Dende que hai uns días Terio Carrera fixera pública a Sentencia da
Audiencia Nacional que poñía fin ó procedemento seguido contra Ezequiel
Mosquera que serviu no seu momento para borrar da face da terra ó mellor
equipo español no momento da súa desaparición, o Xacobeo Galicia; os amantes
deste deporte estamos de noraboa. E debemos subliñar iso de “os amantes deste
deporte” porque semella que a resolución da Audiencia Nacional non gustou a algúns
que están a patalear coma meniños ós que se lles quitou un doce.
Sorprende ler certas publicacións estes días. Estamos acostumados a que
partidos políticos enzoufados de corrupción ate as orellas digan publicamente
que respectan as decisións xudiciais, pois ben, certos xornalistas non só non o
fan se non que cometen a temeridade de cuestionalas dende as súas colunnas.
Son varios os frentes abertos que poñen en dúbida a decisión da Audiencia
pero nos imos centrar nun en concreto, por cercanía e porque plantexa unha dúbida
que nos gustaría resolverlle ó noso amigo Pablo Gómez.
No seu artigo do pasado 5 de xaneiro titulado “¿Se dopó o no se dopó Ezequiel Mosquera?” pretende sementar as dúbidas sobre o contido da resolución
plantexando de maneira tendenciosa cuestións como “¿Pero qué significa la
Sentencia de la Audiencia?” ás cales non pode dar unha resposta mínimamente
fundada dende a súa falta de preparación xurídica e se limita a interpretar de
novo de forma sesgada concluíndo que “…la cuestión está todavía sin resolver”.
O noso amigo Pablo se empeña en criticar que só se alude na Sentenza a dous dos motivos do recurrente. Debería saber o
xornalista (ou como mínimo consultalo antes de escribir) que os motivos do
recurso que debe valorar o xulgador non os establece a propia Audiencia nin “un simple xornalista detrás do seu PC”, se non a Lei de Enxuizamento Civil que,
ademáis, establece un orde e a prohibición de entrar a valorar certos motivos
se non se cumpren os requisitos necesarios.
Para que todos nos entendamos e facer esta entrada o máis amena posible
imos facer un exercicio de imaxinación e transformar a pretendida dopaxe de
Ezequiel (co seu permiso) nun asasinato:
Semella molestar ó noso amigo Pablo que se aprecie o primeiro dos motivos
de recurso: inaplicación do Regulamento da Federación Española. No noso asasinato imaxinario
estaríamos pretendendo aplicar o Código Penal Alemán ou Cubano para sancionar ó
acusado en España.
No tocante á presunción de inocencia, a “normativa antidopaje” á que fai
referencia o noso amigo Pablo, que non é outra que o Artigo 21 do Código
Mundial ó que se empeña en redirixir o caso, di que o deportista debe demostrar
a procedencia das substancias achadas no seu organismo. Se o trasladamos ó noso
“asasinato” o acusado debería demostrar por qué faleceu a vítima, coa súa
autopsia e todo para poder defenderse. Plenamente lóxico, non sí?
Segundo o exposto, podemos compobar como o ataque á Sentencia da Audiencia
carece totalmente de fundamento e o podemos calificar claramente de pataleta
debida á flagrante ignoracia do noso amigo Pablo das normas básicas xurídicas
aplicables ó procedemento. Obviamente preferimos optar por pensar que é a
ignorancia a que move a este xornalista e non a intención de calumniar porque estariamos cometendo a temeridade de non respectar o principio de presunción de inocencia.
Respostando ás preguntas: EZE É INOCENTE E NON, NON SE DOPOU!
Respostando ás preguntas: EZE É INOCENTE E NON, NON SE DOPOU!
Hala Pablo, por preguntar!




