Dende a última publicación do 6 de outubro vos temos a todos á espera de darvos conta dos avances, poucos avances, de cara a solucionar o grave problema co que nos enfrontamos no monte galego. Os que nos acompañades dende hai tempo sabedes que unha das nosas máximas é a transparencia e que tratamos de casala o mellor posible coa responsabilidade nos asuntos máis importantes. Imos logo contar "como vai a partida":
- O primeiro punto é facer públicas as "cartas" que puxemos sobre a mesa da Xunta de Galicia naquel 20 de setembro en San Caetano para que poidades ter unha opinión ben formada. Aprobeitamos para aclarar que non publicamos todas as nosas propostas dende un principio en prol daquela responsabilidade da que falabamos no primeiro párrafo e ante a promesa do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes de valoralas seriamente.
Pasado agora un tempo prudencial debedes saber que, ademáis de comunicación e mediación cos demáis implicados na aparición de trampas mortáis nos montes galegos, pedimos á Xunta de Galicia que exercese medidas serias para con aquelas Comunidades veciñais de monte en man común que están a mostrar unha actitude máis velixerante e ó marxe da legalidade e que son as primeiras responsables (responsabilidade que estas mesmas CCMM se arrogan á hora de limitar o uso dos montes) de que nas súas terras non existan trampas mortais. Tal medida non foi outra que a inclusión dunha clausula en calquera documento de adhesión ou solicitude de subvencións ou axudas pola cal a Comunidade solicitante se comprometa a manter o monte libre de trampas. Doado e sinxelo, para toda a familia!
- Dende aquel 20 de setembro vimos agardando ser convocados a unha xuntanza co responsable autonómico, policía e CCMM. A demora, segundo nos expresa o propio Secretario Xeral, viría provocada pola carga de traballo que supuxeron os cambios na estrutura da Xunta de Galicia e pola solicitude da Mancomunidade de Vigo de manteren con el unha xuntanza previa.
- Aprobeitamos esta última conversa co Secretario Xeral para solicitarlle o seu parecer sobre os carteis que están a aparecer en algun monte prohibindo multitude de actividades, incluída a circulación con bicicletas, e co selo da propia Xunta algúns deles. Nos confirmou que eses carteis non contan co aval da administración e que ten solicitado un informe sobre os mesmos ós técnicos da Xunta.
Neste apartado non deixamos de trasladarlle tamén a nosa condea das pintadas aparecidas nun destes carteis en Valadares xa que a nota de prensa que enviamos conxuntamente con Pedaladas non foi publicada en ningún medio e a comunicación directa á propia Comunidade Veciñal non tivo resposta.
- Xa a modo de valoración, e agardando unha definitiva publicación no DOGA, escoitamos hai poucas datas ó Presidente da Xunta anunciar unha serie de medidas e axudas económicas a diversos entes entre os que se atopaban as Comunidades de Montes. Manterémonos á espera de ter novos datos a fin de comprobar se a nosa proposta foi efectivamente valorada ou descartada de enriba do tapete onde se está a xogar esta partida.
Nada máis que contar polo de agora. Seguiremos informando.
BENVIDOS. Este é o espazo da ASOCIACIÓN CICLISTAS GALEGOS. Somos unha asociación galega, libre e altruista destinada á defensa do ciclista. ¡Únete a nós sen compromiso! Ponte en contacto con nós en ciclistasasociadosgalegos@gmail.com.
miércoles, 16 de diciembre de 2015
miércoles, 2 de diciembre de 2015
HOXE RODAMOS CON... Álex Regueiro.
Hoxe
desprazámonos até Teo, preto de Compostela, e rodamos cara a Comarca do
Barbanza con Alejandro Regueiro...
Alejandro chega ó
punto de encontro puntual, tranquilo e rodando con moita clase enfundado no seu
flamante maillot da Selección Nacional coa que ven de disputar o Campionato
Mundial UCI en Richmond, EE.UU.
Escolle para nós
unha ruta tranquila e con pouco desnivel para poder falar con tranquilidade:
Pregunta: Que leva a un rapaz de Teo a decantarse polo
ciclismo?
Resposta:
Boas, pois a verdade é que comecei a andar en bici moi novo grazas a meu pai Carlos e ao meu tío Martín que xa saían con normalidade tanto na bici de
carretera como na de montaña e claro, de novo, velos a eles saír e decidín probar
a montarme nese "aparello con duas rodas" que tanto utilizaban eles. Pouco a pouco foime enganchando ata
convertirse na miña paixón.
P: Todos medramos con pósters e fotos pegados nas paredes da habitación. Que
foto había no teu armario?
R: Pósters
non teño moitos pero sí teño varios ídolos ou referentes no mundo do deporte,
xente como Ezequiel Mosquera ou como Froome son duas das persoas que máis
admiro dentro do ciclismo.
P: Xa máis de preto, aínda que acabas de comezar (coma quen di), hai xa
algunha persoa que supoña un piar importante na túa carreira? Aqueles que se
nomean nas roldas de prensa cando se logran cousas importantes...
R: Sobre
todo toda a miña familia que supón un piar moi importante na miña vida, ademáis
deles a os bos amigos que sempre están ahi. Tamén teño moito que agradecerlle
a o meu adestrador e a os compañeiros de grupeta.
P: Como ves o ciclismo en Galicia? Hai nivel? Hai carreiras? Hai clubes,
canteira? Que votas en falla?
R: En Galicia hai moito ciclismo, ben se ve que
tanto os xuvenís como os élite e sub23 teñen moito nivel e moita calidade, o que
falla son as carreiras xa que as poucas que hai aquí son ciruitos pequenos...
Clubes de cadetes para abaixo hai
moitos, e corredores tamén, xa despoís vai minguando a cousa... Voto en
falla máis carreiras de máis nivel tanto de xuvenís como de elite e sub23.
P: Cousas boas, tamén haberá?
R: SI , con esta nova directiva (da Federación) vese moito interés
e motivación por facer as cousas ben...
P: Como es novo haberá moitos compañeiros e amigos que non saiban de que vai
o tema. Coñecen os teus amigos (non ciclistas) como é a túa “vida escura” cada
vez que dasapareces para ir adestrar? Como cres que te ven?
R: Os bos
amigos saben o que hai, o sacrificado que é o ciclismo... As outras persoas
que poden verme nalgunha foto de internet ou adestrando por Santiago e
arredores non sei que poden pensar. Igual que estou tolo por sair tanto na bici
(jaja)
P: Hoxe (polo día que saímos) é unha xornada tranquila pero, como é o
adestramento ó longo do ano? Cantos quilómetros caeron adestrando no 2015?
R: Pois sí o día de hoxe foi bastante tranquilo,
pero habitualmente non o é tanto, polo xeral adestro cinco ou seis días a semá, pero con máis carga de horas e con algunha serie polo medio. Este 2015 caeron
15.000 km. Estiven parado sobre un mes senon algúns máis aínda caían jaja
P: En Galicia o tempo non axuda nada e todos sabemos deses adestramentos que
“contan dobre” (polo que adestras ti e o que deixan de adestrar os que quedan
na casa), como afrontas eses días de choiva e frío? Cóntanos algún truco ou
segredo que nos poida facer a vida máis doada?
R: Pois a verdade é que si, hai tempadas que se
fan moi pesadas pola choiva e polo frio, se fas caso do tempo aquí non sales
nada na bici polo que a única solución é mercar boa roupa de inverno, un bo
chuvasqueiro e ter ganas de adestrar.
P: E no referente ó tráfico, es dos que se indigna cos automobilistas? Dos que
protesta? Dos que se resigna? Dos que teñen medo? Como te enfrontas ó tráfico?
R: Por suposto, hai moitas persoas que respetan
moito os ciclistas, pero hai outras que pensan que somos un estorbo na estrada,
esas persoas son as que che pasan pegado cando vas pola estrada, das que che
pitan para que te apartes, cando ocurre así por suposto que protesto xa que os
que nos xogamos a vida somos nos que imos desprotexidos non eles dentro do coche
que saben que como moito terán un pequeno raiazo se tiran con un... intento
respetar todas as normas de circulación para convivir dunha maneira xusta cos
automóbiles.
P: Imos agora co futuro. Es unha das flamantes fichaxes dunha das xoias
galegas do ciclismo, o FROIZ. Que agardas desta tempada? Que podemos agardar
nós de ti?
R: Este ano
vai ser o primeiro na categoría sub23 e o principal obxectivo e aprender o
máximo posible, disfrutar e ser feliz facendo o que nos gusta. A verdade é que
estou moi contento de poder correr cun gran equipo como é o Froiz, teño moitas
ganas de comezar a correr con eles e aprender dos compañeiros con máis
experiencia e axudalos en todo o que poida. E bueno, tamén intentarei gañar
algunha pero ben sei que iso e moi complicado, por ganas e esforzo non será.
P: Esta fichaxe é froito dunha brillante tempada que, se ben non acababa de
arrancar, rematou dun xeito brillante en Richmond. Como é un mundial de
ciclismo? Como se vive dende dentro, e como espectador? Cal é o ambiente? Que
cousas che chamaron a atención? ... hai que volver!
R: O
mundial foi a carreira máis importante da miña vida e tamén a máis especial ,
todas esas experiencias vividas eses días nunca imaxinei que podería vivir o
que vivín ir con Purito, Valverde, Lobato... foi brutal, poder adestrar con
eles, ver a Tv xuntos etc son detalles que nunca olvidarei. O ano anterior
vivín o mundial de Ponferrada detrás das vaias, e xa me pareceu brutal,
vivilo dende dentro foi unha terrible experiencia... Dende que volvín de alí
teño claro o que quero ser e tamén o que estou disposto a sacrificar por
cumplir a meu soño. Gracias a esa carreira decidín que realemente o que quero
ser é ciclista, e ademáis de eso disfrutar moito polo camiño, que todo
sacrificio e dedicación acaban tendo recompensa. Oxalá algún día poida volver e
decir fai uns anos aquí comezou todo!
P: O noso deporte ten un argot moi extenso. Expresións, frases, berros de
guerra... Cal é a túa favorita? Algo que nos axude a rematar de coñecerte un
pouco mellor...
R: Unha frase que sempre penso cando estou nunha
carreira subindo un puerto ou sufrindo polo llano dígome a para min, "ese vai
peor que min, se a mi me doen as pernas a el máis!"
martes, 6 de octubre de 2015
Policía Autonómica e ciclistas man a man.
Temos un enorme problema entre mans. Un problema que supera o eido deportivo, de lecer ou calquera outro. Un problema que se nos plantexa inmenso ante os humildes medios desta Asociación pero que tomamos a decisión de afrontalo con toda a responsabilidade e con toda a decisión do Rei David.
Resulta que os galegos estamos tratando de matarnos os uns ós outros nos nosos montes e iso é algo que nos negamos a asumir.
É por iso que vos anuniciamos a través do noso Facebook hai unhas datas que colliamos o touro polos cornos para sermos nós quen, como humildes representantes do noso colectivo, tratasemos de averiguar os prexuizos que os ciclistas irresponsables, que tamén os hai, poidan estar a xerar a outros usuarios e propietarios no monte; para coñecer cal pode ser ese "pecado mortal" que debe ser castigado coa propia vida; para abrir un diálogo e demostrar que somos quen de vivir e entendernos en paz; para convertir a vergonza de ser o lugar de España onde máis destas salvaxadas atopamos no orgullo de mostrar ó resto do Estado cál é o camiño.
O primeiro paso foi chamar a atención da Xunta de Galicia sobre un problema gravísimo a redor do cal non se están a tomar medidas de modo que o pasado 20 de Setembro fomos convocados polo Vicepresidente, Alfonso Rueda, a unha xuntanza cos principais responsables de cada sector administrativo con competencias na materia en San Caetano. E alá fumos... en bici, por suposto!
Moitas gracias a todos e lembrade, agora máis ca nunca: ANDADE CON OLLO AÍ FÓRA!!
Resulta que os galegos estamos tratando de matarnos os uns ós outros nos nosos montes e iso é algo que nos negamos a asumir.
É por iso que vos anuniciamos a través do noso Facebook hai unhas datas que colliamos o touro polos cornos para sermos nós quen, como humildes representantes do noso colectivo, tratasemos de averiguar os prexuizos que os ciclistas irresponsables, que tamén os hai, poidan estar a xerar a outros usuarios e propietarios no monte; para coñecer cal pode ser ese "pecado mortal" que debe ser castigado coa propia vida; para abrir un diálogo e demostrar que somos quen de vivir e entendernos en paz; para convertir a vergonza de ser o lugar de España onde máis destas salvaxadas atopamos no orgullo de mostrar ó resto do Estado cál é o camiño.
O primeiro paso foi chamar a atención da Xunta de Galicia sobre un problema gravísimo a redor do cal non se están a tomar medidas de modo que o pasado 20 de Setembro fomos convocados polo Vicepresidente, Alfonso Rueda, a unha xuntanza cos principais responsables de cada sector administrativo con competencias na materia en San Caetano. E alá fumos... en bici, por suposto!
Nunha mesa na que, tras da exposición da ASCIGA, todos se mostraron escandalizados e horrorizados polo que está a acontecer e logo da decepción de comprobar de primeira man que non se estaban a tomar aínda medidas concretas nos viñemos co compromiso do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes de que valoraría con serenidade as nosas propostas e, sobre todo, co do Comisario Xefe da Policía Autonómica de facer seguimento e investigar cada denuncia así como incluir as trampas nos montes como un elemento máis de estudo dos axentes desprazados a cada curruncho da nosa xeografía.
Non só iso, Silverio Blanco demostrou ser profundo coñecedor da problemática coa que se enfrontan a diario os axentes do Corpo que dirixe e puxo en valor a enorme importancia e tremendo valor social que supón o noso colectivo:
O descubrimento dos corpos sen vida de Laura e Marina en Cuenca, o de Carlos (veciño de Aríns) nas vías do tren en Compostela ou o vehículo do rapaz de 19 anos que tiña desaparecido en Rianxo son só tres exemplos da inmensa laboura de vixilancia que, sen sermos conscientes, levamos a cabo todos os ciclistas a diario por toda a nosa xeografía.
É un factor de tremendo valor social que non escapa ó coñecemento dos nosos CFSE e por iso recibimos nesa xuntanza un importante encargo: o de sermos GARDIÁNS DO MONTE GALEGO!
Facilitousenos, por parte da Unidade Adscrita da Policía Nacional á Xunta de Galicia a listaxe de direccións e contactos de todas as súas sedes, que vos rogamos que teñades ben á man a partir de agora, para dirixirvos á que vos corresponda directamente cando teñades calquera tipo de incidencia nas vosas rutas: tanto se atopades algúnha trampa ou elemento perigoso, un vertido ilegal, indicio ou sospeita de provocación de lumes ou calquera actividade relevante que poidades considerar ilegal.
Copiamos a continuación toda esa información a fin de que a poidades usar e facer chegar a claquera compañeiro interesado e aproveitamos para lembrar que nós tamén debemos ser cívicos e, agora máis, a nosa conducta exemplar:
- Jefatura de la Unidad Adscrita en Santiago de Compostela: Tfno.: 981 546474/ Fax: 981 546482.
r/ Roma 25-27 15781 Santiago de Compostela.
-Sede Provincial de A Coruña: Tfno.: 981 15 34 10/ Fax: 981 15 43 82.
r/ Ronda de Nelle, 24 15005 A Coruña.
-Sede Provincial de Lugo: Tfno.: 982 25 26 11/ Fax: 982 25 26 67.
r/ Ronda de Fingoi (Esquina Avda. Madrid) 27002 Lugo.
-Sede Provincial de Ourense: Tfno.: 988 24 12 00/ Fax 988 24 12 80.
r/ Clara Campoamor, 9-17 32002 Ourense.
-Sede Provincial de Pontevedra: Tfno. 886 20 61 42/ Fax 886 20 61 40
Avda. Fernández Ladreda, 43 36003 Pontevedra.
-Sede Local en Vigo: Tfno.: 986 26 61 58/ Fax 986 26 79 09
r/Pateira, 7- Interior 36214 Vigo.
Moitas gracias a todos e lembrade, agora máis ca nunca: ANDADE CON OLLO AÍ FÓRA!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






