Pois sí, amigos. O 9 de marzo estivemos en Cuntis na Ruta do Lacón que
neste 2014 acadaba a súa terceira edición. E vista a progresión ascendente que
está a acadar, da man do CDM Xesteiras e os seus colaboradores, esperemos que
sexan moitas as que lle resten. E iso contando que este ano esta ruta coincidíu
con outros grandes eventos na orbe do BTT como a propia Transgalaica. Pois ben,
esta edición da Ruta do Lacón cos seus 38 quilómetros presentábase como
especialmente apetecible por dúas razóns. A primeira, que era prácticamente a
primeira ruta na que, despois de meses e meses de incesantes choivas (“E se
chove, que chova!” dicían), iamos gozar dun tempo soleado e temperaturas máis
propias dun mes de xuño que dun mes de marzo, circunstancia que se unía ó
atractivo que esta ruta ten para moitos, e particularmente para quen suscribe
estas palabras. O segundo dos alicientes estaba na lembranza da apoteose de
choiva, lama, frío e auga na que se convertira a edición de 2013 que, se ben
lle deu á ruta un punto épico, tamén desluceu un tanto o percorrido, causou
cuantiosas averías e, xa de paso, destrozou as pernas de moitos bikers (entre
eles este sufrido biker). Esta III Ruta do Lacón, definitivamente, pintaba moi
ben e facíase apetecible.
Deberon de ser tan atractivas esas dúas circunstancias e as ganas de rutas
que xa dende ben cedo a Praza das Árbores da vila termal ateigouse de bikers chegados
de todas latitudes, que charlaban animadamente entre cafés, cos últimos axustes
nas bikes e algún que outro reencontro postinvernal; e todo animado polo xa
mítico speaker das rutas do CDM Xesteiras, ¡un crack! Por alí andaba tamén un
tal Gustavo César Veloso (vilagarcián, 2º da Volta a Portugal 2013, para máis señas),
que é un asíduo desta ruta e que sempre ten o detalle de acompañarnos no
percorrido.
Despois dun sorteo inicial de premios, xa coas raiolas de sol batendo nas
felicies caras dos bikers (inevitable rememorar as facianas atenazadas de frío
un ano antes), e coa ansia de probar o que nos tiñan preparado nos montes
cuntienses, deuse a saída e o grupo de máis de 600 bikers comezou a estirarse
polas rúas do centro de Cuntis, nas que a actividade feiral co gallo da festa
do Lacón comezaba a ser notoria. Algún xa tiña máis a mente na volta que na
saída mesma. Berros, cánticos, fotos, ‘caballitos’, bromas cos veciños que nos
animaban, toma de posicións... ¡ambientazo!
En poucos quilómetros xa estabamos enfilando os montes da comarca por
pistas da zona entre as casas. Logo chegaron as primeiras ramplas nas que houbo
que subir coroas, cesar os coloquios e apretar un pouco os dentes. Este biker,
que saíu dende as relagadas posicións traseiras, ó tempo que ía avanzando
posicións, puido desfrutar do bo ambiente e camaradería que reinaba en todo o
grupo. E, pese ó cuantioso dos participantes, apenas houbo embotellamentos,
algo ó que tamén contribuiron eses primeiros metros para estirar o grupo como
tamén a criba das primeiras ramplas. Unha vez collido o ritmo, as subidas
parecían máis levadeiras de non ser porque, curva tras curva, o único que había
eran.... máis subidas ata onde alcanzaba a vista. Iso sí, subidas duras pero
que transcorrían por zonas empedradas, entre muros, e cruzando algún que outro
regueiro e que ó final sempre tiñan como premio unha trialera, a cada cal máis
bonita, máis técnica e máis divertida e todas perfectamente acondicionadas,
sinaladas, limpas e con cadansúa escapatoria (malchamada ‘alternativa’). A
única ‘pega’ que tiñan era que remataban.
Tralo primeiro dos avituallamentos (todos perfectamente ubicados), a
ruta transcorreu durante un bo tramo polo alto dos montes á par dos eólicos do
monte Cabalar, unha zona sen dúbida sobrecolledora pola inmensidade da cor
verde que a regaba baixo unha paisaxe despexada e pola que avanzaba un camiño
irregular, cheo de buratos e pozas de auga nas que había que xogar a atinar
onde estaba a parte menos fonda. Un non podía evitar lembrar a choiva, a néboa
e o vento que un ano antes nos acompañara precisamente naquel camiño. Nembargantes,
a calor que nese intre comezaba a apretar de modo xeneroso facía agradable a
sensación de enlamarse un pouco. Foi nesa zona que quen vos escribe sufreu un
pequeno despiste nun cruce, culpa única e exclusivamente miña (e solventado cun
clásico “marcha atrás”) xa que o marcado foi impecable e a organización non lle
“chorou” ó material con cintas a cada paso e sobre todo o dispendio en ‘spray’.
Neste capítulo, resultan particularmente destacables as frechas pintadas enriba
da propia terra do chan, as ramas e as xestas das marxes dos camiños pintadas
(¡ata nas subidas!) e as árbores con todas as súas raíces tuneadas de laranxa
en cada trialera.
Despois tomamos unha zona de baixada por unha zona desbrozada a conciencia
para enlazar outra baixada entre arboledos, á que a luz das raiolas do sol
filtrándose entre as follas e as ramas lle confería un aspecto enteiramente
primaveral, nunha zona que nos levaba xa a outro avituallamento. Un abundante e
nutritivo segundo avituallamento que só con velo alonxaba calquera síntoma de
pájara (¡e menos mal co que nos agardaba!), situado despois dunha longa e
bonita baixada; xa iniciada a marcha de novo, o trazado volvía a empinarse cara
arriba. Volta a subir coronas e a pelexarse coa bike e, se tocaba, retorcerse e
tirar de habilidade nas zonas máis duras e técnicas, que as había para dar e
tomar. Para compensar, todo sexa dito, tamén cruzabamos algún regueiro que nos
obligaba a mollar os pés que, comoqueira que o sol xa pegaba ben, era de
agradecer. Algún aproveitou para darse o primeiro chapuzón do ano.
Hai que deixar claro que cando os amigos do CDM Xesteiras anuncian
sorpresas a “bombo e platillo”, un pode esperar de todo. E cando digo de todo é
de-to-do.
E claro, xa sexa porque as forzas nas pernas non eran as do principio, xa
sexa por curiosidade ou xa porque había que administrar a última reserva, dei
en ollar o contaquilómetros para corroborar que realmente xa non quedaba moito
para a meta. O teu cerebro xa fai cábalas e lévate a unha placenteira
conclusión á que o resto do teu sistema locomotor aplaude a rabiar: a sorpresa
é trialera final e, despois, a comer. E foi nunha destas que, súbitamente, nun
cruce un dos membros da organización me indica unha nova subida da que non se
vía nin o final ¡sorpresa, sorpresa... ‘made in’ CDM Xesteiras! Alá como podes
tiras para arriba, por unhas ramplas rectas que non tiñan fin, a pleno sol,
ollando con abnegación como os 38
km anunciados esmorecían nas primeiras ramplas desa eterna,
infernal e despiadada subida. E para unirse a esta “festa”, cómo non, aparecen
os convidados de honra: os tiróns. Tiróns que incrementaban en calidade e
cantidade cada vez que, na procura da zona máis cómoda, pisaba o regueiro de
lama que baixaba polo medio do camiño e que fixeron que máis dun santo fose mal
nomeado pola miña parte.
Pero como todo ten o seu premio, ó final da subida sorpresa ós bikers
agardábannos dúas máis. A primeira, un bendito, glorioso, sublime, divino e redentor
avituallamento líquido non anunciado situado no mesmo final da subida “sorpresa”.
A máis quilómetros, máis avituallamentos, ¡así se fai! E este veu coma auga de
maio. Uns quilómetros máis adiante a segunda sorpresa: o comezo da trialera
final. Unha espectacular baixada de case tres quilómetros que fixo que todo
signo de fatiga fose esquecido dun plumazo. Divertida, impecable, técnica e rápida
ó mesmo tempo, que fixo as delicias de quenes nos tiramos polo monte abaixo deslizando
as bikes, que rodaban placenteiras, e rematando a trialeira, como guida do
pastel, nunha espectacular zona de curveo (fonte de cuantiosas caídas o ano
anterior). Unha quilometrada final e chegada a meta con 45 quilómetros de
percorrido. E todo para rematar cun efectivo lavado de bicis, duchas e un
fastuoso despliegue de aperitivos finais, entre charla e charla con outros
bikers e departindo sobre as vicisitudes da xa finiquitada III Ruta do Lacón.
Como non hai nada perfecto neste mundo, como pegas podemos sinalar un rego apenas
visible e bastante profundo que atravesaba unha baixada a metade de ruta sen
sinalizar e que fixo que moitos tivesen que tirar de habilidade para zafar do
susto e que sorprendía polo meticulosos que foran os organizadores sinalando
ata o máis nimio dos obstáculos. Por outro lado, destacar que houbo unha
pequena confusión terminolóxica dado que as ‘alternativas’ ás trialeras (á marxe
de que o fosen) reducían o percorrido, respondendo máis propiamente a unha ‘ruta
corta’ que a unha verdadeira ‘escapatoria’, que era o que pensaban moitos
bikers.
En resumo, todos e cada un dos participantes coincidimos no alto que deixou
o listón esta edición da Ruta do Lacón: sobresaínte en tódolos aspectos,
“sorpresas” incluídas. As facianas de satisfacción e as reiteradas felicitacións
á organización foron boa proba delo, felicitacións que dende a ASCIGA facemos
extensivas a todo o CDM Xesteiras. O traballo e a organización dunha ruta coma
esta sempre merece o aplauso e o agradecemento de quenes o disfrutamos, e abofé
que os amigos do CDM Xesteiras coa ruta deste ano gañaron o gañaron a base de
ben. Xa nos está a tardar a IV Ruta do Lacón. Ide descontando os días...
Crónica: Luis M. Martínez.
chenlili20160701
ResponderEliminarray ban sunglasses
cheap toms
longchamp handbags
coach canada
jordan retro 13
oakley sunglasses
adidas boost
celine outlet
toms outlet
kate spade outlet
coach outlet store online clearances
ray ban sunglasses
michael kors outlet clearance
kobe 8
asics shoes
air jordan 4
true religion outlet
ray bans
discount jordans
louis vuitton outlet
michael kors outlet clearance
polo ralph lauren
louis vuitton outlet
montblanc
air jordan shoes
michael kors outlet
toms outlet
louis vuitton handbags
ray ban sunglasses
coach factory outlet
michael kors outlet
christian louboutin outlet
christian louboutin sale
cartier watches
timberland outlet
louis vuitton outlet
christian louboutin wedges
ray ban sunglasses uk