ASCIGA: Estamos xa pechando o 2016, e á hora de facermos repaso o primeiro que nos
ven á cabeza é o nome dunha vila, unha vila que despois do vivido neste ano que
remata xa todo o mundo do ciclismo saberá localizar no mapa, estamos a falar de
Maceda. A vila ourensá respira ciclismo e todo o acontecido alí ó longo da
tempada que remata da boa conta diso. Para falar de Maceda viñemos ata aquí a
falar con Xulio Conde e, en boa lóxica, o primeiro paso será saber quen é Xulio
Conde.
XULIO: Pois so, ou polo menos así me sinto,
un apaixonado do ciclismo en todas as súas disciplinas. Son case 30 os
anos que levo enriba dunha bici, dende que con 17 anos empecei a andar nela,
pero sempre desfrutando. Dende finais de
2004, metinme na tarefa de por en marcha unha Escola de Ciclismo dentro do CC
Maceda, e hoxe en dia, 12 anos despois, pois sigo metido nese fregado, no de
seguir xestionando non xa so a Escola, si non que tamén o equipo que se ten
formado con rapaces e rapazas da Escola. Aquelo que empezou como un pequeno
xogo, co paso do tempo foise convertendo en algo moito mais grande, pero sempre
sen perder a idea ca que xurdiu que non foi outra, que os rapaces e rapazas de
Maceda , puideran desfrutar xogando enriba dunha bici.
ASCIGA: Agora que xa todos coñecemos a Xulio (os que non o coñeciamos) imos tratar
de facer un percorrido con el a través da historia da Escola de Ciclismo J. A.
Hermida de Maceda utilizando imaxes, un pequeno experimento que veremos como
sae...
ASCIGA:Comezamos por aquí. Queremos que nos contes quen é este señor e que
significa para o CC Maceda.
XULIO: Pois J.A. Hermida, e oriundo de Maceda. Seus pais son desta zona, e
el dende pequeno soe vir a pasar algúns dias por acá, sobre todo en Nadal.
Coñecino cando el tiña 15 anos, e dende entón funo seguindo. Cando no ano 2004,
acadou a medalla de prata nas Olimpíadas de Atenas, pois pensei, que era un bo
momento, para por en marcha en Maceda unha Escola de Ciclismo, centrada un
pouco, no mundo do BTT, e así foi. Falámolo, e no mes de decembro, cando el viu
a Maceda, púxose en marcha o que hoxe en dia e a Escola JA HERMIDA.
ASCIGA: E como falamos dunha escola, hai cativos. Con cantos rapaces conta agora
mesmo a Escola? E dende que idades estamos a falar?
XULIO: A Escola empezou con 15 rapaces e rapazas, e hoxe estamos xa case en 80
repartidos entre as categorías de principiantes, alevíns, infantís, cadetes,
juniors... Algúns empezan con 5 anos.
Como nos, concibimos isto coma un xogo, pois entendemos, que aínda que
empeces tan pronto non lles vai supor nada mais, que o de poder xogar un par de
horas a semana enriba dunha bici, xunto con outros rapaces e rapazas.
ASCIGA: Parécenos interesante o xeito de traballar con eles, temos visto
vídeos e fotografías pero: como se programa o traballo con eles dende que
entran a formar parte da Escola e como se leva a cabo?
XULIO: Partimos da filosofía de que os rapaces e rapazas, nas idades nas que
forman parte dunha Escola, o que deben e simplemente xogar e divertirse enriba
dunha bicicleta. Nesas idades, o principal e traballar con eles conceptos como
o equilibrio, a técnica, habilidades,..... Con esta premisa e ca que
traballamos, e así o que facemos os monitores, e crear espazos, moi pensados,
nos que eles poidan a vez que xogan e se divirten, pois están desenrolando e
mellorando en técnica, en equilibrio, e noutras moitas habilidades.....
Pensamos , que e moi interesante, que os rapaces e rapazas , poidan xogar
xuntos, independentemente da súa idade, xa que por imitación , aprenden uns de
outros. Así nas horas de Escola, non os separamos en grupos de idades, e no
mesmo espazo, poden estar a xogar rapaces de 5 anos con outros xa non tan
rapaces de 19 anos our mais. Crease así un ambiente especial , no que uns se
axudan a outros, a vez que xogan .
Deste xeito , tamén se forxa , dende abaixo, o concepto de traballo en
equipo e grupo. Así cando xa chegan a
categorías como cadetes e júniors, e xa
empezan a ter que adestrar , pois podemos seguir facendoo como grupo, co que
deste xeito , todo e moito máis fácil para eles.
Todo comenza na Escola. Unha vez que chegan a cadetes, e si o que lles
gusta e o mundo da competición, pois pasan a formar parte do equipo . O equipo
, centra a sua actividade no BTT , e ciclocross. Esto e por cuestions de espazo
e infraestructuras. Pero tamén practican Estrada, Duatlon.... xa que o que
interesa nestas idades e que proben e vexan todas as disciplinas.
Para o funcionamento de todo isto, tamén e moi importante , a implicación
que os pais teñen na Escola e no Equipo. O grupo que logramos consolidar nestes
anos , non so e de rapaces e rapazas , si non que tamén de pais, formando así
unha gran familia.
ASCIGA: Comezamos a entrevista cunha imaxe con nome propio, retomamos aquel camiño:
podemos falar de “relevo”?
XULIO: Penso que si. Esta imaxe e moi importante e significativa. Foi o último
campionato do Mundo para Hermida como Elite, e o primeiro para Pablo como
Elite. Pablo, que dende hai uns anos compite co MMR, formouse e saiu da Escola
JA Hermida, ca que sigue mantendo unha moi estreita relación no dia a día,
compartindo moitas saídas de bici con eles.
Por iso que o relevo, e o herdeiro de toda unha lenda como Hermida teña
saído da Escola pois significa moito.
ASCIGA: Asumida a decepción que supuxo a non presenza nos Xogos de Río, como
podemos valorar a tempada de Pablo e como se presenta a vindeira?
XULIO: A temporada de Pablo ten sido
simplemente impresionante. Pablo ano a ano vai subindo un escalón e nunca ten
dado un paso atras. Neste ano, que se estreaba como Elite, subiu aínda mais. Eu
non diríra que a non presenza en Rio teña sido unha decepción ,anque penso que
por resultados si que tiña que ser escollido. A temporada que nos deu Pablo
,foi impresionante. Era un ano moi complicado para dar o salto a categoria
elite, xa que era ano olimpico, e todos os corredores, de todos os paises, iban estar moi fortes e competitivos para
acceder as Olimpiadas. E Pablo ,na sua
estrea na categoria tamen o estivo. Chegou facer top ten nun Mundial, e iso son
palabra maiores, chegou meterse varias veces entre os 10 primeiros na Copa do
Mundo, e iso e moito, pero chegar a pisar o podium, sendo terceiro en Vallnord,
pois xa di o nivel o que estivo Pablo , e sobre todo pensar onde pode estar no
futuro.... sempre sen prisas e sin presion.
ASCIGA: Os resultados do traballo da Escola non rematan con Pablo, velaí ven tamén
Iván pisando forte, xa o vimos competir a nivel internacional, toda unha
experiencia para el... imaxinamos. Custa moito manter os pés destes rapaces na
terra?
XULIO: Si , Iván e outro dos valores que ten saído da Escola, e detrás del veñen
outros e outras. A parte de ser xa un dos mellores júniors a nivel estatal,
habitual na selección española tanto en CX como en BTT, pois xa esta a dar os
seus primeiros pasos a nivel internacional. Chegar a ser 8º nun mundial tan
duro como e o de CX no seu primeiro ano como júnior, pois xa o sitúa a nivel
internacional. Por diante queda moito camiño por recorrer, e tendo a referencia
de Pablo, sabe que ten que ir paso a paso, e sempre medrando, cos pes na terra.
Iso teno moi claro, xa que dende pequeno foi educado e formado neso dentro da
Escola.
ASCIGA: Diciamos na presentación desta entrevista que había ciclismo en Maceda, e
non queda no traballo coas promesas da casa se non que o máis selecto do MTB
nacional se deu cita este verán en Maceda nos Campionatos de España. Puxemos
unha imaxe do Eliminator que se disputou polas rúas da vila. Algúns “restos de
festa” vemos que aínda quedan por aquí, como foi a acollida do evento polos
veciños?
XULIO: Os Campionatos de España foron un autentico reto para nos, xa que non
estabamos habituados a organizar unha proba que durara tres dias, que tivera
tanta participación, e sobre todo que necesitara tanta infraestrutura. Partiamos da experiencia de ter organizado
probas, e sobre todo de ter visto e vivido moi de cerca moitas probas
importantes como Copas do Mundo, Mundiais, Campionatos de España..... co que
tiñamos claro como queriamos que foran os Campionatos. Temos moi claro, que ante
todo somos unha Escola , e como Escola, temos moita implicación moi importante
de todos os pais e nais en cada cousa que organizamos e facemos. Quixemos estender
esta implicación o resto do pobo, e a verdade que todo o pobo se implicou dun
xeito extraordinario. Vivírono moi intensamente e iso notouse. Sabiamos dende o
principio que para que unha proba teña éxito e saia ben, e moi importante a
implicación de toda a xente do clube e do lugar onde se celebra. E así tentamos
que fora. O pobo volcouse ca proba, decorando e dándolle una ambiente, penso
que especial.
A verdade, e que dende fai tempo , percibimos que todo o que estamos a facer, ten moi boa
acollida no pobo, e a xente apóianos e respáldanos. E que igual o ciclismo hoxe
en Maceda esta a ser visto, como unha seña de identidade do pobo.
ASCIGA: E despois do esforzo e o traballo, que serán difíciles de transmitir ó
lector, que sabor de boca deixaron estes Campionatos? Satisfeitos?
XULIO: O traballo foi moito, moito, xa que
non so foi organizar os Campionatos, si non que tamén esta o día a día do
clube, da Escola..... os viaxes, as carreiras, os adestramentos, as clases....
e todo elo non seguiuse facendo coma sempre, polo que os Campionatos supuxeron
un plus extra.
Quedamos moi satisfeitos , de como saíron. Sabemos no que faiamos e o que
habería que mellorar, pero a gran cantidade de parabéns recibidas, fixeron que
nos sentiramos moi satisfeitos de como foi todo. E tamén o feito de ver a todo
o clube implicadísimo, e a todo o pobo de Maceda, pois fixeron que nos
sentiramos mais que satisfeitos.
A implicación, incluso dos nosos patrocinadores, como e Academia
Postal, e tamén a Deputación de Ourense,
foi moi positiva.
ASCIGA: E como a bici chama pola bici... rematamos con La Vuelta. Había que pechar
o ano como merecía, non si?
XULIO: A verdade e que este ano esta sendo realmente incrible para todo o entorno
do Clube e da Escola. Con todo o que levamos vivido neste 2016, penso que nunca
o imos a esquecer. Empezamos o ano co 8º posto de Iván nun Mundial de CX. Mais
adiante , a gran tempada de Pablo, co 10º no mundial, 3º en Vallnord..... e
mais, sentindo os seus éxitos como si
foran da Escola. Despois chegaron os Campionatos de España , colocando a Maceda
, no mapa do BTT español. Tamén os múltiples éxitos deportivos, con medallas en
Campionatos de España , de Galicia; a convocatoria de corredores ca selección
Galega, ca Española.... Tamén os éxitos a nivel equipo, gañando o Open de
Galicia BTT XCO por equipos ,e quedando 2º no Open de España. Os múltiples
recoñecementos públicos, entre eles , o premio a Mellor entidade deportiva na
promoción do deporte base, dos Premios Deporte Galego 2015, pois fixeron que
este ano fora moi especial.
O cume, foi quizais , o dia da saída de La Vuelta de Maceda, por todo o que
iso supón. O feito de que os rapaces e rapazas da Escola puideran vivir a
Vuelta, dende dentro, sentíndose como protagonistas ao lado de figuras mundiais
como Contador, Fromme, Valverde..... e todo elo no teu propio pobo, ao lado da
túa casa..... foi algo, que penso que non se esquecerán nunca. Somo conscientes
, de que vai ser moi difícil, que La Vuelta , poida estar de novo por Maceda,
de aí que se vivira a saída dun xeito moi especial e intenso.
Foi realmente moi bonito, sobre todo por como o viviron os rapaces e
rapazas da Escola.
ASCIGA: E como a vida non para xa temos aí unha nova tempada, comezamos xa co CX e
repetimos todo de novo... Coméntanos por enriba os proxectos e metas á vista de
cara a 2017.
XULIO: Xa estamos ca nova temporada, neste caso de Ciclocross. As expectativas son
boas, xa que este ano temos un grupo moi bo de rapaces, e rapazas, moi
ilusionados e con moitas gañas, e sobre todo, porque son un grupo moi
consolidado de traballo, que levan xa anos traballando e divertíndose xuntos.
Os resultados serán o de menos, o importante e que este ano desfruten en cada
adestramento, en cada viaxe, en cada carreira como eles o saben facer... e que
sigan medrando como ciclistas, pero sobre todo como persoas.
As metas para o 2017 son as metas de cada ano dende que empezamos. Somos ante todo unha Escola, e
como tal queremos contribuír a formar , non so rapaces e rapazas que crezan e
ser formen neste caso dende o mundo do ciclismo e do deporte. Queremos
contribuír a que o deporte , sexa algo moi positivo para eles na súa formación
como persoas.
Os resultados, son o reflexo, moitas veces de que este obxectivo, se vai cumprido, xa que pensamos que cando un
rapaz desfruta, entón rende. Para desfrutar, ten que ter un entorno favorable,
e iso e o que sempre tentamos ter.
A nivel deportivo , e sempre tendo en conta que aca a ninguén se lle esixe
nada, simplemente tratamos de apoiar , os rapaces , e darlle a oportunidade de
poder competir onde o seu nivel o demande, tentaremos de estar en todos os
eventos importantes en Ciclocross e BTT,
incluso en Copas do Mundo ,como xa imos facer neste inverno con Iván
Feijoo.
O que si temos con proxecto importante para este novo ano, o de seguir
creando instalación propias axeitadas para poder seguir traballando cos rapaces
en condicións óptimas. Así en breve vanse a iniciar as obras na Nave cuberta,
que dispomos, grazas o Concello de Maceda, e a Xunta de Galicia, para crear
nela un pump track cuberto. Son desas cousas realmente importantes .
Temos tamén outro proxecto bonito que queremos por en marcha neste 2017, e
que parte dun dos nosos monitores , David, que é o de achegar o ciclismo, a
bicicleta a outros sectores, a persoas con discapacidades. Queremos que o
ciclismo sexa para eles unha ferramenta de rehabilitación e integración.
Queremos ver o dia, en que rapaces con discapacidades poidan adestrar e xogar
co resto de rapaces e rapazas da Escola.
hermes
ResponderEliminarfitflop sale
adidas superstar
air max 90
kyrie 3 shoes
michael kors outlet store
supreme hoodie
nike air max
ferragamo belt
moncler jackets
xiaofang20191216
bape
ResponderEliminara bathing ape
yeezy boost 350 v2
yeezys
supreme clothing
pandora
kyrie irving shoes
longchamp outlet
off white shoes
yeezy shoes