miércoles, 20 de marzo de 2013

Autoescolas. Fabricantes de homicidas.


Recentemente se ven de instaura-lo novo modelo de exáme para o acceso á licencia de conducción no Reino de España. Ésta novidade non fai máis que plasmar na práctica a Directiva Comunitaria 126/2006 que entrou en vigor o pasado 19 de Xaneiro.

Como queira que sexa resulta moi preocupante para o noso colectivo o número de homicidios que se producen nas nosas estradas por parte daqueles que obteñen a licencia da que estamos a falar hoxe, así que imos facer un breve resumo dos aspectos importantes que merecen a nosa humilde crítica:
-          Se renova o modelo teórico de exáme, con 15.500 preguntas estructuradas por temas e se inclúe a informatización das aulas para a realización dos exámes. 
   Non fomos quen de averiguar cántas destas preguntas fan referencia ás normas de respeto ó ciclista, esenciais para a súa supervivencia. En troques sí consideramos que poida ser un grave erro o sistema de valoración das respostas. Efectivamente nos preocupa moito que se poida supera-la proba con un número determinado de erros e sen atender á gravidade dos mesmos. Se lle pode poñer na man un arma tan perigosa como un vehículo a motor a un “castrón” que responda que ante un semáforo vermello hai que acelerar?… pois é só un fallo, este individuo obtería a licencia. Logo conviría moito valorar as respostas segundo a súa importancia no que atingue á seguridade no canto de valoralas todas por igual. Seguindo o consello Albert Einstein que opinaba que "todos somos moi ignorantes, pero non todos ignorámo-las mesmas cousas".
-          No que atingue ó exáme práctico temos máis novidades:
o   Coñecemento do vehículo. Nos contan que antes de subir ó vehículo o aspirante se situará fronte a éste co examinador que lle poderá facer algunhas preguntas como: ónde se atopa o líquido de freos? ou, cáles son as luces de poboación? Non deixa de parecernos un contrasentido que xa non se obrigue a portar no vehículo lámparas de reposto debido a que,  pola súa complexidade é necesario acudir ó taller para substituílas; e ,en troques, o aspirante á licencia teña que saber cales son.

o   Conducción autónoma. Ó comezo do exáme se establecen 10 minutos de conducción autónoma durante os cales o aspirante debe dirixirse a un punto determinado sen máis indicacións que os sináis de tráfico. Este resulta un punto interesante posto que, non é infrecuente atoparse con conductores que, ó saíren da súa ruta habitual cometen un sinfín de infraccións e imprudencias por non ser capaces de atender a indicacións de dirección e sinais que regulan o tráfico ó mesmo tempo, perdéndose nun “mar de dúbidas” e xerando outro "mar de perigos".
o   Conducción económica e ecolóxica. Ridículo. Non intentamos polo de agora reduci-la violencia viaria nas estradas (obxectivo claro do proxecto que deixou no tinteiro o anterior goberno e que falaba da “pacificación das estradas” na súa exposición de motivos) e xa pretendemos que a conducción dos novatos sexa económica e ecolóxica. Para encher papeis queda moi bonito, todo hai que dicilo, pero por qué non nos limitamos a tratar de evitar que esta xente acabe coa vida doutras persoas antes de pensar en árbores, esquíos e o buraco do ozono?
Para rematar queremos reiterar unha idea que fire especialmente a nosa conciencia. A día de hoxe non temos máis que poñe-lo radio, e durante unha soa mañán escoitaremos non menos dun par de anuncios de autoescolas nos que éstas se publicitan como as que máis aprobados conseguen á primeira. Este tema non é baladí, cómo cumpre a súa función esta xente cando a súa interese non pasa de conseguir se-la que máis xente saca á estrada sen importa-la preparación que éstes acaden? Non é baladí e me explico, o desexable sería que as autoescolas presumisen de seren as que menor índice de sinestralidade obteñen cos seus alumnos, ou por saíren estes coa mellor preparación. Non obstante sabemos que isto nunca será así posto que unha autoescola é unha sociedade mercantil e, como tal, o seu obxecto é gañar diñeiro, nada máis.
De ahí a alusión a que estamos ante fabricantes de homicidas, xa que, unha vez na estrada e tra-las últimas actualizacións do Código Penal, unha nada despreciable cantidade dos seus alumnos acaban cometendo este tipo delictivo.
Nada que reprochar ó ente “autoescola”, que xoga o seu rol nun mercado libre. Sen embargo sí consideramos que se podería valorar por parte da administración a creación dun rexistro de sinestralidade por autoescolas, esto é, un instrumento que permita saber se existe algún criterio diferenciador que faga que de unhas autoescolas saia a xente máis preparada e doutras simples “castróns” que conducen de xeito irrespetuoso e temerario. Este instrumento sería útil, ademáis de para dar pulo ós profesionáis máis cualificados, para outorgar algún tipo de beneficio a aqueles que cumpren mellor coas labouras que a sociedade lles ten encomendadas.

2 comentarios: