Retomamos hoxe un
tema que, de cara ó verán no que acabamos de entrar, adquire especial
relevancia. Ir dominando un pouco qué gomas imos precisar para segundo qué
condicións ou se queremos unhas polivalentes é trascendental para sacarmos
partido á mountain bike. O terreo, polo xeral, está agora máis seco e duro e,
no caso de chover, a superficie xa non reacciona igual que durante as longas
temporadas de choivas invernais. Con ese pretexto de tervos informados seguimos
aumentando o catálogo de cubertas e a información sobre as mesmas para
transmitirvos as sensacións que nos proporcionou levar cada unha delas. Coma sempre sen
esquecer que o último exame e o realmente válido é o que vós facedes despois
duns quilómetros rodando.
Hoxe tócalle a
quenda a un neumático creado por un dos fabricantes de bicicletas punteiros no
mundo: SPECIALIZED. A marca americana deu en crear unha gama de neumáticos
axeitados ás esixencias dos usuarios das súas máquinas. Un deles é o que vos
traemos hoxe: o Specialized The Captain.
QUÉ NOS VENDEN. Os creadores deste neumático, influenciados
por Ned Overend, o mítico biker de Specialized, afirman que “El The Captain es
el neumático perfecto para una conducción controlada y predecible sobre
cualquier camino. Con altos tacos centrales y un espaciado de los tacos
perfecto para proporcionar tracción y velocidad, además de tacos laterales para
curvas agresivas. Un buen espaciado de tacos hace que desalojen bien cuando la
Madre Naturaleza se enfada”.
VENTAXAS. A nota
esencial deste neumático é que estamos en presenza dun dos mellores neumáticos mixtos
do mercado. Ainda que dista notablemente das cubertas de tacos pronunciados, os
seus numerosos apéndices de tamaño medio-alto e cunha distribución espaciada
pero constante proporcionan un moi bo agarre en superficies duras e de gravilla
solta. Os tacos máis exteriores cumpren perfectamente o seu cometido e “avisan”
en situacións de apuro. En xeral, a pesares do pronunciado dos tacos,
sinaladamente os centrais, a súa disposición enfilada na parte central tradúcese
nunha sensación rodadora bastante perceptible. Boa tracción atrás, sobre todo
en baixada, e impecable comportamento adiante, amosándose moi fiable en calquer
tipo de pendente.
INCONVENIENTES. Non
hai grandes diferencias de peso entre as gamas normais e as gamas altas, froito
do maior reforzo lateral destas últimas, excepción feita da versión S-Works. E é
que as gamas standard adoecen duns flancos blandos en exceso pero que, por
sorte, non son causa directa dos sempre fastidiosos trillazos xa que o globo do
The Captain é xeneroso e compénsao perfectamente. Na versión que nós probamos,
e a pesar do do impecable comportamento na roda dianteira, o The Captain deu
mostras de sufrir bastante na roda traseira nas zonas técnicas e perigosas, sobre
todo de pedras, xa que apareceron uns cortes que, se ben non deron en rachar de
todo, sí son susceptibles de poder provocar pinchazos posto que a cámara é
accesible á suciedade. A durabilidade tampouco é o seu punto forte (entorno a 800 km cun uso corriente).
RIVAIS DIRECTOS: MAXXIS
Ranchero, SCHWALBE Racing Ralph, HUTCHINSON Python, GEAX Saguaro, KENDA Karma
Pro.
CONSELLO. A grande demanda de neumáticos mixtos é perfectamente coñecida polos fabricantes de gomas. Así que se non
es un maniático dos neumáticos, nin che van os grandes debates sobre a distribución dos tacos e non che gusta andar dándote quebradeiros de
cabeza co tema da superficie e a climatoloxía só para o feito de ter que
escoller unha roda, Specialized, marca punteira no mercado, pensou en tí para
crear este neumático. Mellor como dianteiro que como traseiro, cumpre con creces o seu cometido e permíteche ir chegar a onde se che
antolle: subirás perfectamente cos teus compañeiros “escaladores” sen perder
pedal e sen ir excesivamente lastrado, llanearás sen perder demasiado a roda
dos teus colegas rodadores e farás baixadas sempre cun agarre aceptable. ¡Polivalencia cento por cento!
chenlili20160701
ResponderEliminarlouis vuitton outlet online
jordan 11
kevin durant shoes 7
michael kors outlet
michael kors outlet
louis vuitton outlet stores
michael kors outlet
michael kors handbags
michael kors purses
coach outlet canada
michael kors handbags
adidas superstar trainers
fitflops shoes
kate spade outlet
nike sb dunks
michael kors outlet online sale
juicy couture
abercrombie and fitch
louis vuitton
louis vuitton outlet
ray ban sunglasses outlet
tory burch outlet online
oakley outlet
coach outlet store online clearances
coach outlet clearance
nike outlet
true religion jeans
nfl jerseys wholesale
louis vuitton outlet
adidas originals shoes
coach factory outlet online
louis vuitton outlet stores
coach outlet
adidas shoes
air jordan shoes
christian louboutin shoes
kobe basketball shoes
ResponderEliminarbirkin bag
nmd
nike air max
supreme clothing
hermes bag
louboutins
jordan shoes
golden goose
adidas nmd
xiaofang20191216
replica bags in uk 7a replica bags wholesale replica bags review
ResponderEliminar