O pasado día 17 de febreiro no marco da festa
gastronómica do Lacón con grelos celebrouse en Cuntis a II Ruta do Lacón de
BTT. Unha edición á que acudiron arredor de 800 bikers animados polo éxito da
anterior edición e sen que o chuvioso tempo supuxese inconveniente algún. Todo o
contrario, a auga que caía do ceo púxolle á cita un punto épico ó que os
presentes, dende o máis novo ó máis vello e dende os profesionais ós noveles, se
negaron a renunciar. E, como non podía ser doutro xeito, a xénese da ASCIGA
estivo presente.
Na travesía polos montes acompañounos un dos grandes do ciclismo galego actual, Gustavo César Veloso; o percorrido resultou moi entretido con sinuosos trazados en cada tramo
e con nutridos avituallamentos, cunha ruta longa (45,37 km segundo o noso
contaquilómetros) e unha curta (de arredor de 30 km ), de menor dificultade
física. Unha saída e primeiros quilómetros moi concorridos polo grande número
de participantes, e cos inconvenientes propios desa circunstancia, a medida que
o grupo se foi estirando o estupendo trazado deseñado polo CDM Xesteiras
mostrou todo o seu esplendor, obligando ós bikers a dar o mellor de sí, sobre
todo na ruta longa. O entrecruzamento da ruta curta coa longa producía pequenos
embotellamentos pero permitía personalizar o percorrido ó gusto do
“consumidor”, é dicir, á medida de cada un dos participantes segundo como fosen
respondendo as pernas.
¿Qué nos atopamos no percorrido? Pois o ceo
ameazante de choiva foi unha constante durante toda a xornada e inclusive
chegou a caer algunha pinga pero, por fortuna, non chegou a descargar de forma
persistente. Así as cousas, despois da selectiva subida inicial o percorrido
levounos por camiños polo alto dos montes da comarca, lama, cruces de regatos,
lama, subidas infernais, lama, camiños rotos a carón de ancestrais valos de
pedra, lama, longos tramos por camiños de monte, lama, algún tramo por entre
casas e, por suposto, unhas trialeras que culebreaban entre os pinos e
eucaliptos polas que, habida conta da lama que se formou na superficie, facían
que os bikers practicasen máis surf que BTT. Trepidante. Con moitas caídas (algunhas dolorosas) e coas típicas averías e estropicios,
pero trepidante. E con moita lama. Un final rompedor de constantes subidas e
baixadas que nos levaron de novo á vila termal para, con longas colas, poder
lavar as maltreitas bicicletas e desprendelas da densa capa de lama que as
cubría, pero coa satisfacción de ter completado un esixente percorrido. A cara
de sufrimento era común en moitos bikers, pero porriba desa circunstancia
estaba ese sorriso velado que lucía na faciana de todos como mellor expresión
dunha boa xornada de mountain bike polo monte galego e á que a peculiar
meteoroloxía galega non quixo faltar.
Non
podemos menos que agradecer e destacar o sobresaínte papel da organización do
CDM Xesteiras (www.cdmxesteiras.com), que
se superan cada vez que teñen entre mans unha ruta e que manexaron con
solvencia o enorme número de participantes, ós que asistiron en todo momento
con consellos, reparacións e incluso con rescates na auga. Como non todo é dar
pedais, hai que poñer en alza, dese mesmo xeito, o bo ambiente reinante, do que
quen subscribe estas liñas pode dar boa conta, que contribuíu a mellorar o
resultado final da ruta; unha Ruta do Lacón que, pese á súa xuventude, xa ten o
seu sitio no almanaque das rutas importantes.
chenlili20160701
ResponderEliminarlouis vuitton outlet online
jordan 11
kevin durant shoes 7
michael kors outlet
michael kors outlet
louis vuitton outlet stores
michael kors outlet
michael kors handbags
michael kors purses
coach outlet canada
michael kors handbags
adidas superstar trainers
fitflops shoes
kate spade outlet
nike sb dunks
michael kors outlet online sale
juicy couture
abercrombie and fitch
louis vuitton
louis vuitton outlet
ray ban sunglasses outlet
tory burch outlet online
oakley outlet
coach outlet store online clearances
coach outlet clearance
nike outlet
true religion jeans
nfl jerseys wholesale
louis vuitton outlet
adidas originals shoes
coach factory outlet online
louis vuitton outlet stores
coach outlet
adidas shoes
air jordan shoes
christian louboutin shoes
off white hoodie
ResponderEliminargolden goose
supreme
kd 12
cheap jordans
yeezys
longchamp handbags
yeezy boost 350 v2
supreme clothing
off white outlet
his explanation replica bags china site cheap designer bags replica important source Celine Dolabuy
ResponderEliminar