miércoles, 27 de febrero de 2013

Mexan por nós, imos dicir que chove?


Van alá dous meses deste 2012+1. Apenas 60 días e xa podemos afirmar que o traballo levado a cabo pola DXT foi ineficiente. Pero non imos criticar a actuación da administración de xeito abstracto, se trata dun tema moi serio e merece un estudo acorde, dentro das nosas limitacións.
Estas son as propostas da DXT dende o primeiro de xaneiro:

1.- Nada máis comeza-lo ano o Ministro de Interior do noso Goberno comparecía ante os medios co gaio de presenta-los datos das vítimas de accidentes de tráfico do pasado ano. Xa comentamos no noso blog en pasadas publicacións a interpretación tendenciosa daqueles números por parte da DXT. Hoxe queremos lembrar que nesa comparecencia o señor Ministro aprobeitou para anunciar que se incrementaría o control sobre o uso do casco por parte do colectivo ciclista. Unha práctica que, en palabras do Señor Fernandez Díaz, de estar máis extendida, redundaría nunha disminución das vítimas mortais.
Logo a primeira proposta do Goberno foi O USO DO CASCO.

2.- Fai uns días puidemos ler nalgunha publicación na rede que a DXT pretendía aumenta-lo número de sancións polo transporte inaxeitado de bicicletas nos automóviles. Isto é, aquelas situacións nas que se transporta unha bicicleta na parte posterior do vehículo, cos asentos abatidos e ser ir suxeita por ningún tipo de arnés. Circunstáncia que xenera un claro e grave risco de sufrir lesións en caso de colisión ou mesmo dun frenazo brusco.
A segunda proposta se referiu ó TRANSPORTE AXEITADO DE BICICLETAS.

3.- Para rematar, onte coñecemos que a nova idea da DXT para tratar de frear o número indecente de vítimas ciclistas que temos neste país non é outra que a obriga de obter un permiso ou licencia por parte do ciclista para poder saír á estrada. A Directora Xeral de Tráfico, María Seguí, afirmaba que lle preocupa a “deficitaria educación viaria” da nosa poboación.
Por fin, a triloxía de propostas da DXT se pecha coa instauración dun CARNÉT PARA CICLISTAS.

Ahora imos analizar o problema dende o punto de vista fáctico, é dicir, mentres a DXT nos fai estas propostas, trataremos de resumir o que está a pasar nas nosas estradas do seguinte xeito: o que máis nos preocupa na ASCIGA, como non pode ser doutro xeito, é a seguridade do ciclista, e posto que, en apenas dous meses levan falecido oito compañeiros debaixo das rodas dalgún vehículo, trataremos de valorar se as medidas que propón a DXT aportarán maior seguridade a este colectivo. Algúns expemplos:
-   - Cristóbal Hermida: levaba casco, o xeito de traslada-la bicicleta “non nos consta”, coñecía as normas e circulaba correctamente. O camioneiro “supostamente” cegado polo sol ebisteuno dende atrás.
-   - Rebeca Borrás: circulaba en casco urbán, o xeito de traslada-la bicicleta “non nos consta”, coñecía as normas e cruzaba un paso de cebra aberto para ela. O homicida circulaba de forma temeraria, con exceso de velocidade e se atoparon alcohol e drogas nas análises realizadas.
-   - Jorge Aguilera: descoñecemos se levaba casco, o xeito de traslada-la bicicleta “non nos consta”, coñecía as normas e circulaba correctamente. Un mozo de 20 anos o atropelou co seu VW Golf.
-   - Anónimo, 31 de xaneiro na A2. Descoñecemos se levaba casco, o xeito de traslada-la bicicleta “non nos consta”, coñecía as normas e circulaba correctamente. No atestado consta que foi atropelado.
-   - Dous ciclistas atropelados en Málaga. Levaban cadanseu casco, o xeito de traslada-la bicicleta “non nos consta”, coñecían as normas e circulaban correctamente. O homicida, en prisión preventiva, circulaba baixo os efectos do alcohol e realizou un adiantamento sen respetar ós ciclistas levándoos por diante.

Algunhas reflexións a modo de conclusión:

Para ir por orde, en canto ó USO DO CASCO, vemos que na maioría dos casos analizados os falecidos iban protexidos por ese “pedazo de PVC”, sen embargo non lles serviu de nada. Poida ser que nalgún caso poida servir ós fins da DXT para sumaren menos vítimas mortais ou ben para que estas soporten ese prazo noxento e macabro das 24h tralo accidente que lle permite ó director de tráfico de turno sumar unha vítima menos, como se despois dun día o falecido xa non fose persoa.
En concreto na ASCIGA nos preocupa únicamente que non nos pasen por enriba, a gravidade das lesións e o efecto sobre esta que poida ter o uso do casco o consideramos unha cuestión marxinal.

No tocante ás medidas para asegurar un TRANSPORTE AXEITADO DA BICI, sí afirmamos rotundamente que é un tema importante na seguridade viaria. Resaltamos neste senso os esforzos realizados no pasado por outras asociacións para conseguiren por parte do goberno anterior a homologación dos instrumentos de tansporte portátiles que se sitúan na parte traseira do vehículo e que garanten un transporte seguro.
No que atingue á proposta da DXT, valoramos a preocupación por un tema importante e que, sen dúbida, xenera perigos, pero non coñecemos ningún caso documentado de lesións por este tipo de imprudencias (que os haberá, sen dúbida) e, sobre todo, nos casos que vimos de analizar non é unha circunstancia que xogase un factor decisivo nos falecementos dos nosos amigos.

Como vemos, en ningún dos casos existen indicios de que as vítimas falecidas incumpliran a normativa de circulación. Logo para qué a esixencia de un CARNÉT CICLISTA se, por unha banda non se pode acreditar en modo algún que sexan o descoñecemento ou a inobservancia das normas por parte do ciclista as causantes dos sinistros, e por outra, máis importante, sí queda acreditado que son aqueles conductores que sí teñen carnét os que incumpren as reglas.

Neste senso queremos incluir na nosa reflexión o comentario que un amigo (que non ten bici) nos facía o outro día: Non dá que pensar que as autoescolas se publiciten como as que teñen máis aprobados á primeira no canto de facelo como as que mellor ensinan, ou as que teñen os alumnos con menor índice de sinestralidade? (Gracias pola aportación Ross).

Para rematar unha anécdota. Porque en ocasións unha imaxe vale máis que mil palabras. Días atrás publicaba El Correo Gallego unha nota de prensa remitida polo noso triatleta Iván Raña, na que relataba cómo un conductor, ignorando totalmente as normas de circulación, non só os puxera en perigo a él e ós seus acompañantes, senón que deixaba patente a súa ignorancia das normas que permiten ós ciclistas circular en paralelo (teneis que ir de a uno, que lo dice el “librillo”), e como nota de orixinalidade os ameazaba con unha zapatilla na man. Éste tipo de comportamentos están presentes a diario nas estradas e son os que provocan todas estas mortes, e non, baixo o noso punto de vista, que o ciclista leve ou non casco, que circule correctamente, ou que use unha baca para transporta-la bicicleta.

1 comentario: