miércoles, 7 de enero de 2015

O eterno pesadelo de Eze,



Dende que hai uns días Terio Carrera fixera pública a Sentencia da Audiencia Nacional que poñía fin ó procedemento seguido contra Ezequiel Mosquera que serviu no seu momento para borrar da face da terra ó mellor equipo español no momento da súa desaparición, o Xacobeo Galicia; os amantes deste deporte estamos de noraboa. E debemos subliñar iso de “os amantes deste deporte” porque semella que a resolución da Audiencia Nacional non gustou a algúns que están a patalear coma meniños ós que se lles quitou un doce.




Sorprende ler certas publicacións estes días. Estamos acostumados a que partidos políticos enzoufados de corrupción ate as orellas digan publicamente que respectan as decisións xudiciais, pois ben, certos xornalistas non só non o fan se non que cometen a temeridade de cuestionalas dende as súas colunnas.



Son varios os frentes abertos que poñen en dúbida a decisión da Audiencia pero nos imos centrar nun en concreto, por cercanía e porque plantexa unha dúbida que nos gustaría resolverlle ó noso amigo Pablo Gómez.



No seu artigo do pasado 5 de xaneiro titulado “¿Se dopó o no se dopó Ezequiel Mosquera?” pretende sementar as dúbidas sobre o contido da resolución plantexando de maneira tendenciosa cuestións como “¿Pero qué significa la Sentencia de la Audiencia?” ás cales non pode dar unha resposta mínimamente fundada dende a súa falta de preparación xurídica e se limita a interpretar de novo de forma sesgada concluíndo que “…la cuestión está todavía sin resolver”.



O noso amigo Pablo se empeña en criticar que só se alude na Sentenza a dous  dos motivos do recurrente. Debería saber o xornalista (ou como mínimo consultalo antes de escribir) que os motivos do recurso que debe valorar o xulgador non os establece a propia Audiencia nin “un simple xornalista detrás do seu PC”, se non a Lei de Enxuizamento Civil que, ademáis, establece un orde e a prohibición de entrar a valorar certos motivos se non se cumpren os requisitos necesarios.



Para que todos nos entendamos e facer esta entrada o máis amena posible imos facer un exercicio de imaxinación e transformar a pretendida dopaxe de Ezequiel (co seu permiso) nun asasinato:



Semella molestar ó noso amigo Pablo que se aprecie o primeiro dos motivos de recurso: inaplicación do Regulamento da Federación Española. No noso asasinato imaxinario estaríamos pretendendo aplicar o Código Penal Alemán ou Cubano para sancionar ó acusado en España.

No tocante á presunción de inocencia, a “normativa antidopaje” á que fai referencia o noso amigo Pablo, que non é outra que o Artigo 21 do Código Mundial ó que se empeña en redirixir o caso, di que o deportista debe demostrar a procedencia das substancias achadas no seu organismo. Se o trasladamos ó noso “asasinato” o acusado debería demostrar por qué faleceu a vítima, coa súa autopsia e todo para poder defenderse. Plenamente lóxico, non sí?



Segundo o exposto, podemos compobar como o ataque á Sentencia da Audiencia carece totalmente de fundamento e o podemos calificar claramente de pataleta debida á flagrante ignoracia do noso amigo Pablo das normas básicas xurídicas aplicables ó procedemento. Obviamente preferimos optar por pensar que é a ignorancia a que move a este xornalista e non a intención de calumniar porque estariamos cometendo a temeridade de non respectar o principio de presunción de inocencia.


Respostando ás preguntas: EZE É INOCENTE E NON, NON SE DOPOU!



Hala Pablo, por preguntar! 



5 comentarios: