Asqueado, indignado, enfurecido,
vilipendiado… pero non sorprendido.
Como algún de vos saberá, esta mañá
atendín telefónicamente unha chamada de “Aquí Galicia”, programa da Radio
Galega, que nos pedía a opinión da ASCIGA ó abeiro dos datos que ven de
presentar a DXT por voz da súa Directora Xeral.
Da conversa non se emitiu nin a metade
baixo o pretexto de que o sinal do meu móbil non era bo. Casualmente non se
escoitou a parte na que “metía caña” á DXT, pero iso contámolo outro día.
A chamada me pillou lonxe da casa e me
sorprenderon as cifras que me comentaba a xornalista, de modo que ó chegar o
meu domicilio procurei contrastalas cos nosos arquivos. Non me sorprendeu o que
me atopei, pero si a falta total de habilidade coa que estes fariseos tratan de
enganarnos. Velaí vai o INFORME ASCIGA:
Esta imaxe está sacada do PDF que a DXT
publicou o pasado mes de xaneiro. Na presentación ampulosa destes datos
aparentemente positivos (xa temos comentado no blog a interpretación
tendenciosa dos mesmos realizada pola DXT) o Ministro de Interior comezaba a “rompernos
a cabeza” coa TEIMA DO CASCO, preparando o terreo para o ataque que estamos a
sufrir día tras día nos medios e, previsiblemente, no novo Regulamento Xeral de
Circulación.
As palabras do Señor Fernández Díaz
resultaron para nós tremendamente dolorosas, máxime tendo en conta que aínda estaba
quente o cadáver de Cristóbal Hermida, falecido en Ponteareas o 4 de xaneiro, e
que perdera a vida debaixo dun camión CO SEU CASCO BEN POSTO.
Máis tarde coñecemos que se estaba a
preparar un proxecto de Regulamento Xeral de Circulación. Outro despropósito
destes “sepulcros brancuxados”. Fixemos unha ampla análise no noso blog (I, II, III, IV, V), pero
como paradigma queda o comentario ó preámbulo (I) que establece falazmente como fin
do proxecto a: “priorización del uso de la bicicleta”, quedando estas fermosas
palabras reducidas a cinzas en canto nos metemos en materia reguladora.
Levamos demasiado tempo agardando unha soa
medida destinada a lograr o respecto da vida do ciclista por parte dos restantes
condutores, xa temos manifestado que NON QUEREMOS MÁIS XENTE NA CADEA POR
HOMICIDIO IMPRUDENTE, queremos algo máis doado: RESPECTO. I este respecto ten
que comezar pola propia DXT e os seus axentes. É sobre eles sobre quen cae o
peso de cada vida perdida; a eles lles corresponde comezar dunha vez e para
sempre a erradicar a VIOLENCIA VIARIA que sofre o ciclista a diario.
Imos agora á chicha: MARÍA SEGUÍ MINTE DESCARADAMENTE.
Unha Directora Xeral facendo publicidade a unha marca? Neste país non sorprende, non sí? |
Vos acabamos de amosar a imaxe dos datos
que a DXT presentaba o pasado xaneiro: fixádevos na liña que pon BICICLETA 33 /
47, son os falecidos en 2011 e 2012. Trinta e tres e corenta e sete. XXXIII e
XLVII, 33 e 47, cómo máis os escribo?
Onte a Dra. María Seguí deu unha rolda de
prensa na que, obviando a estúpida e pouco afortunada comparación co accidente
de Angrois, expoñía os que, supostamente, son os datos de falecidos dos últimos
anos. Máis abaixo deixo o enlace pero permitídeme agora que o expoña así:
lembrades aquel 33/47? Pois agora, en outubro, se transforma misteriosamente en
49/72. Sorprendente? Meditade un anaco.
Qué burrada! Digoo así porque só un burro pode tratar de enganar así a
unha persoa medianamente intelixente.
Obviamente a Dra. Seguí, Directora Xeral
de Tráfico (esperemos que por pouco tempo), trata de amosar unha tendencia á baixa
de vítimas a principios do ano próximo e, en lugar de traballar arreo para
conseguilo, manipula os datos publicados anteriormente. Afortunadamente non
estamos nunha novela de Orwell e existen as hemerotecas e o arquivo da ASCIGA.
Non vale como explicación que a Dra. Seguí
descoñecese estes datos xa que pertencen a un informe que a Dirección Xeral que
ela dirixe publicou o pasado xaneiro.
Non nos sirve que se trate dunha
actualización de datos, por dous motivos:
1.- Non se coñecen novos sinistros de 2011
durante o 2013, dous anos despois.
2.-Por outra banda, e como xa temos
criticado, SÓ SE COMPUTAN OS FALECIDOS NAS 24 HORAS SEGUINTES Ó SINISTRO.
A Directora Xeral de Tráfico MINTE
DESCARADAMENTE. Trata de enganarnos e de camuflar a súa ineptitude e a do
organismo que dirixe, e quén sabe qué escuras e mercantís intencións. Pero aquí, ó revés do que ocorre co resto da “calaña” política
deste país, non se trata de cifras de paro, nin do cálculo do déficit… son
vidas, MOITAS VIDAS SOBRE A MEMORIA DAS QUE MARÍA SEGUÍ ACABA DE CUSPIR.
Escribimos isto aquí porque, despois da
desagradable EXPERIENCIA DE CENSURA
sufrida esta mañá na Radio Galega, non confiamos en que ningún medio de
comunicación se atreva a petar á porta de quen corresponde. Nós si o faremos, queda prometido,
PORQUE ESTAMOS FARTOS!
Nada máis por hoxe, desfrutade da fin de
semana e, como sempre, lembrade: coidádevos aí fora que a DXT non pode conducir
por eles!
¿Qué vos parecería comezar unha petición de firmas?
ResponderEliminarEstamos tratando de difundir a información ó máximo nivel e trataremos de que María Seguí nos dé as explicacións pertinentes, antes de pedir a súa dimisión. Podería ser una iniciativa interesante, valorarémola.
ResponderEliminarGracias pola idea e pola atención. Quedamos, coma sempre á vosa disposición. Un saúdo.
Eu pensaba mais nunha recollida de firmas pra que se protexa e se respete máis a figura do ciclista no próximo Regulamento Xeral de Circulación.
ResponderEliminarUn saudo e grazas polo tempo invertido na defensa dos ciclistas.
Comezamos a traballar en xaneiro, a ASCIGA é moi recente. Cando nos enteramos de que se estaba a preparar o proxecto de Regulamento era tarde. Xa no trámite parlamentario procuramos facer chegar ó Congreso algunha idea importante mediante UPyD, que foron os únicos que nos atenderon.
EliminarTemos a ilusa esperanza de que o escándalo que ASCIGA acaba de destapar dea ó traste, ou polo menos retrase para o seu estudo, un Regulamento que pretende marxinar aínda máis ó ciclista nas estradas e rúas.
As gracias a vós, nos gusta o que facemos, e que estedes ahí nos da forza para seguir loitando polo beneficio de todos!
http://www.prokr.net/2016/09/rat-control-companies-14.html
ResponderEliminarhttp://www.prokr.net/2016/09/rat-control-companies-13.html
http://www.prokr.net/2016/09/rat-control-companies-12.html
http://www.prokr.net/2016/09/rat-control-companies-11.html
http://www.prokr.net/2016/09/rat-control-companies-10.html
hermes
ResponderEliminarfitflop sale
adidas superstar
air max 90
kyrie 3 shoes
michael kors outlet store
supreme hoodie
nike air max
ferragamo belt
moncler jackets
xiaofang20191216
yeezy shoes
ResponderEliminargolden goose
supreme hoodie
golden goose outlet
balenciaga
goyard
yeezy
yeezy
balenciaga
jordan shoes
k4x16f8n03 d6s33k3r39 y5y52s0d31 l4s46w2h66 k6t68m7u76 k8n49r2n14
ResponderEliminar