Era a primeira cita do ano e non podiamos faltar. “Mal, tarde e arrastro”,
como nos recordou algún membro da organización, pero alí estivemos, jejeje.
Sabedores do bo facer do Clube BTT Os do Monte Bravo nas numerosísimas
probas que organizan ó longo do ano (BTT, Trail, etc) nos presentamos nunha
liña de saída ateigada de personalidades. Se ben se votou en falla ó “Xefe da
manada”, atopamos un bo feixe de “jabalees” entre os que podemos destacar a
Moncho e Kevin, que non podían faltar e que remataron cheos de lama ata as
orellas, Era Visto…, o actor David Amor, así como corredores do máis selecto do
noso pelotón amateur que darán batalla este ano, ca presenza destacada da nosa
Campiona Eva Castro, i entre os que demos en falar con Brandán Márquez que se
confesou “enchufado” na preparación do Campionato de España de Ultramaratón MTB
que dará comezo o vindeiro 7 de Febreiro en Lleida. A por eles Tigre!!!
Logo das palabras de alento de Moncho de Lameiro (Fede) arrancamos cara os montes de Teo coa
dúbida de se nos enzoufariamos ata os eixos á conta das choivas dos últimos
días.
Xa nos primeiros quilómetros, coñecidos do ano anterior, a sensación
colectiva era a de que a roupa de abrigo logo ía sobrar, xa que o sol saía con
forza e incluso molestaba bastante dando de fronte obrigando ós bikers a andar
moito máis atentos nas baixadas. Nos agardaba un gran día de BTT.
Aquí vos podedes ver no paso polo Km 5,5: (video)
A gran vantaxe de saír nunha proba deste tipo con calma, non como fixo un
servidor o ano pasado no que no Km 5 xa ía co corazón na boca, é poder apreciar
con máis detalle a paisaxe e todo o enorme traballo que nos regalan os
organizadores en cada unha destas probas… amén das charlas e bromas con
compañeiros de pedaladas. Ó longo da xornada, todos coincidimos en resaltar o
traballo realizado: antes de nada hai que coñecer a zona para deseñar un
percorrido tan completo, burocracia, papaleo, patrocinios, marcaxe,
avastecementos, atención ós participantes… cousas que normalmente esquecemos os
participantes pero que hai que facelas. E xusto é agradecelas ós que se parten
o lombo durante semanas e pasan frío por nós.
Destacamos o deseño do percorrido porque se adaptou perfectamente ás
necesidades dos que aínda están en pretemporada sen deixar de lado en ningún
momento a diversión con zoas técnicas e baixadas rápidas nas que disfrutar da
velocidade sobre a bici. Todos coincidimos en resaltar as zonas de “single
track” a carón do río e con múltiples pasarelas preparadas polos membros do
clube como a máis entretida e fermosa.
Como galegos e amantes da nosa terra que somos, sempre valoramos que estes
trazados discorran pola beira dos ríos, cubertos de salgueiros, ou polas
carballeiras que permanecen impunes ó paso do tempo. Tendes que ser conscientes
de que deslizar a vosa bici sobre eses mantos de follas caídas é unha sensación
que ningún biker pode experimentar a non ser que nos visite. Outro éxito desta
ruta: poder promocionar o monte autóctono, o monte galego, o Monte Bravo (aí
queda o chascarrillo).
Na xornada reinou o bo ambiente, como non pode ser doutro xeito coa
categoría e clase dos bikers galegos, sen faltar unha ferramenta para unha avaría ou unha
cámara para un pinchazo.
Na chegada o tempo foi o de menos, aínda entrando ó sprint (como mandan os
cánones, jejeje). Poder disfrutar en boa compaña dunhas cervexas e unha
reconfortante comida (e todo por 10 euriños) foi o broche de ouro a unha
fantástica xornada de BTT, cortesía do Clube BTT Os do Monte Bravo.
Gracias por todo. Seguide así!!!
chenlili20160701
ResponderEliminared hardy outlet
nike air max 90
air jordans
coach factory outlet online
air huarache
montblanc pens
adidas outlet store
michael kors
michael kors outlet clearance
retro jordans 13
oakley outlet
cheap nfl jerseys
coach outlet online
christian louboutin outlet
oakley sunglasses
michael kors outlet online
gucci outlet
michael kors outlet
ralph lauren outlet
cheap jerseys
cheap ray ban sunglasses
vans sneakers
jordan 6s
nike free run 2
toms wedges
nike roshe one
michael kors handbags
copy watches
air jordans
cheap rolex watches
toms shoes
michael kors outlet clearance
nike air max 90
tory burch handbags
adidas superstar
air max 90
louis vuitton
ralph lauren outlet
coach factory outlet
nike air force
ResponderEliminarlouboutin shoes
timberland outlet
vans outlet
yeezy boost
vapormax
jordan shoes
hermes handbags
yeezy boost 350 v2
air jordan
xiaofang20191216
this post a knockout post this contact form over at this website see this page original site
ResponderEliminar