Onte tivémo-la honra de poder
probar unha Specialized Stumpjumper 29´ gracias, como non podía ser doutro
xeito ós amigos de Oliveira Bike.
A máquina:
- Stumpjumper HT Comp 29 de aluminio.
- Bielas custom SRAM 2x10.
- Horquilla RockShox Reba RL 29, 90mm percorrido.
- Cubertas S-Works Fast Trak 29 2.0".
O "circuito":
- Monte Pedroso e arredores, Santiago de Compostela.
Preparámonos para saír. A unidade
que nos cederon ten a roda dianteira pinchada, a consecuencia de algunha saída
anterior, e procedemos a montar un neumático para poder usala. O primeiro que
sorprende, antes sequera de montala (e dado que é a miña “primeira vez” cunha
29´) é a cantidade de aire que colle neste neumático. Veña arriba e abaixo coa
bomba. Por fin, acadados os 4 PSI de presión (menor á dunha 26´) arrancamos.
Montado sobre unha 29´ por
primeira vez a sensación que invade a tua cabeza é a de que levas unha bici
duas tallas máis grande ca túa. Por unha banda as impoñentes rodas e por outra,
e para axudar a guiala ante o grande avance destas, o gran manillar, 69 cm,
nada menos. Ademáis sintes unha inquietante dificultade para facer manobras sinxelas como levanta-la roda dianteira, isto vai ser complicado meu!
Á medida que comezan a caer os
primeiros metros te sintes pequeno, pero forte ó mesmo tempo, estás movendo un
bicharraco.
Xa metidos en vereda comprobas
como as pedras que habitualmente dificultan o teu avance minguan de xeito
asombroso ata case desaparecer, nada detén o avance da Stumpjumper, que te leva
a gran velocidade polos primeiros camiños.
Subindo o tema é sempre máis
complexo, sen embargo unha transmisión cunha correcta selección 2x10 permite
unha gran comodidade en tódolos terreos. É sorprendente o xeito de enfrontarse
á primeira subida, se ben temos medo de baixar demasiado o ritmo, punto que, se
cadra, é o máis feble da 29´ xa que custa volver a movela; non atopamos
problema algún ó respecto xa que a enorme circunferencia de 29 pulgadas supera
pedras, penedos, raíces, arrós e demáis familia cunha asombrosa facilidade. O
pulso se acelera, o que pretendía ser unha saída tranquila comeza a transmitir
pronto sensacións máis propias dunha competición.
Seguinte obstáculo que atopamos:
un camino enlamado onde a roda se enterra ata unha cuarta na lama. A
Stumpjumper semella flotar sobre a lama, acostumado a que esta chegue case que
ós eixos, o camiño continúa sen maior problema. Iso si, tanto subindo como en
zonas especialmente complexas e duras como esta se fai necesariamente importante
prever os obstáculos e adaptar a eles o desarrollo e a cadencia xa que, como
temos dito, se te travas, custa máis volver a movela. Se non perde-lo ritmo,
non hai fallo, ela avanza, e avanza, e avanza…
Seguidamente un tramo de subida
complicado e técnico aparece ante nós, a nosa “mákina” nos empuxa a buscar as
zoas máis complicadas procurando intencionadamente os obstáculos e, de novo, os
superamos con ampla solvencia.
Nos encamiñamos seguidamente a un
terreo bastante incómodo xa que, ainda que é plano, un feixe de raíces cruzan a
pista impedindo rodar con comodidade… ata o día de hoxe, coa Stumpjumper
semella que as árbores acusan a inexistente seca e afunden as súas raíces para buscar
terra máis húmida… ou humillándose ante o paso impoñente e firme da nosa compañeira de
hoxe.
Coidado!, cambiamos de camiño e
topamos un repeito duro, esixente e moi, moi roto. Ese que se nos soe atravesar
nos nosos entrenos. Tiramos do prato pequeno e nos gardamos a última coroa polo
que poida pasar… de novo as rodas de 29´ se impoñen ás pedras, incluso ás que a
choiva do inverno deixou viuvas da súa longa unión coa terra que as cubría,
esas que, doidas pola súa soidade, disfrutan obrigándonos a bota-lo pé ó chan
facéndonos perder tracción no pior momento. Nada poden contra esta “mákina”.
Afrontamos un tramo de descenso,
na primeira parte temos unha baixada moi rápida pero bacheada, sen embargo a
Stumpjumper nos pide seguir dando pedais uns 10 ou 15 Km/h máís alá de onde
abandoamos ese ímpetu habitualmente. A “mákina” se come os baches, é de
salientar que isto é máis por efecto do diámetro das rodas que pola “limitada”
horquilla Rock Shox que por varias veces sentimos chegar ós topes. Unha forte
freada na que a Stumpjumper se rí da nosa inxustificada “cara de velocidade” e
afrontamos un tramo moito máis técnico no que ahora sí, atopamos unha pequena
desventaxa respecto á 26´. Baixando penedos e grandes pedras e raíces os
movementos e reaccións sobre esta máquina se fan moito máis bruscos, feito que,
unido á separación entre ás máns debido ó ancho do manillar, nos comezan a
facer doer tremendamente os tríceps. Nada que non se cure con dúas semaniñas
sobre a túa nova 29´.
Para rematar, e posto que tiñamos
escoitado falar das limitacións das bicicletas de 29 pulgadas baixando
trialeras… adiviñades? Por suposto, probámolo. Dende logo en zonas reviradas se
fai un pouco máis torpe baixar sobre a Stumpjumper, sen embargo ós poucos
metros comprobamos cómo a sensación pode levar a engano xa que anticipándonos
ós obstáculos e afrontándoos con decisión non ofrecen unha gran dificultade e a
“mákina” segue voando sobre eles.
E todo isto a tope, sen parar nin
para as fotos, a emoción non o permite, e a sensación de velocidade tampouco
anima a facelo. A Stumpjumper é unha bici esixente, che pide máis a cada
momento, a cada pedalada, non se pode baixa-lo ritmo, pero a cambio che ofrece
unhas sensacións impresionantes e a satisfacción é inmensa. Quizáis por iso ó
chegar á casa, xa na ducha lembraba aquelas mulleres bravas que tivera atopado
en noites de paixón. Porque a Stumpjumper é unha amante esixente!
PD.: Non queremos ser
extremadamente benevolentes coa Stumpjumper, de modo que nos gustaría deixar
claro que, limpar a lama dunha roda de 29 pulgadas dá máis choio.
Nada máis, esperamos que esta crónica vos teña gustado a milésima parte do que nós disfrutamos probandoa e, sobre todo, que vos sirva como guía a aqueles que estedes pensando en mercar unha bici nova.
supreme clothing
ResponderEliminarmichael kors outlet
supreme shirt
kd 10
supreme clothing
golden goose
yeezys
vapormax
cheap jordans
yeezy boost 350
xiaofang20191216