de noite, eliminándoos así das rectas, por
exemplo.
Xa como esixencia fundamental estaría a de eliminar todos
aqueles que xa non cumpren a súa función
polo deterioro sufrido co paso do tráfico motorizado e, sobre todo, evitar a
colocación de novos instrumentos sen eliminar
previamente os vellos.
Ó marxe do dito existe unha solución ideal para todos. Ven
de presentarse un proxecto en Holanda gañador do premio ó “Mellor concepto
futurista” nos premios de deseño de aquel país (Dutch Desing Awards). Se trata
da construcción dunha vía “intelixente” que se comezará a construir este ano.
En concreto, a parte que nos interesa deste proxecto é a
relativa á pintura. Consiste en substituila
pintura existente por unha con un alto contido en novos materiais capaces
de capta-la luz do día, almaceala e ila liberando ós poucos durante a noite, de
forma semellante ó material “luminova” que se usa nos reloxos de pulseira e que
permite mirar a hora na escuridade. Se cadra non é o momento máis axeitado para
plantexar ideas deste tipo que supoñen un gasto para a administración, ou si, trátase de salvar vidas e como dicía o famoso anuncio de Frigo: “a vida é
cuestión de prioridades”.
balenciaga
ResponderEliminarmoncler outlet
coach factory outlet
nike outlet
nike air vapormax
cheap jordan shoes
hermes
jordan retro
nike air max 97
golden goose
xiaofang20191216
click to find out more replica designer bags wholesale get more replica louis vuitton look at here replica designer bags wholesale
ResponderEliminaryou could try here replica designer bags read the article description navigate to this web-site my link
ResponderEliminarl9a32x3e09 b6p43a5l43 i5w34q4u70 r8d17r8z80 w3x12n3c72 z3f12g9m02
ResponderEliminar