miércoles, 20 de febrero de 2013

Casco sí, pero a vaquiña polo que vale!



A comezos de ano o Ministerio de Interior e a DXT publicaron un elaboradísimo estudo dos datos referentes ás vítimas en accidentes de circulación no 2012. Se un observa o minucioso traballo levado a cabo para presentar estes números rápidamente se dá conta de cómo se trata de aprobeitar o aparentemente positivo dato de que os falecidos teñen descendido cuantiosamente nos últimos anos. Non obstante, na miña modesta opinión, posto que se reducen en maior medida os falecidos que o número de accidentes resulta obvio pensar que este descenso nas vítimas se debe ás melloras técnicas na seguridade dos vehículos e non ó traballo levado a cabo pola propia DXT. Evidentemente poñer multas non salva vidas!

A idea expresada pola DXT en boca do Ministro de Interior nesta rolda de prensa foi a de que se terían producido menos mortes entre o noso colectivo se estivese máis extendido o uso do casco. Considero tal afirmación unha idea absurda en grao superlativo. Non hai que ser un erudito (…que non é máis que un “erudo” pequeno, magister dixit) para se dar conta de que un casco de PVC pouco fai cando un camión che pasa por enriba (lembremos que o noso amigo Cristóbal Hermida levaba posto o casco, e só é un exemplo).




Propoñer como solución ó elevadísimo número de ciclistas asasinados aumenta-la presión para o uso do casco sobre este colectivo me parece que non é outra cousa que CULPAR ÁS VÍTIMAS!



No Reino Unido (alá polo “primeiro mundo”) se ven de presentar un estudo SERIO realizado pola UK´S NATIONAL CYCLISTS´ASOCIATION, no que, tras un minucioso traballo se conclúe que os cascos inclusive poderían aumenta-la gravidade das lesións medulares e cerebrais. Concretamente dí así:

Conclusión

Las pruebas y argumentos disponibles indican que los cascos pueden ofrecer una protección limitada en el caso de ciertos impactos (por ejemplo, caídas leves). Sin embargo, esta ventaja puede ser también contrarrestada o incluso superada por las diferentes maneras en que llevar un casco aumenta la posibilidad de que esos impactos sucedan en primer lugar. Hay lugares (por ejemplo Nuevo Gales del Sur en Australia y Nueva Escocia en Canadá) donde el aumento del uso del casco resultó aparentemente en una reducción del número de usuarios de la bicicleta, además de un aumento del riesgo de lesiones para los ciclistas restantes. Hay también pruebas de que el uso del casco aumenta el riesgo de lesiones cervicales y cerebrales debido a impactos angulares o rotacionales. Por tanto, los cascos podrían aumentar la gravedad de lesiones medulares y cerebrales, algunas de las cuales causan incapacidad permanente. Varios niños han sido estrangulados por la correa de sus cascos con resultados mortales.

Reiteramos la observación de la revisión de pruebas encargada por el Departamento de Transporte del Reino Unido119, que señaló que era “imposible cuantificar de manera definitiva la eficacia o no de los cascos de ciclista basándose en las fuentes bibliográficas consultadas”.


Agora unha experiencia persoal: comezas a valorar e querer ó teu casco cando o sintes arrastrándose polo asfalto a gran velocidade durante 10 ou 15 metros, mantendo a tua cabeza illada do piche, e todo se salda cunha fisura nunha costela.


Dende a ASCIGA non podemos máis que recomenda-lo uso xeneralizado do casco, toda vez que, presentes a diario nas estradas galegas, somos conscientes de que a práctica totalidade dos que saímos en bici somos favorables ó seu uso e predicamos co exemplo. Ó mesmo tempo queremos reprochar ó Ministro de Interior e á DXT a súa actitude de pasotismo e, por ende, o feito de culparen ás vítimas como veñen de facer nas declaracións que comentamos ó principio deste artigo.

Aquí vai o noso consello de hoxe: MERCA UN CASCO:



1.- Resulta imprescindible que o fagas nunha tenda para poder probalo. Se o mercas por Internete, novo ou usado, poida que recibas na casa un "cacho de plástico" que non sirva ó propósito que buscamos.


2.- O primeiro dato a ter en conta é o etiquetado EN1078 que indica que cumple a homologación europea.




3.- O casco está composto de dúas partes, o material interior que absorbe os golpes, e a carcasa exterior. Ambas partes poden ir pegadas (veremos que unha cinta negra une ambas pezas) ou inxectada a primeira dentro da segunda. Este segundo tipo sempre será unha mellor opción xa que evita o risco de que se desprendan.


4.- Deseño. Ó marxe do gusto de cada quen non deixa de ser importante que te decantes por cores vivas que che fagan máis visible.


5.- Sistema de peche: é importante comprobar con un simple turrón que axusta perfectamente e que non existe risco de que se nos solte durante a marcha (non sexas bruto, non fai falla que llo rompas ó amigo da tenda!).


6.- En canto á estructura e á forma, a parte da estética que busquemos deberás ter en conta que é importante a ventilación xa que con él na cabeza imos suar. Non obstante non funciona a ecuación máis buracos = máis ventilación. É un detalle a ter en conta que estes buracos de ventilación conten cunha malla protectora que evite a entrada de insectos.



7.- Axuste: é esencial probalo casco e entender cómo funciona o sistema de axuste. O axuste máis axeitado se consegue cos modelos que montan un anel de plástico na parte interior que se axusta á medida da nosa cabeza, normalmente cunha rodiña na parte traseira que serve para apretar e afrouxar (segundo o cabezón de cada quen!).


8.- Sirva como guía un último consello: o prezo dun casco de bici actualmente pode acada-los 300€, pero atopamos modelos dende pouco máis de 20€. Un prezo elevado non garante unha maior seguridade, os materias de alta calidade que se usan para competición buscan principalmente que o peso sexa o máis libián posible, e todos eles deben pasa-las mesmas probas de calidade. 
Para atopar o casco que mellor se adapte ás túas necesidades nada mellor que deixarte aconsellar por profesionais serios, unha boa opción é acudir a Oliveira Bike, en Santiago de Compostela (C/ Sanchez Freire 87. http://www.bicicletasoliveira.com/), xente seria e profesional que se prestaron a colaborar moi amablemente nesta reportaxe e nos ofreceron toda a información que lles solicitamos, dende aquí o noso agradecemento!


3 comentarios: