miércoles, 13 de marzo de 2013

150 freando, ciclista, ollo non ceñir! (J. L. Abadín)

Hoxe escomezamos o que pretende ser unha serie de entrevistas a unha importante parte dos deportistas da nosa terra. Galicia é dende hai anos berce de grandes pilotos, aquí tamén cheira a gasolina queimada. Vémolos, seguímolos e admirámolos pero... cómo nos ven eles a nós?

Hoxe comezámola sección cun xove piloto ourensán cunha gran proxección no seu camiño cara a F1. Demostra unha enorme personalidade na pista, é rápido e bravo (non podía ser menos) pero no trato é agradable e cercano. O seu nome é José Luis Abadín e, entroutras fazañas conta no seu haber cos seguintes logros:
 - Campeon Galego Karting Inter-A e de Castela e León 2005
 - 3º Clasificado Master Junior Formula 2007
 - 3º European F3 Open Cup 2009

(Pregunta) Levas 12 anos competindo no mundo do motor, pero, dedícaste a algunha outra cousa? Traballas, estudas?
(Resposta) Estudo Dirección e Administración de empresas, espero rematar en Maio. A parte son Presidente do Clube Racing for Galicia no que traballamos orientados ó deporte relacionado co mundo do motor.

(P) E no teu día a día, eres unha persoa que se ten que desprazar, e supoño que non levarás o fórmula. Tes coche ou moto?
(R) Comecei a levar moto ós 4 anos, hoxe en día conduzo coche, a moto apaixoame, pero na estrada non me atrae, sobre todo tras ser testemuña de varios accidentes, xa non depende da habilidade de un, simplemente que os viais non están á altura, unha caída que debería ser sen consecuencias, acaba en traxedia demasiadas veces.

(P) Logo, polo que contas, pola túa experiencia persoal e como Presidente do Clube Racing for Galicia, é a seguridade viaria un tema que che preocupe?

(R) Sí, e un tema que é importante, ainda que na miña opinión non se afronta cunha correcta perspectiva dende as institucións. Co medo das multas logras baixar as vítimas, pero a maioria da xente segue saindo a conducir sen saber o que levan entre as mans, falta formación. Ver radares en rectas con arcen, con visibilidade... A velocidade non é a culpable dos accidentes, a culpable é a ignorancia.

(P) Os datos publicados en xaneiro pola DXT referentes ós resultados de 2012 semellan positivos. O único apartado onde imos a pior é nas vítimas ciclistas. Tes bicicleta? Úsala a miúdo? Saes á estrada con ela?
(R) Teño bicicleta, de feito compito a nivel amateur en triatlón. Úsoa a miúdo, e a verdade é que indo de Santiago a Padrón mete medo como pasan os camións a carón de un. Ainda que eso non te frea a seguir saíndo...

(P) Cómo cres que debe comportarse o ciclista na estrada? Crés que os galegos circulamos ben cando imos en bicicleta?
(R) Hai de todo, pero en xeral penso que hai un bo comportamento. Cando saio con outros ciclistas sempre rodamos en filas de a dous, e ben pegados ó arcén.

(P) Na túa opinión está ben protexido o ciclista coa normativa vixente (básicamente adaptar a velocidade antes de adiantalo e deixar 1,5 m de separación lateral)?
(R) Un ciclista é o seu propio chasis, asi que en caso de impacto, case sempre acaba mal a cousa. Eso dos 1,5 metros... poucas veces o teño visto a verdade. Ademáis sempre pode vir vento lateral ou calquera cousa que o conductor non percibe do mesmo xeito co ciclista, asi que os conductores deberían prever estas situacións. 

(P) E os conductores de vehículos a motor, respetan habitualmente a normativa en canto ó que os ciclistas se refire? 
(R) Por suposto que non, ainda que hai de todo, é normal que che piten, hai situacións surrealistas.

(P) Temos feito referencia no noso blog nalgunha ocasión ó termo “violencia viaria”. Crés que é certo que se exerce “violencia viaria” sobre o colectivo ciclista ou che parece unha esaxeración empregar este termo?
(R) Non é esaxerado, só hai que ver algúns exemplos gráficos en videos en internet, normalmente os ciclistas parece que estorban na estrada, pero o bo é que cada vez máis xente sae coa bici á estrada, así que espero que se revirta esta situación.

Moitas grazas a Abadín pola túa atención, desexámosche unha tempada repletiña de éxitos que virán, a bo seguro, se a fortuna acompaña na eterna procura deses benditos-malditos patrocinadores tan necesarios na alta competición, pero máis no mundo do motor. Moita sorte!
 

4 comentarios: