O domingo día 29
de setembro tivemos o pracer de poder acudir ó estreo dunha nova ruta no sur de
Galicia. A comarca do Umia, concretamente a parroquia de Saiar (Caldas de Reis)
daba acollida á primeira edición da Ruta BTT Laxe dos Bolos, da man da peña ciclista
os Escornabikes co apoio da fundación Galicia Sustentable, a Peña Ciclista Umia, Esmorga e outros
colaboradores.
Anunciaban choiva
abondosa para esa mañá pero a climatoloxía respectou ben ós participantes. Coas
semanas de calor que levabamos, cos ceos cubertos e as chuvias da noite
anterior quedou unha mañá sobresaínte para practicar ciclismo e disfrutar desa
imaxe do monte galego desbordando cor verde, húmido, con pingueiras nas
árbores, con lameiras exquisitas e unha temperatura máis que perfecta para dar
pedais.
Así pois,
rematados os prolegómenos, tomamos a saída uns 150 participantes, bastantes
tendo en conta a climatoloxía dos días previos. Eu optei por tomar a saída
dende a parte traseira, circunstancia que me dou a ocasión de poder atopar con
vellos coñecidos, deses que non viches fai anos e vas a atopar nunha ruta BTT.
Cousas da vida. Avanzando posicións, coma sempre neste tipo de eventos, un
percátase pronto do bo ambiente imperante, entre comentarios e risotadas; todo
nuns quilómetros de terreo chan ó longo dos cales o grupo se foi estirando.
Pronto irromperon
no trazado as primeiras ramplas camiño do monte Xiabre e foron, paseniñamente,
silenciando os comentarios e convertendo as risas en esbufos. Coñecedor do
terreo polo que se movía a ruta, adoptei un ritmo medio alto que me fixo ir
saltando cara adiante, de biker en biker, parando nalgún caso para preocuparme
ás vítimas das primeiras avarías e pinchazos. Seguindo cara adiante, mantendo o
ritmo e con boas sensacións nas pernas, as ramplas van quedando atrás. Rematada
a primeira gran subida, tomamos unha trialera entre os pinos. A pica húmida e
abundante entre algún burato e algunha pedra, facía que a bicicleta se
deslizase rápida e áxilmente entre as árbores, pero esixindo certa técnica para
non ir de fuciños ó chan nin probar a corteza dun pino galego.
Rematada esta
trepidante baixada, rodei cun compañeiro do Armenteiraepunto (“malas compañías”,
que diría miña nai) e con outro que ambos nos atopamos polo camiño; os tres fomos
a bo ritmo dando comezo a unha nova subida. Unha nova subida que se prolongou
durante quilómetros e quilómetros e na que só tivemos unha única paréntese, a do
avituallamento, preto da canteira do Xiabre, practicamente no único tramo de asfalto que pisamos; un asfalto tan grata como sorprendentemente ausente da ruta. Alí, no avituallamento, recibimos uns inesperados
apupos dunha veciña ó berro de "¡Veña, arreade que diante sólo van tres!". A muller galega, brava onde as haxa, sempre firme na crenza no esforzo e que non cede "nin nos amistosos".
O noso grupete
reemprendeu a marcha, con algunha que outra conversa, e ata apenas catro quilómetros do cumio avanzamos xuntos os tres,
dado que foi xusto aí, nas ramplas máis duras, onde o noso amigo do Armenteiraepunto amosou
que levaba un punto máis e o outro compañeiro un punto menos. Tanto é así que,
pese ó bo ritmo mantido, rebentou ó berro de “¡Non podo cos c...óns!”. Eu
tampouco tiña gasolina para moito máis, seguín como boamente puiden e quedei só
entre ambos. Chegado ó último quilómetro, pechado de néboa, a ruta pisou
asfalto, cousa que me fixo rodar máis cómodo e, inclusive, poñer un punto de
ritmo máis ó tempo que infundín algo de ánimos noutros compañeiros ós que o
alquitrán se lles atragantou e estaban a pasar un mal momento.
Logo diso a ruta derivouse cara unha
baixada vertixinosa por pistas anchas, camiños con afiadas pedras e longuísimas
trialeras rectas entre pinos de plantación, nas que a bicicleta se deixaba ir
rápida pero perigosamente. Estas esixían andar espabilado cos freos posto que o
terreo mollado producía un efecto deslizante moi notable. Os últimos 9
quilómetros desenvolvéronse por un terreo rompepernas de pistas de monte nas
que a única perigosidade residía na gravilla que cubría a superficie e na que o
meu exceso de presión nas rodas fíxome sufrir algún susto. Polo que logo
souben, máis de un probou os barrancos que había ós lados por exceso de
confianza. Pero abofé que o contou cun sorriso de ourella a ourella, pois a
satisfacción foi a nota dominante.
Dúas horas e dezanove minutos de diversión polo monte e con tres compañeiros que me antecederon na chegada. Todos eles e os que
foron alcanzando á meta coincidían unánimemente na boa valoración da ruta.
Quizáis o punto
triste da xornada foi ter que comprobar in situ os efectos da man criminal do
home, con numerosas e extensas zonas calcinadas do monte Xiabre que, coma no caso do Monte Pindo no norte de Galicia, roubáronlles ós
participantes unhas vistas incomparables e indescriptibles das paraxes deste monte que domina a Ría de
Arousa. Unhas manchas negras que tinguiron desa mesma cor o corazón de quenes sentimos como propio ese monte por frecuentalo tantas veces.
Non obstante, a ruta foi un éxito rotundo tanto en participación coma
en organización, sobre todo tendo en conta que se trataba da que agardemos que
sexa a primeira das rutas Laxe dos Bolos. A guinda ó pastel foron refrescos,
cervexas e empanada a fartar para tódolos valentes que se aventuraron a
percorrer os montes da parroquia de Saiar no incríble trazado disposto polos
Escornabikes. ¿Quen se apunta á seguinte?
chenlili20160701
ResponderEliminartoms wedges
oakley canada
coach factory outlet online
michael kors outlet clearance
instyler max
celine bags
coach factory outlet
true religion outlet
vans shoes
coach factory outlet
longchamp le pliage
oakley outlet
celine bags
adidas nmd
kd 8 shoes
rolex watches
tiffany jewelry
polo ralph lauren
louis vuitton outlet
oakley sunglasses outlet
hollister clothing
kate spade handbags
coach outlet
coach outlet
coach factory outlet
louis vuitton
nike uk
adidas running shoes
nike roshe run women
burberry bags
louis vuitton handbags
nike trainers women
coach factory outlet
nike running shoes for women
louis vuitton outlet
nike air max uk
cheap jordans
oakley sunglasses outlet
converse outlet
ResponderEliminarchristian louboutin outlet
air jordan
nike air max
coach outlet store
kyrie 3
jordans
supreme clothing
off white hoodie
nike epic react flyknit
xiaofang20191216
this contact formdescription have a peek at this web-sitedirectory More about the authorcheck it out
ResponderEliminar