Mostrando entradas con la etiqueta Marchas ciclistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marchas ciclistas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de agosto de 2013

II Desafío Ezequiel Mosquera




O pasado sábado 10 de agosto un pelotón de algo máis dun cento de bravos deportistas acudiron “desafiantes” á chamada de Ezequiel Mosquera dende Os Ancares. Nesta segunda edición da marcha que leva o nome do ciclista de Teo houbo algunha novidade respecto da pasada edición pero o mesmo ánimo de superación por parte de participantes e organizadores.


Logo do fallo intento do pasado mes de maio, no que 30 cm de neve nos privaron de facer un só quilómetro, aínda que non das risas ós que demos chegado a Piornedo, a organización tomou a axeitada decisión de dar comezo ó percorrido neste novo intento dende Becerreá. Deste xeito a proba se fai máis accesible ós participantes aínda que perde o punto mitolóxico do final na aldea de Piornedo.




Chegados a Becerreá todo estaba disposto, recollida de dorsais e chip (fundamental ter un tempo na ascensión ó Pan do Zarco para medirnos cos profesionais cando eles se atrevan, jeje), un agasallo, control de firmas e a formar. Na saída agradecemento do anfitrión ós bravos participantes, presentación e entrega de agasallos ós padriños, Pedro Nimo e Fede Pérez, dos cales un non queda seguro de saber quén
é o cómico e quén o atleta; advertencias de rigor e partida cara o que Eze nos describía como “territorio comanche”. Por diante catro duras ascensións cunha calor abafante e co coloso Pandozarco (“El coloso en llamas”, qué calor!) apenas a 40 km da saída.

A primeira ascensión da xornada, o porto da Serra Morela. Se cadra unha das subidas máis fermosas que coñezo. O asfalto está coma un prato, comeza nunha zoa sombría entre árbores e á medida que vas ascendendo, con pendentes razoablemente esixentes que permiten subir a ritmo, vai desaparecendo a vexetación dando paso a unha paisaxe máis agreste onde o sol lle traballaba as costas con ímpeto a todos os valentes. En cada unha das xa escasas sombras un garda civil coa súa moto resgardándose do astro rei.


Coroouse a Morela en grupo, con algúns participantes descolgados e sufrindo xa o que ía ser unha xornada para titáns. Arriba abastecemento, líquido e sólido, e “parrafada”.



Continuámola marcha, un repeito, dor de pernas, baixada revirada, outro repeito, máis dor de pernas, baixada rápida e revirada, un letreiro: “Comeza Porto”. Velaí o ven!


A ascensión ó Pan do Zarco comeza cun regueiro de corredores ciscados ó longo do percorrido por mor do perigoso da baixada e mailo feito de ter saído algún grupo por diante. Tomándoo con calma nas primeiras ramplas, xa sabía o que viña despois, as sensacións son moito mellores que na pasada edición, semella que o duro adestramento se reflicte nas pernas… pasa Eze, a un ritmo que che fai pensar que vas pinchado, cunha facilidade tremenda e o que ven á mente de novo son os adestramentos, qué pouco valoramos o ciclismo de competición!


Viramos á dereita en Murias onde xa sabía que chegaba a hora da verdade, a algún acompañante de viaxe cólleo de sorpresa, sería moi interesante colocar un micrófono nese punto e gravar as expresións da xente ó ver aquel “repeitiño”, repeitiño que xa non suaviza ate 8 Km máis adiante…

Imos preparados: 34 de prato pequeno e 27 e 28 atrás, máis vale que sobre… Pero non contabamos cun novo amigo: o sol. Non é o mesmo subir a 15 graos que facelo a máis de 30. O pulso non baixa, levas sensación de ir gardando pero o 1 e mailo 9 permanecen como primeiras cifras na pantalla do pulsómetro, podes pagalo máis adiante… Bebendo cada 100m comezas a pensar na auga que votaches pola cabeza e polo lombo, pero tamén facía falla… unha animalada.



Repeito tras repeito os quilómetros van caendo e, molestias aparte, o ritmo segue sendo constante. Avistámolas pallozas, onde sei que hai unha fonte coa auga máis fresca e pura que te poidas imaxinar. Alivio… e sorpresa. Ó chegar alí observo un numeroso grupo de veciños que se achegaran a ver ós bravos deportistas en plena ascensión, e non viñeran sos: música, churrasco e café de pota a disposición de quen viñese “apajarado”. 


 








-Un bidón de auga que quedan mémos de 3 Km e quero mellorar o tempo do ano pasado, jeje. Nunca medio litro de auga me chegara a tan pouco. Por fortuna ó coroar a organización tiña previsto un bo abastecemento do que demos boa conta.


Reagrupamos e continuamos cara o Piornedo. A baixada é rápida e perigosa, seguida dun repeito duro que nos volve facer retorcer a todos: ciclistas, transmisións, cambios, llantas… 


Cruzámo-lo Piornedo, aldea preromana, un fortín durante séculos que cada ano, semella que voltará ser conquistado polos amigos de Ezequiel Mosquera a golpe de pedal. Dúas ascensións por diante: o alto do Portelo e Pedrafita do Cebreiro. Nada en comparación co pasado pero coa incertidume do prezo que o Pan do Zarco nos  tería feito pagar na súa peaxe.


O pelotón completamente espallado, grupiños pequenos buscaban xa o ritmo máis cómodo para irse achegando a Becerreá, fin deste Purgatorio ciclista que unha magnífica organización nos ofrece ano tras ano.


O máis rápido empregou 5 horas e 20 minutos en completa-lo percorrido, o máis lento 8 horas e 1 minuto. Eu non teño claro a cal darlle máis valor. Se cadra o realmente importante fose rematar, ou dar coroado o “Coloso dos Ancares”; ou se cadra o máis importante fose que ante tanto sufrimento e loita a bo ambiente e o compañeirismo fosen a bandeira que todo o pelotón portou ate a meta levando como estandarte o bo humor.


Noraboa a todos os que estivestes alí, e tende claro que lle podedes dicir a todos, sen temor a equivocarvos, que: REALMENTE SODES BRAVOS!!!


lunes, 25 de marzo de 2013

PRECAUCIÓN, AMIGO BETETEIRO.

Comeza a primavera e da man desta vén o bo tempo e vaise despedindo o inverno e a súa peculiar climatoloxía adversa. E, en coherencia con esa circunstancia meteorolóxica, comeza a temporada de rutas de BTT. A bo seguro, e ainda que a choiva non é impedimento, o tempo primaveral fai que se incrementen as ansias de sacar a bicicleta do fondo do garaxe, posiblemente tras un longo período de hibernación, e de apuntarte a estas rutas para desfrutar colectivamente da bicicleta de montaña. As rutas BTT ofrécenche, xa sexa gratuitamente ou por un prezo insignificante, a oportunidade de divertirte montando en bici e, a un tempo coñecer e degustar a paisaxe no medio dun ambiente ciclista. As diversas organizacións e peñas, que se esforzan en crear este tipo de eventos, traballan arreo para que quenes se apuntan e participan teñan todo aquilo que poidan precisar (asistencia técnica, habituallamentos, etc.). Algo que, sen dúbida, fará que te divirtas e vivas intensamente a experiencia BTT.


Agora ben, como nesta asociación estamos firmemente comprometidos co correcto desfrute da bicicleta en tódolos eidos, e como as marchas BTT son un bo baluarte para facelo, queremos aportar unha serie de conductas e consellos que, sexas novo nisto ou participes na túa enésima ruta, serán de enorme utilidade para afrontar o percorrido. Consideramos que é importante non soamente coñecer estas prácticas senón tamén difundilas, dado que favorecen unha certa coordinación colectiva nesas a veces tan concorridas rutas e, asemade, unha forma individual de entrar neste mundiño sen arrepentirse de facelo por malas experiencias.

E é neste punto que se fai preciso coñecer unha serie de requisitos previos, á marxe dos particulares requirimentos que por razóns de coordinación ou por esixencias do percorrido poidan poñer dende a organización de cada ruta.

O primeiro, desde logo, é que resulta imperativo ter presentes e coñecer ben as normas que todo ciclista debe cumplir neste tipo de eventos. Así, e posto que se adoita considerar na meirande parte das rutas os participantes están circulando en excursión, sonlles de plena aplicación as normas xerais de circulación e, polo tanto (¡ollo!), cada un é persoalmente responsable das infraccións que se poidan cometer. Non é certa esa crenza de que o feito de estar nunha marcha ou nunha ruta exime a un do cumprimento de certas normas, como se dun páramo legal se tratase, así como tampouco debe un fiarse de que polo feito de estar nunha marcha organizada iso supoña unha especie de eximente da cara unha posible sanción.

Artigo 69 do Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, por el que se aprueba el Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial (Lei de Tráfico, en adiante): “A responsabilidade polas infraccións ó disposto nesta Lei recaerá directamente no autor do feito no que consista a infracción”.

Posto que como as organizacións acostuman a remitírense á normativa de circulación sen concretar o contido, e para previrvos de sustos inesperados en forma de multa, aquí vos ofrecemos un compendio das mesmas para evitarvos que andedes á procura destas tan esenciais como importantes normas. Básicamente trátase da Lei de Tráfico e o Regulamento Xeral de Circulación (Real Decreto 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, aprobado por Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo). Exceptuamos o relativo ó emprego dos carrís e arcéns en carretera posto que, ademáis de ser obxecto da súa correspondente entrada no Blog e de que se pisan en contadas ocasións, partimos da base de que a organización reservou o seu exclusivo emprego para o tempo da marcha.


Aquí vos deixamos algunhas das máis relevantes:

LEI DE TRÁFICO

NORMAS GENERALES
Artículo 9. Usuarios, conductores y titulares de vehículos. Redacción según Ley 18/2009, de 23 de noviembre.
1. Los usuarios de la vía están obligados a comportarse de forma que no entorpezcan indebidamente la circulación, ni causen peligro, perjuicios o molestias innecesarias a las personas, o daños a los bienes.

Artículo 12. Bebidas alcohólicas, sustancias estupefacientes y similares.
1.  No podrá circular por las vías objeto de esta Ley, el conductor de vehículos o bicicletas con tasas superiores a las que reglamentariamente se establezcan de bebidas alcohólicas, estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes y otras sustancias análogas.
2.  Todos los conductores de vehículos y bicicletas quedan obligados a someterse a las pruebas que se establezcan para la detección de las posibles intoxicaciones por alcohol. Igualmente quedan obligados los demás usuarios de la vía cuando se hallen implicados en algún accidente de circulación.
Dichas pruebas que se establecerán reglamentariamente y consistirán normalmente en la verificación del aire espirado mediante alcoholímetros autorizados, se practicarán por los agentes encargados de la vigilancia del tráfico. A petición del interesado o por orden de la autoridad judicial se podrán repetir las pruebas a efectos de contraste, pudiendo consistir en análisis de sangre, orina u otros análogos.
El personal sanitario vendrá obligado, en todo caso, a dar cuenta del resultado de las pruebas que realicen a la autoridad judicial, a los órganos periféricos de la Jefatura Central de Tráfico y, cuando proceda, a las autoridades municipales competentes.
3. Reglamentariamente podrán establecerse pruebas para la detección de las demás sustancias a que se refiere el apartado primero del presente artículo, siendo obligatorio el sometimiento a las mismas de las personas a que se refiere el apartado anterior.

Artículo 20. Distancias y velocidad exigible.
2.  […] se permitirá a los conductores de bicicletas circular en grupo, extremando en esta ocasión la atención a fin de evitar alcances entre ellos.

Artículo 23. Conductores, peatones y animales.
5.  Los conductores de bicicletas tienen prioridad de paso respecto a los vehículos a motor:
  1. Cuando circulen por un carril-bici, paso para ciclistas o arcén debidamente autorizado para uso exclusivo de conductores de bicicletas.
  2. Cuando para entrar en otra vía el vehículo a motor gire a derecha o izquierda, en los supuestos permitidos, existiendo un ciclista en sus proximidades.
  3. Cuando los conductores de bicicleta circulen en grupo, serán considerados como una única unidad móvil a los efectos de prioridad de paso. En circulación urbana se estará a lo dispuesto por la ordenanza municipal correspondiente.

Artículo 42. Uso obligatorio de alumbrado (¡ollo nas rutas nocturnas!).
3.  Las bicicletas, además, estarán dotadas de los elementos reflectantes debidamente homologados que reglamentariamente se determinen y que deberán poseer estos vehículos de acuerdo a dicha normativa. Cuando sea obligatorio el uso de alumbrado, los conductores de bicicletas además llevarán colocada alguna prenda reflectante si circulan por vía interurbana.

Artículo 47. Cinturón, casco y restantes elementos de seguridad.
1.[…] Los conductores y, en su caso, los ocupantes de bicicletas estarán obligados a utilizar el casco de protección en las vías interurbanas bajo las condiciones que reglamentariamente se establezcan.

Artículo 53. Normas generales sobre señales.
1.  Todos los usuarios de las vías objeto de esta Ley están obligados a obedecer las señales de la circulación que establezcan una obligación o una prohibición y a adaptar su comportamiento al mensaje del resto de las señales reglamentarias que se encuentren en las vías por las que circulan.

Artículo 65. Cuadro general de infracciones. Redacción según Ley 18/2009, de 23 de noviembre.
1. Las acciones u omisiones contrarias a esta Ley, desarrolladas reglamentariamente en su caso, tendrán el carácter de infracciones administrativas y serán sancionadas en los casos, forma y medida que en ella se determinen.
2. Las infracciones a que hace referencia el apartado anterior se clasifican en leves, graves y muy graves.
3. Son infracciones leves las cometidas contra las normas contenidas en esta Ley y en los Reglamentos que la desarrollen que no se califiquen expresamente como graves o muy graves en los apartados siguientes. En particular es falta leve no hacer uso por parte de los usuarios de bicicletas de los elementos y prendas reflectantes, de acuerdo con lo dispuesto en esta Ley.
4. Son infracciones graves, cuando no sean constitutivas de delito, las conductas tipificadas en esta Ley referidas a:
e. Circular sin hacer uso del alumbrado reglamentario, salvo que el vehículo sea una bicicleta en cuyo caso la infracción tendrá el carácter de leve.
f. Conducir utilizando cascos, auriculares u otros dispositivos que disminuyan la obligatoria atención permanente a la conducción.
g. Conducir utilizando manualmente dispositivos de telefonía móvil, navegadores o cualquier otro sistema de comunicación.
h. No hacer uso del cinturón de seguridad, sistemas de retención infantil, casco y demás elementos de protección.
j. No respetar las señales de los Agentes que regulan la circulación.
k. No respetar la luz roja de un semáforo.
l. No respetar la señal de stop o la señal de ceda el paso.
m. La conducción negligente.
n. Arrojar a la vía o en sus inmediaciones objetos que puedan producir incendios o accidentes, o que obstaculicen la libre circulación.
q. No facilitar al Agente de la autoridad su identidad ni los datos del vehículo solicitados por los afectados en un accidente de circulación, estando implicado en el mismo.
r. Conducir vehículos con la carga mal acondicionada o con peligro de caída ( ainda que non é estrictamente de circulación na ruta ¡ollo co transporte da bicileta!).
x. Circular por autopistas o autovías con vehículos que lo tienen prohibido.
5. Son infracciones muy graves, cuando no sean constitutivas de delito, las siguientes conductas:
c. La conducción por las vías objeto de esta Ley habiendo ingerido bebidas alcohólicas con tasas superiores a las que reglamentariamente se establezcan, y en todo caso, la conducción bajo los efectos de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes y cualquier otra sustancia de efectos análogos.
d. Incumplir la obligación de todos los conductores de vehículos de someterse a las pruebas que se establezcan para la detección de posibles intoxicaciones de alcohol, estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes y otras sustancias análogas, y la de los demás usuarios de la vía cuando se hallen implicados en algún accidente de circulación.

Artículo 84. Inmovilización del vehículo.
1. Se podrá proceder a la inmovilización del vehículo cuando:
  1. El conductor o el pasajero no hagan uso del casco de protección, en los casos en que fuera obligatorio.
La inmovilización se levantará en el momento en que cese la causa que la motivó.

ANEXO I.
A los efectos de esta Ley y sus disposiciones complementarias, se entiende por:
  1. Ciclo. Vehículo de dos ruedas por lo menos, accionado exclusivamente por el esfuerzo muscular de las personas que lo ocupan, en particular mediante pedales o manivelas.
  2. Bicicleta. Ciclo de dos ruedas.
  1. Dispositivo reflectante. El destinado a señalar la presencia del vehículo y que debe ser visible, de noche y en condiciones de visibilidad normales, por el conductor de otro desde una distancia mínima que fijará la correspondiente reglamentación de homologación, cuando lo ilumine su luz de largo alcance. Este dispositivo, también llamado catadioptrico, será de color blanco si es delantero, amarillo auto si es lateral y rojo si es posterior.

ANEXO II. Infracciones que llevan aparejada la pérdida de puntos (sí, amigo ciclista; incríble pero sí)
El titular de un permiso o licencia de conducción que sea sancionado en firme en vía administrativa por la comisión de alguna de las infracciones que a continuación se relacionan perderá el número de puntos que, para cada una de ellas, se señalan a continuación:
1. Conducir con una tasa de alcohol superior a la reglamentariamente establecida:
Valores mg/l aire espirado, más de 0,50 (profesionales y titulares de permisos de conducción con menos de dos años de antigüedad más de 0,30 mg/l): 6.
Valores mg/l aire espirado, superior a 0,25 hasta 0,50 (profesionales y titulares de permisos de conducción con menos de dos años de antigüedad más de 0,15 hasta 0,30 mg/l): 4.
2. Conducir bajo los efectos de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes y otras sustancias de efectos análogos: 6.
3. Incumplir la obligación de someterse a las pruebas de detección del grado de alcoholemia, de estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes y otras sustancias de efectos análogos: 6.
15. No respetar las señales de los Agentes que regulan la circulación: 4.
17. Conducir utilizando cascos, auriculares u otros dispositivos que disminuyan la atención a la conducción o utilizar manualmente dispositivos de telefonía móvil, navegadores o cualquier otro sistema de comunicación. Conforme a los avances de la tecnología, se podrán precisar reglamentariamente los dispositivos incluidos en este apartado

18. No hacer uso del cinturón de seguridad, sistemas de retención infantil, casco y demás elementos de protección: 3.



REGULAMENTO XERAL DE CIRCULACIÓN.

Artículo 2. Usuarios.
Los usuarios de la vía están obligados a comportarse de forma que no entorpezcan indebidamente la circulación ni causen peligro, perjuicios o molestias innecesarias a las personas, o daños a los bienes

Artículo 20. Tasas de alcohol en sangre y aire espirado.
No podrán circular por las vías objeto de la legislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial los conductores de vehículos ni los conductores de bicicletas con una tasa de alcohol en sangre superior a 0,5 gramos por litro, o de alcohol en aire espirado superior a 0,25 miligramos por litro.

Artículo 27. Estupefacientes, psicotrópicos, estimulantes u otras sustancias análogas.
1. No podrán circular por las vías objeto de la legislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor y seguridad vial los conductores de vehículos o bicicletas que hayan ingerido o incorporado a su organismo psicotrópicos, estimulantes u otras sustancias análogas, entre las que se incluirán, en cualquier caso, los medicamentos u otras sustancias bajo cuyo efecto se altere el estado físico o mental apropiado para circular sin peligro.

Artículo 48.Velocidades máximas fuera de poblado.
1. Las velocidades máximas que no deberán ser rebasadas [...] son las siguientes:
e. Para ciclos, ciclomotores de dos y tres ruedas y cuadriciclos ligeros: 45 kilómetros por hora. No obstante, los conductores de bicicletas podrán superar dicha velocidad máxima en aquellos tramos en los que las circunstancias de la vía permitan desarrollar una velocidad superior.




Artículo 54. Distancias entre vehículos.
1. Todo conductor de un vehículo que circule detrás de otro deberá dejar entre ambos un espacio libre que le permita detenerse, en caso de frenado brusco, sin colisionar con él […].
2. Además de lo dispuesto en el apartado anterior, la separación que debe guardar todo conductor de vehículo que circule detrás de otro sin señalar su propósito de adelantamiento deberá ser tal que permita al que a su vez le siga adelantarlo con seguridad, excepto si se trata de ciclistas que circulan en grupo.

Artículo 62. Orden de preferencia en ausencia de señalización.
1. Sin perjuicio de lo que pueda ordenar el agente de la autoridad o, en su caso, indicar el personal de obras y el de acompañamiento de vehículos especiales o en régimen de transporte especial, el orden de preferencia entre los distintos tipos de vehículos cuando uno de ellos tenga que dar marcha atrás es el siguiente:
  1. Vehículos especiales y en régimen de transporte especial que excedan de las masas o dimensiones establecidas en las normas reguladoras de los vehículos.
  2. Conjunto de vehículos, excepto los contemplados en el párrafo d.
  3. Vehículos de tracción animal.
  4. Turismos que arrastran remolques de hasta 750 kilogramos de masa máxima autorizada y autocaravanas.
  5. Vehículos destinados al transporte colectivo de viajeros.
  6. Camiones, tractocamiones y furgones.
  7. Turismos y vehículos derivados de turismos.
  8. Vehículos especiales que no excedan de las masas o dimensiones establecidas en las normas reguladoras de los vehículos, cuadriciclos y cuadriciclos ligeros.
  9. Vehículos de tres ruedas, motocicletas con sidecar y ciclomotores de tres ruedas.
  10. Motocicletas, ciclomotores de dos ruedas y bicicletas.

Artículo 64. Normas generales y prioridad de paso de ciclistas.
Los conductores de bicicletas tienen prioridad de paso respecto a los vehículos de motor:
  1. Cuando circulen por un carril bici, paso para ciclistas o arcén debidamente señalizados.
  2. Cuando para entrar en otra vía el vehículo de motor gire a derecha o izquierda, en los supuestos permitidos, y haya un ciclista en sus proximidades.
  3. Cuando circulando en grupo, el primero haya iniciado ya el cruce o haya entrado en una glorieta.

Na ASCIGA témolo moi claro:

¡RESPETAR E FACERSE RESPETAR!

sábado, 26 de enero de 2013

Marcha ciclista na honra de Cristóbal Hermida


O día 20 de xaneiro o Clube Ciclista de Bueu celebrou unha marcha conmemorativa na honra do seu presidente, Crisóbal Hermida, asesinado na estrada mentres practicaba o seu deporte, a súa paixón: a bicicleta. O acto era, ó mesmo tempo, un clamor contra a “violencia viaria” que a cotío sofren os que collen a bicicleta e un recordo para os que a colleron un día e non voltaron falecendo por mor desa sorte de violencia.


Á marcha acudiron ciclistas por centos, sobrepasando de modo folgado o millar, a pesar da climatoloxía adversa cunha persistente choiva nun día gris, quizáis evocador da tristura que, mesturada coa amarga impotencia, desprendía o acto que se celebraba. As pingas de choiva, as trasuntas bágoas de Cristóbal Hermida, foron un aliciente máis para todos os que coa súa bicicleta, do tipo que fose, alí se presentaron. Físicamente, efectivamente, foron moitos; nembargantes, a conciencia de todos os ciclistas que non puideron estar, ben que quixeran, estaba presente dende o comezo, en cada ciclista, en cada pedal, en cada quilómetro de estrada percorrido pola marcha.


Coa vantaxe que aporta o feito de analizalo acto coa distancia do tempo, comprobamos que o acto celebrado na honra de Cristóbal Hermida, tivo unha relativamente exitosa acollida, se ben limitada á prensa galega e ó día da marcha. Pero o que se conmemorou non debe, coma cada un dos ciclistas perecidos na estrada, quedar atrás no tempo coma se se tratase de algo anecdótico; porén os cliclistas debemos, como colectivo, seguir poñendo en alza o que alí se reclamou, para que a Administración non fique queda ante nomes como o de Cristóbal Hermida ou Iñaki Lejarreta. E iso é o que na ASCIGA faremos: ningún nome caerá no saco do esquecemento, a modo da súa transfiguración nun simple número para as estadísticas. Todo o contrario, cada un, erixirase no ariete que golpeará as conciencias da sociedade e arremeterá contra a burocracia administrativa co único obxectivo de que as medidas de protección do ciclista sexan reais e efectivas.



Porque o que o 20 de xaneiro se reivindicou, amén da honra do falecido, non foi unha cuestión caprichosa dos ciclistas, nin unha marcha gratuita; non se trataba de clamar contra recortes, nin sanidade, nin corrupción, nin dereitos sociais, nin traballo digno, nin desahucios nin dunha manifestación desas que, con todo o respeto que merecen as súas causas, tan boa acollida teñen na prensa. Non. Tratábase de reivindicar medidas en favor de algo moito máis importante e máis significativo: O DEREITO Á VIDA.


Gustaríanos dicir que Cristóbal Hermida foi o último mártir. Sexa como fore, D.E.P., amigo.