miércoles, 13 de marzo de 2013

150 freando, ciclista, ollo non ceñir! (J. L. Abadín)

Hoxe escomezamos o que pretende ser unha serie de entrevistas a unha importante parte dos deportistas da nosa terra. Galicia é dende hai anos berce de grandes pilotos, aquí tamén cheira a gasolina queimada. Vémolos, seguímolos e admirámolos pero... cómo nos ven eles a nós?

Hoxe comezámola sección cun xove piloto ourensán cunha gran proxección no seu camiño cara a F1. Demostra unha enorme personalidade na pista, é rápido e bravo (non podía ser menos) pero no trato é agradable e cercano. O seu nome é José Luis Abadín e, entroutras fazañas conta no seu haber cos seguintes logros:
 - Campeon Galego Karting Inter-A e de Castela e León 2005
 - 3º Clasificado Master Junior Formula 2007
 - 3º European F3 Open Cup 2009

(Pregunta) Levas 12 anos competindo no mundo do motor, pero, dedícaste a algunha outra cousa? Traballas, estudas?
(Resposta) Estudo Dirección e Administración de empresas, espero rematar en Maio. A parte son Presidente do Clube Racing for Galicia no que traballamos orientados ó deporte relacionado co mundo do motor.

(P) E no teu día a día, eres unha persoa que se ten que desprazar, e supoño que non levarás o fórmula. Tes coche ou moto?
(R) Comecei a levar moto ós 4 anos, hoxe en día conduzo coche, a moto apaixoame, pero na estrada non me atrae, sobre todo tras ser testemuña de varios accidentes, xa non depende da habilidade de un, simplemente que os viais non están á altura, unha caída que debería ser sen consecuencias, acaba en traxedia demasiadas veces.

(P) Logo, polo que contas, pola túa experiencia persoal e como Presidente do Clube Racing for Galicia, é a seguridade viaria un tema que che preocupe?

(R) Sí, e un tema que é importante, ainda que na miña opinión non se afronta cunha correcta perspectiva dende as institucións. Co medo das multas logras baixar as vítimas, pero a maioria da xente segue saindo a conducir sen saber o que levan entre as mans, falta formación. Ver radares en rectas con arcen, con visibilidade... A velocidade non é a culpable dos accidentes, a culpable é a ignorancia.

(P) Os datos publicados en xaneiro pola DXT referentes ós resultados de 2012 semellan positivos. O único apartado onde imos a pior é nas vítimas ciclistas. Tes bicicleta? Úsala a miúdo? Saes á estrada con ela?
(R) Teño bicicleta, de feito compito a nivel amateur en triatlón. Úsoa a miúdo, e a verdade é que indo de Santiago a Padrón mete medo como pasan os camións a carón de un. Ainda que eso non te frea a seguir saíndo...

(P) Cómo cres que debe comportarse o ciclista na estrada? Crés que os galegos circulamos ben cando imos en bicicleta?
(R) Hai de todo, pero en xeral penso que hai un bo comportamento. Cando saio con outros ciclistas sempre rodamos en filas de a dous, e ben pegados ó arcén.

(P) Na túa opinión está ben protexido o ciclista coa normativa vixente (básicamente adaptar a velocidade antes de adiantalo e deixar 1,5 m de separación lateral)?
(R) Un ciclista é o seu propio chasis, asi que en caso de impacto, case sempre acaba mal a cousa. Eso dos 1,5 metros... poucas veces o teño visto a verdade. Ademáis sempre pode vir vento lateral ou calquera cousa que o conductor non percibe do mesmo xeito co ciclista, asi que os conductores deberían prever estas situacións. 

(P) E os conductores de vehículos a motor, respetan habitualmente a normativa en canto ó que os ciclistas se refire? 
(R) Por suposto que non, ainda que hai de todo, é normal que che piten, hai situacións surrealistas.

(P) Temos feito referencia no noso blog nalgunha ocasión ó termo “violencia viaria”. Crés que é certo que se exerce “violencia viaria” sobre o colectivo ciclista ou che parece unha esaxeración empregar este termo?
(R) Non é esaxerado, só hai que ver algúns exemplos gráficos en videos en internet, normalmente os ciclistas parece que estorban na estrada, pero o bo é que cada vez máis xente sae coa bici á estrada, así que espero que se revirta esta situación.

Moitas grazas a Abadín pola túa atención, desexámosche unha tempada repletiña de éxitos que virán, a bo seguro, se a fortuna acompaña na eterna procura deses benditos-malditos patrocinadores tan necesarios na alta competición, pero máis no mundo do motor. Moita sorte!
 

viernes, 8 de marzo de 2013

NON NOS TÓQUELA... BOCINA.





Dende tempos ancestrais o ser humano sente a necesidade de comunicarse cos seus conxéneres. Neste eido, a primixenia base da comunicación, sustentada máis en cuestións xestuais e acenos con acompañamento de sons carentes de significado, que foron dando lugar a unha especie de linguaxe, foise acompañando de representacións simbólicas reflexadas en pedras ou calquera sorte de superficie que se prestase a elo, pero imposibilitadas de transmitir mensaxes. O fito crucial, ata o punto de marcalo fin dese periodo coñecido como a Prehistoria, constituíno a invención da escritura, que se sitúa en Mesopotamia, alá polo 3500 a.C.


Non obstante estes acontecementos históricos, a linguaxe xestual e de símbolos (tamén chamada “linguaxe non verbal”) non desapareceu nin minguou senón continuou sempre a formar parte da mensaxe verbal, ata o punto de revelar a intencionalidade do emisor ou aportalo verdadeiro significado daquel. Inclusive a día de hoxe, xa sexa mediante normas que as regulan ou pola forza da costume, na sociedade das tecnoloxías e das comunicacións, a linguaxe non verbal é un piar esencial do noso modelo de convivencia e sen o cal existiría unha anarquía caótica en troques da sociedade pretendidamente organizada que temos. Emporiso, para todo cidadán que se precie e que queira vivir en harmonía cos seus conxéneres o dominio destes códigos revélase coma unha cuestión capital.  E é aquí onde irrompe un dos elementos de comunicación non verbal que, ainda a pesares da súa importancia na circulación vial e ainda tendo en conta a súa lonxevidade nestos mesteres, non se prestou a un consenso real sobre o seu uso. Como na ASCIGA o consideramos, no que atinxe ós ciclistas, non soamente coma un elemento preventivo de accidentes senón coma un elemento de seguridade e un auténtico salvavidas, cremos que a súa utilización debe ser homoxeneizada.


Por esta razón, aproveitamos este espazo para poñer á disposición dos automovilistas un código para o emprego da bocina á hora de achegarse ante os ciclistas na estrada. Para unha mellor comprensión empregaremos o guión (─) para representalo pitido longo(entendendo por este aquel de duración superior a un segundo) e o punto (·) para representalo pitido curto (de duración inferior á de un segundo).


  • Un pitido curto (·) será utilizado para iniciala maniobra de adiantamento ós ciclistas. Pode, asimesmo, utilizarse con ese propósito unha secuencia de dúas sinais curtas (· ·). Actuando de tal xeito, rodando os ciclistas en grupo, poderán todos eles percatarse da manobra a realizar polo vehículo que adianta e adoptar o comportamento que resulte acorde ás circunstancias.
  • Se a manobra se prolonga, por mor da cantidade de ciclistas que integran o grupo que está a ser adiantado, por exemplo, deberá irse advertindo cada 5-8 metros ou cada 5 segundos (en función das circunstancias) que dure o adiantamento, para que os sucesivos integrantes do grupo se percaten da manobra realizada polo vehículo.
  • A pesar de que a mera constatación visual permite corroboralo, un pitido curto (·) e, preferiblemente, dous curtos (· ·) deberán ser empregados para advertir da finalización da manobra de adiantamento e, dese xeito, transmitir ós ciclistas conformantes do grupo, sinaladamente os das derradeiras posicións, que a situación de risco derivada do adiantamento rematou.
  • Un pitido longo (─) será empregado para advertir ós ciclistas dalgún perigo ou para evitar un accidente en caso de inminencia do mesmo. Se a gravidade das circunstancias ou a situación de perigo é prolongada poderán ser emitidas varias sinais sonoras consecutivas (─ ─) ou unha moi longa(───).

miércoles, 6 de marzo de 2013

Recordo ós caídos. Febreiro.


De novo teño que abaixar a cabeza, apreta-los puños e morder a língua. Pasado un novo mes me vexo na obriga de publicar na sección máis desagradable do noso blog: a que recorda ós nosos caídos, para non esquecer que teñen un oco na nosa memoria, para lembrar que nos unía unha mesma paixón e prentendermos que esta sección sexa un mazo que bata continuamente na conciencia de todos aqueles que, sentados cómodamente nun asento de coiro calefactado, escoitando a radio, fumando, a salvo das inclemencias do tempo, gastando, contaminando, ateigando as nosas rúas dun tráfico abafante, etc, se permiten o luxo de xogar coa vida do ciclista créndose con máis dereito a usar unhas vías que nós tamén pagamos cos nosos impostos (e que, por certo, non sufren deterioro algún co noso paso).

1.- Ancián de 72 anos.

“El ciclista fallecido tras ser atropellado por un coche en Hornachuelos es un anciano de 72 años”.

“El ciclista fallecido este viernes como consecuencia de un atropello por un coche, que no se ha dado a la fuga, en la carretera A-431, en la localidad cordobesa de Hornachuelos, es una persona de 72 años de edad, según han informado a Europa Press fuentes del Servicio Coordinado de Emergencias del 112 en Andalucía”.

Ollo á frase no encabezamento! O xornalista resalta QUE NO SE HA DADO A LA FUGA! Sen dúbida é un dato moi positivo e indicativo da crecente sensibilización dos conductores para co colectivo ciclista; parar cando se asasina a un ancián é un xesto dunha bondade e unha valía humanitaria incríble só á altura de figuras como Teresa de Calcuta, Nelson Mandela ou Martin Luther King
Non será un problema a mentalidade social? Chegados ó momento en que un feito tal resulte salientable para alguén, non será hora de facérnolo mirar?

2.- Francisco H. A.

Fallece un ciclista alcanzado por un camión en Barcelona”.

“El hombre murió en la Mútua de Terrassa tras chocar lateralmente con un vehículo de grandes dimensiones”.


3 e 4.- Dous compañeiros de 34 e 55 anos, 10/02/2013.

“Mueren dos ciclistas atropellados en una carretera de Málaga”.

 

“Otro hombre ha resultado herido en la colisión en la carretera A-384”.



“Prisión para el conductor bebido que atropelló a dos ciclistas de Ronda".

"El juez ha decretado prisión bajo fianza de 50.000 euros para el joven conductor de 21 años detenido por el atropello de dos ciclistas de Ronda (Málaga). Dio positivo en las pruebas de alcoholemia. El juez le imputa dos delitos de homicidio imprudente y un tercero contra la seguridad vial, por conducir con una tasa de alcohol que prácticamente duplicaba el máximo permitido, según recoge el atestado de la Guardia Civil”.


5.- S.L.M. 28/02. Sevilla.
"Fallece un ciclista cerca del Arco de la Macarena al ser atropellado por un conductor ebrio". 


Como vimos de comentar en ateriores publicacións, nos parece unha enorme falta de respeto á memoria de todos estes compañeiros asasinados que a administración e a DXT continúen a CULPAR ÁS VÍTIMAS coas estúpidas e ridículas iniciativas que están a plantexar. 
Persoalmente, como cristiano que son, espero que aló Arriba alguén comece a preocuparse por nós en vista de que políticos e altos cargos parecen estar moi ocupados maquillando datos e escorrendo o bulto para teren contentos a fabricantes e grandes lobis. 

"P.E.P." (pedaleade en paz) compañeiros!